Máis música negra.
Este mes saíu un novo álbum de Don Bryant, un home cunha carreira como cantante tan dispersa como intermitente, pero un compositor incansable ao longo de máis de 50 anos, cunha carreira chea de éxitos para grandes cabeceiras do soul. Foi o compositor de cabeceira para Hi Records, facendo os temas e arranxos para Syl Johnson, Al Green , ou a que sería súa esposa Ann Pebbles, pero tamén para Solomon Burke ou Willie Mitchell. Como cantante comezou con The Four Kings, lanzouse como frontman solista en 1969 co álbum "Precious Soul", e ata comezos dos 90s non chegaron as seguintes entregas en lp, aínda que continuou lanzando singles nos 70s e a comezos dos 80s. Tras outro longo parón retomou a súa canrreira como cantante neste última década, con tres álbumes dende o 2010. O último, recén saído, é este "Don't Give Up on Love", un álbum bestial de soul e rhythm'n'blues.
Comeza coa tremenda 'A Nickel and a Nail', e dende ahí alternando pezas de altura entre o soul e o blues como 'Something about You', 'I Got you Know' ou 'Can't Hide the Hurt' con momentos máis doces como 'It was Jealous', 'How do I get there?' ou 'Don't give up on Love'. Impresionante, este vai para un dos discazos do ano.
DON BRYANT "Don't Give Up On Love"
(Fat Possum Records, 2017)
No hay comentarios:
Publicar un comentario