martes, 26 de marzo de 2019

The Brian Jonestown Massacre "The BJM"

Novo álbum dos Brian Jonestown Massacre. 
O lanzamento estaba programado para finais de ano, e acumulou retrasos ata este mesmo mes, pero a espera pagou ben a pena.
Newcombe acompáñase nesta ocasión de Sara Neidorf, Heike Marie Radeker, e Hakon Adalsteinsson, ademáis da colaboración xa coñecida de Rieke Bienert nas voces de 'Tombes Oubliées', que xa aparecía no EP de finais do ano pasado.
O álbum leva por título sinxelamente "The Brian Jonestown Massacre", con 9 cancións da súa fórmula eterna. Nesta ocasión presenta unha selección máis dinámica que nas anteriores entregas, con temas que xa nos adiantara nos eps de finais do ano pasado: "Forgoten Graves", coa versión en francés da cara b, e tamén 'Drained', que abre este álbum, e xa fora a cara B de "Hold That Thought EP". Ademáis inclúe tamén unhas cantas pezas das que fora lanzando á rede antes de rematar e hai tempo que lles tiñamos gañas, coma 'Cannot be Saved', 'What can I Say', 'Never Have a Change' e sobre todo 'Remember me this'.
Un álbum cun tempo máis rápido, máis intenso e ata maís alegre na forma, que xa sabedes que no fondo pouco... 
A edición de auténtico escándalo, con esa transparencia de cuberta para fondos intercambiables, que unha vez máis non se poden ensinar pola rede.
Levamos uns días con él e xa non o podemos quitar da cabeza.

THE BRIAN JONESTOWN MASSACRE "The Brian Jonestown Massacre"
(A Recordings, 2018)



No hay comentarios: