Se nos seguides dende hai tempo xa sabedes pola nosa devoción por Sun Ra, extravagante e visionario como poucos, con un pe no antigo Exipto e con outro nunha galaxia moi lexana, puro espectáculo visual e toda unha provocación dende comezos da década de 1950.
Para Sun Ra e as súas formacións o jazz erá só un instrumento, non a finalidade, ademáis de un revolucionario de xénero introducindo todo tipo de instrumentos electrónicos na súa música. Sun Ra naceu como Herman Sonny Bount en maio de 1914, e precisamente este ano se está a celebrar o seu centenario (finou en 1993 pero coma se nunca se tivera ido) e dende Strut Records están a lanzar numerosas reedicións de moitos do seu cento de álbumes publicados, entre os máis populares e os máis difíciles de atopar hoxe en dia.
Pero ademáis a próxima semana lanzarán este recopilatorio "In the Orbit of Ra" con 20 temas seleccionados por Marshall Allen, un dos seus máis fieis colaboradores, que permaneceu na súa Arkestra dende 1958 ata os últimos días en 1993. Todo un luxo para conmemorar os primeiros 100 anos de Sun Ra!!
SUN RA and His Arkestra "In the Orbit of Ra"
(Strut Records, 2014)
O video promocional de Strut Records é case unha curta documental con entrevistas a varios membros da Sun Ra Arkestra como Marshall Allen, Danny Ray Thompson, Michael Ray and Knoel Scott, sobre a vida influencia posterior de Sun Ra, moi interesante:
No hay comentarios:
Publicar un comentario