Moito temos escrito xa neste blog sobre The Remains. A banda Boston é un dos grandes referentes do garage norteamericano, e sempre nos saben a pouco as escasas gravacións que nos deixaron: o fantástico lp de 1966, e sete singles entre 1965 e 1967. Agora Sundazed recupera un directo da súa última época, "Live 1969", con 9 temas en directo, cun son regular e tan só un dos seus propios temas, o 'Why do I cry', o resto covers habituais coma 'Hang on Sloopy' ou 'Diddy Wah Diddy', pero sempre está ben escoitar material diferente dos Remains.
THE REMAINS "Live 1969"
(Sundazed Music, 1969)
No hay comentarios:
Publicar un comentario