Outro clasicazo que volve, outra das nosas debilidades.
O místico Dr. John (Mac Rabennack) que afirma que Louis Armstrong se lle apareceu nun soño e lle pideu que lle fixera un homenaxe. Pode resultar tan incríble, coma que él este convencido do que conta, pero o feito é que aquí está este "Ske-Dat-De-Dat. The Spirit of Satch" (Satchmo era como se coñecía a Louis Armstrong), que igual que anteriores homenaxes coma os que fixo a Duke Ellington e a Johnny Mercer será todo un exitazo.
O Dr.John, omnipresente ó piano, e voz principal, pero por suposto para unha gravación coma esta contou con algúns dos mellores trompetistas do momento: Nicholas Payton ('What A Wonderful World', e 'Gut Bucket Blues'), Terence Blanchard ('Mack the Knife', 'Wrap Your Troubles in Dreams'), Arturo Sandoval ('Tight Like This', 'Memories of You'), Wendell Brunious ('That’s My Home') e James Andrews ('Dippermouth Blues'), ademáis de contar con outras lendas de New Orleans, a Dirty Dozen Brass Band ('When You’re Smiling'), e nas voces o acompañan xente como Shemekia Copeland, Anthony Hamilton, The McCrary Sisters, ou os Blind Boys of Alabama. Discazo!.
DR. JOHN "Ske-Dat-De-Dat, The Spirit of Satch"
(Concord, 2014)
No hay comentarios:
Publicar un comentario