viernes, 31 de octubre de 2014

"No profanar el Sueño de los Muertos" de Jorge Grau

Mañán teremos na nosa cabina á Comomepos de volta tras case un ano exiliado, cunha sesión chea de psych e horror shock, en plan Unga-Bunga, que para eso está o día (aínda que xa sabedes que iso de Halloween está vetado no Rif-Rock). Pero aínda non vos explicamos o do cartel.

Esta sacado do poster promocional do filme No Profanar el Sueño de los Muertos de 1974, e dirixida por Jorge Grau. Tratábase dunha co-producción entre España e Italia (tamén británica en menor medida), polo seu título en italiano tamén foi coñecida coma Fin de Semana para los Muertos, ou polo título orixinal da cinta en inglés The Living Dead at Manchester Morgue, aínda que é un deses filmes que tivo ducias de montaxes distintas adaptadas para diferentes países e sempre cun título distinto.

A traxectoria cinematografica de Grau estivo máis ligada ó realismo, pero esta foi unha das súas incursións no cine fantástico e de terror, despois do relativo éxito de Ceremonia Sangrienta de 1972, inspirada na condesa de Bathory.

No Profanar el Sueño de los Muertos / The Living Dead at Manchester Morgue.
Spa-Ita-UK, 1974 Dir: Jorge Grau.



No hay comentarios: