Dez anos despois, temos novo álbum de Ian Brown.
Tra-la disolución dos Stone Roses, debutou en solitario co fantástico "Unfinished Monkey Business" de 1998, penso que un tanto infravalorado co paso do tempo, e que sempre recomendamos volver a escoitar. Continuou cunha carreira sólida, na que sempre estaba o seu bo facer, mesturando rock e electrónica cunhas melodías sempre recoñecibles, igual por eso con máis repercusión que calidade, pero sempre solvente. O seu último traballo foi xa no 2009 ("My Way"), aínda que é certo que polo medio houbo reunión dos Stone Roses.
Case 10 anos depois chegaba novo material. En outubro do ano pasado lanzou o clip de 'First World Problems' no que nos amosaba a súa nova bicicleta, e que logo se publicou en 12''. Despois seguiron os temas 'Black Roses', e xa este ano 'From Chaos to harmony' e o propio 'Ripples'.
En febreiro chegaba o álbum "Ripples", o seu sétimo álbum de estudio como solista. Non é do mellor que lle temos escoitado, pero só coas anteriores, e a vocal 'Blue Sky Day' xa nos podemos dar cun canto nos dentes para os tempos que corren.
IAN BROWN "Ripples"
(Virgin / EMI, 2019)
No hay comentarios:
Publicar un comentario