viernes, 29 de marzo de 2019

OSLF: Dark Black & Bimba!

Último fin de semana do ciclo Où Sont les Femmes? por esta edición.
O venres Dark Black, e o sábado pechamos con Bimba.
Non vo-las perdades!!

jueves, 28 de marzo de 2019

Desmarket

Toda a info no facebook de Desmarket.


Pantano "Beware"

Máis álbumes do GZ Canibal.
Xa hai case mes e medio que o primeiro disco dos Pantano está na rúa, e aínda non volo recomendamos.
"Beware" foi gravado o Hertzcontrol Studio de Seixas, Portugal, e o resultado son  estes nove temas nun cd autoeditado pola banda.
Inclúen tres do seu "Live on Lithium" do ano pasado, gravados de novo, 'Looser Man', 'El cazador' e sobre todo destaca o cambio de tempo de 'Woman and Man'. Entre os temas novos seguen a mesma liña 'The Dance', pero tamén con pezas máis aceleradas como 'Ata' e 'Even death may die', e rematan co instrumental 'Frankie', cun aire aínda máis escuro con toques surf e western. Do novo quédome sobre todo con 'Rorshack' que abre o disco con cas 7 minutazos, e que é a que mellor amosa a súa evolución dende a entrega anterior.
Máis vale que lles sigades a pista.
Dispoñible en digipack, e tamén no seu bandcamp.

PANTANO "Beware"
(Pantano, 2019)



martes, 26 de marzo de 2019

The Brian Jonestown Massacre "The BJM"

Novo álbum dos Brian Jonestown Massacre. 
O lanzamento estaba programado para finais de ano, e acumulou retrasos ata este mesmo mes, pero a espera pagou ben a pena.
Newcombe acompáñase nesta ocasión de Sara Neidorf, Heike Marie Radeker, e Hakon Adalsteinsson, ademáis da colaboración xa coñecida de Rieke Bienert nas voces de 'Tombes Oubliées', que xa aparecía no EP de finais do ano pasado.
O álbum leva por título sinxelamente "The Brian Jonestown Massacre", con 9 cancións da súa fórmula eterna. Nesta ocasión presenta unha selección máis dinámica que nas anteriores entregas, con temas que xa nos adiantara nos eps de finais do ano pasado: "Forgoten Graves", coa versión en francés da cara b, e tamén 'Drained', que abre este álbum, e xa fora a cara B de "Hold That Thought EP". Ademáis inclúe tamén unhas cantas pezas das que fora lanzando á rede antes de rematar e hai tempo que lles tiñamos gañas, coma 'Cannot be Saved', 'What can I Say', 'Never Have a Change' e sobre todo 'Remember me this'.
Un álbum cun tempo máis rápido, máis intenso e ata maís alegre na forma, que xa sabedes que no fondo pouco... 
A edición de auténtico escándalo, con esa transparencia de cuberta para fondos intercambiables, que unha vez máis non se poden ensinar pola rede.
Levamos uns días con él e xa non o podemos quitar da cabeza.

THE BRIAN JONESTOWN MASSACRE "The Brian Jonestown Massacre"
(A Recordings, 2018)



lunes, 25 de marzo de 2019

Scott Walker

Noel Scott Engel a.k.a. Scott Walker
(1943 - 2019)



Selvática "Macumba"

Dende a semana pasada xa está rulando o novo álbum dos Selvática.
"Macumba" é a súa quinta entrega, e chega en formato 10''. Son oito temas do post punk arriscado ao que nos teñen acostumado, con melodías pop e rítmica contundente cheo de influencias doutras historias, power pop, garage psych, noise e surf escuro.
Abren moi forte, cos cambios de intensidade e as fantásticas melodías de 'Quién es la sombra', o estribillo máis pop de 'Solo llueve en mi casa' e os cambios de 'Casa de Papel'. Logo seguro que vos quedades pillados co saxo na case instrumental 'El Asesino', en 'Madre Sol', ou no desenlace de 'Electrocútate'.
Melloran en cada entrega. Discazo recomendado.
Bandcamp de Selvática.

SELVÁTICA "Macumba"
(Discos de Kirlian/Orphan Records, 2019)




viernes, 22 de marzo de 2019

jueves, 21 de marzo de 2019

The Limboos "Baia"

Xa está a aquí o novo traballo dos Limboos.
"Baia" leva na rúa dende o pasado venres, e continúa evolucionando a súa fórmula e ampliando influencias, cunha base de rhythm'n'blues contundente e botándose decididamente a ritmos caribeños e o boogaloo ('La descarga').
As xa coñecidas 'Big Shot' e 'Where did she go?', dúas pezas destacadísimas, as ondas de 'Do Right', o soul blues de 'Till the end of the night', ou o protagonismo do saxo en 'Unbcle Sailed Away' que xunto con 'Nightbird' aínda soan máis a clasicazos que o resto, 'First Dregree'... por non mencionarvos o tracklist completo. 
Discazo outra vez.

THE LIMBOOS "Baia"
(Penniman Records, 2019)


Sir Bald & His Hairy Friends 'Double double kill you'

Segue a xira de Sir Bald & His Hairy Friends, ou o que é o mesmo, Hipbone Slim xunto cos irmáns Lorre. Aquí vos deixamos o video de 'Double double kill you' de onte mesmo no Fun House de Madrid.


Powersolo 'Lonely Gal'

Novo clip dos daneses Powersolo.
'Lonely Gal' está incluído no seu álbum do ano pasado "Bo-Peep" (Crunchy Frog, 2018). Soa coma sempre, e o video está inspirado no cinema de terror dos anos 30 e na serie b dos 50s.


miércoles, 20 de marzo de 2019

Ghesgha "Umbral da Cosmogonía"

Xa está na rúa o EP "Umbral da Cosmogonía" de Ghesgha.
Son tres cortes de psychodelia, rock progresivo e jazz fusión metidos nun 7''.
Non vo-los perdades en directo, pero mentres xa tedes este artefacto tamén dispoñible no seu bandcamp.

GHESGHA "Umbral da Cosmogonía"
(Ulomanía Coop. / Fonosaurios, 2019)




martes, 19 de marzo de 2019

King Gizzard & The Lizard Wizard 'Fishing For Fishies'

Novo adianto dos King Gizzard.
Logo de lanzar o tema e o clip de 'Cyboggie' en xaneiro, a pasada semana lanzaron un novo clip e máis info sobre o seu próximo disco.
O tema é 'Fishing For Fishies', que ademáis dará título ao seu novo álbum, do que xa nos adiantan a data de lanzamento, para o 26 de abril, e tamén nos amosan a portada, sobre a que non imos opinar...
Dispoñible en reserva dende hoxe mesmo.



viernes, 15 de marzo de 2019

OSLF: ПETЯA & Las Black Pussies

O ciclo continúa.
Esta noite ПETЯA, e mañan LasBlackPussies.
Fin de semana de debuts na cabina, non vo-las perdades!


jueves, 14 de marzo de 2019

Ghesgha + Superser en directo

E outra para o sábado.
GHESGHA + SUPERSER en directo
Ghesgha presentan ao mundo o seu EP de debut "Umbral da Cosmogonía", e Superser estarán adiantando os temas do seu próximo álbum.

Sala Krazzy Kray Cambados // Sábado 16 marzo // 23:00h.
Non vo-lo perdades!


5ª Aniversario Kannion Surf

Recomendación para mañán!
Os amigos do Kannion Surf estan de aniversario e o celebran con esta tremenda festaza, con Thee Blind Crows e Sir Bald & His Hairy Friends na súa primeira data da súa xira (Hipbone Slim + Lorre Bros).
Noraboa Kannion e a por moitos máis!.


miércoles, 13 de marzo de 2019

The Mani-Las


The Mani-las é un power trío femenino de recente formación pero cunha pegada que está dando moito que falar nos últimos meses. 
A banda son Mariana Pérez na batería e Olaia Bloom a guitarra (das Cora Bloom), e Maika Makovski na voz e o baixo. Polo que escoitamos ata agora tiran polo punk rock dos 70s e o power pop, pero queremos escoitar máis.
A finais de ano gravaban en directo para Son Estrella Galicia este cover dos Exciters 'He's Got the Power', logo presentaron o tema propio 'Call Me' na mesma onda.
A e a finais deste mes estarán en directo en Vigo e Ferrol.


martes, 12 de marzo de 2019

Hal Blaine

Harold Simon Belsky, a.k.a. Hal Blaine
(1929 - 2019)



Sir Bald & His Hairy Friends

Recomendación para este mes.
O mítico one-man-band Hipbone Slim está de xira por estas terras. A semana pasada o puidemos ver en directo a pelo no Encontro de Barrantes, pero nas próximas datas continuará en formato banda: Sir Bald & His Hairy Friends, no que se acompaña dos amigos Jorge e Martín Lorre, nesta ocasión transformados en Mr. Freeze & Brother Big Chief McMartin. A primeira cita este mesmo venres no Kannion Surf de Montalvo. Recomendado!


lunes, 11 de marzo de 2019

The Black Keys 'Lo/Hi'

Cinco anos despois, The Black Keys nos amosan novo material.
Se máis novas sobre novo álbum -pero parece previsible-, a semana pasada  lanzaron o tema 'Lo/Hi'. A ver se pronte temos máis material, e sobre todo que mellore ao do seu último disco.



domingo, 10 de marzo de 2019

Néboda & Reckless Daughter

Néboda & Reckless Daughter (*con visita sopresa) aos mandos este fin de semana. 
O próximo finde seguimos.
E de paso, aquí vos deixamos unha playlist que nos envia Noa, cunha selección da sesión do sábado de Reckless Daughter: AQUÍ.


viernes, 8 de marzo de 2019

OSLF: Néboda & Reckless Daughter

Esta semana comezamos coa nova edición do ciclo Où Sont les Femmes?
Néboda e Reckless Daughter serán as primeiras en facerse cargo da nosa cabina neste fin de semana. 
Non vo-lo perdades!


jueves, 7 de marzo de 2019

Feels "Post Earth"

Novo álbum dos Feels.
Tras os éxito do seu debut producido por Ty Segall ("Feels", 2016), agora volven máis centrados. Cunha base post punk moi ben definida á que lle engaden diferentes capas, de garage, de pop, de noise.
Incluén pezas sinxelas e directas coma 'Car', pezas con elementos máis pop 'Awful Need' ou 'Find a Way', pero sen desbotar o punk máis crú, coma en 'Deconstructed', o ruidismo de 'Sour' ou os xogos rítmicos de 'Last Chance'. 
Cara o final, o toque 90s de 'Post Earth'.

FEELS "Post Earth"
(Wichita Recordings, 2019)



"Feminismo para o 99%. Un Manifesto"

Dende a semana pasada tamén contamos no local cos últimos lanzamentos da Editorial Catro Ventos. Dúas das novidades son "Dúbidas reais de adolescentes sobre sexo" de Sabela Iglesias Faustino, e "O sentido do abraio. A celebración da natureza para persoas de todas as idades" de Rachel Carson.
Pero o que vos recomendamos especialmente é o seu último lanzamento de marzo, "Feminismo para 99%. Un Manifesto" de Cinzia Arruzza, Tithi Bhattacharya e Nancy Fraser. 
Tal e cómo indican dende a editora, esta edición galega publícase simultaneamente en 12 edicións distintas, incluída a orixinal inglesa. Unha obra que vai acompañada dun limiar da feminista e escritora María Reimóndez que nos axuda a situar as ideas deste movemento no contexto galego.
Toda a info na web de Catro Ventos.



miércoles, 6 de marzo de 2019

Ghesgha "Umbral da Cosmogonía"

Xa está dispoñible o debut dos Ghesgha en vinilo.
Esta mañan o anunciaban os de Ulomanía Coop.

GHESGHA "Umbral da Cosmogonía" (FS-001 / ULO-008)
7''EP // 250 copias numeradas.
“Umbral da Cosmogonía" é o debut de Ghesgha en vinilo. 
Un 7” editado por Fonosaurios e Ulomanía Coop., con tres temas instrumentais nos que domina o rock progresivo e a psicodelia. Todo pasado polo seu filtro experimental e inspirados por grupos coma King Crimson ou Magma. 
Os temas foron gravados e mesturados por Javier Vicalo Dub nos estudos The Dub Yard en Vigo e coa masterización de Tomás Ageitos nos estudos A Ponte en Santiago. Deseños da cuberta e interior de Quinmael.
Xa dispoñible.



Où Sont les Femmes? 2019

Esta semana comezamos coa nova edición do ciclo Où Sont les Femmes?


martes, 5 de marzo de 2019

Sarah Romweber

Sarah Romweber 
(1964 - 2019)
Let's Active / Snatches of Pink / Dex Romweber Duo



Ian Brown "Ripples"

Dez anos despois, temos novo álbum de Ian Brown.
Tra-la disolución dos Stone Roses, debutou en solitario co fantástico "Unfinished Monkey Business" de 1998, penso que un tanto infravalorado co paso do tempo, e que sempre recomendamos volver a escoitar. Continuou cunha carreira sólida, na que sempre estaba o seu bo facer, mesturando rock e electrónica cunhas melodías sempre recoñecibles, igual por eso con máis repercusión que calidade, pero sempre solvente. O seu último traballo foi xa no 2009 ("My Way"), aínda que é certo que polo medio houbo reunión dos Stone Roses.
Case 10 anos depois chegaba novo material. En outubro do ano pasado lanzou o clip de 'First World Problems' no que nos amosaba a súa nova bicicleta, e que logo se publicou en 12''. Despois seguiron os temas 'Black Roses', e xa este ano 'From Chaos to harmony' e o propio 'Ripples'.
En febreiro chegaba o álbum "Ripples", o seu sétimo álbum de estudio como solista. Non é do mellor que lle temos escoitado, pero só coas anteriores, e a vocal 'Blue Sky Day' xa nos podemos dar cun canto nos dentes para os tempos que corren.

IAN BROWN "Ripples"
(Virgin / EMI, 2019) 



lunes, 4 de marzo de 2019

Sebadoh 'Celebrate the Void'

Os que nos coñecedes, sabedes que Sebadoh son unha das bandas da nosa vida. Entre 1999 e 2000 puxeron fin a unha etapa creativa coma poucas bandas da súa época. Nunca se disolveron oficialmente, e moitas veces volveron para reunirse en directo. En 2012 Barlow e Loewenstein se reuniron para gravar novo material, incorporando a Bob D'Amico na batería, e do que lanzaron álbum ("Defend Yourself", Joyful Noise/Domino, 2013) e tres eps que alongaron ata 2015, aínda que xa non foi o mesmo.
Agora anuncian novo álbum con Dangerbird Records, "Act Surprised", para o mes de maio, e unha longa xira polos USA.  
Polo momento nos deixan este irónico 'Celebrate the Void'. 


Keith Flint

Keith Flint
(1969 - 2019)
The Prodigy

foto: Pitchfork.

marzo 2019: ciclo Où Sont les Femmes?

Aquí tedes a programación especial para o mes de marzo. 
Unha nova entrega do ciclo Où Sont les Femmes?, no que xuntamos a algunhas das nosas mellores amigas para que se fagan cargo da cabina do Rif-Rock durante todo o mes. Oito noites con propostas e estilos ben variados.
Non faltedes!!

Où Sont les Femmes? 2019:
· Ven.8: NÉBODA
· Sáb.9: RECKLESS DAUGHTER
· Ven.15: ПETЯA
· Sáb.16: LAS BLACK PUSSIES
· Ven.22: ROCCO
· Sáb.23: MARINOCHA ÜBER ALLES
· Ven.29: DARK BLACK
· Sáb.30: BIMBA