martes, 30 de abril de 2019

Makaya McCraven "In the moment"

30 de abril: Día Internacional de Jazz, así que imos un álbum do pau, que xa hai tempo que non recomendamos nada desto por aquí.
Nesta ocasión escollemos a Makaya McCraven, un xoven batería e productor de jazz que con só 36 anos xa ten unha enorme carreira ás súas espaldas.
É fillo do tamén baterista Stephe McCraven, e dende moi novo formou parte das bandas de primeiras figuras coma Archie Sheep, Yusef Lateef ou Marcus Strickland, época na que se destacaba o seu orixinal son que mesturaba técnicas de vangarda co son máis poderoso do jazz moderno. 
No 2010 comezou a súa carreira como lider da súa propia banda, e xirando nos últimos anos como teloneiro de Kamasi Washington, aínda que segue a ser moi cotizado como músico de sesión ou de estudo, e nos últimos anos tamén como productor.
Logo de uns lanzamentos en pequeno formato e o seu debut no 2012, no 2015 publicou o seu primeiro lp, este "In the Moment" no que recollía unha seleccion de pezas de case un ano de gravacións de directos no estudio con improvisacións, cortadas e editadas ao seu gusto. Entre os seus acompañantes habitais o guitarrista Jeff Parker e o trompetista Marquis Hill. 
Os seus seguintes álbumes chegarían no 2017 e 2018, o último foi o fantástico "Universal Beings", gravado en diferentes sesións por todo o mundo, e xa incorporando elementos do rock, electrónica, hip-hop... 
Pero hoxe quedámonos con este dobre lp "In the Moment". Unha xoia recente.

MAKAYA McCRAVEN "In the Moment"
(International Anthem Recording Company, 2015)



lunes, 29 de abril de 2019

ULO-009

Os de Ulomanía Coop nos avisan que a súa próxima referencia xa está en camiño, e ademáis que será o seu primeiro lp... atentos! ULO-009.


domingo, 28 de abril de 2019

The Black Keys 'Eagle Birds'

Os Black Keys lanzaron en marzo un novo tema, 'Lo/Hi' como adianto do seu novo álbum, tras cinco anos do "Turn Blue".
O xoves pasado lanzaron un novo tema, este 'Eagle Birds', decididamente rockeiro fronte ao anterior e moito máis contundente, que sona aos seus primeiros traballos. De paso nos amosaban a portada do novo álbum, "Let's Rock" con data de saída para o 28 de xuño. A ver que nos ofrecen.



jueves, 25 de abril de 2019

Nick Waterhouse "Nick Waterhouse"

Hai case un mes que temos o novo de Nick Waterhouse, e aínda non volo recomendamos. O seu cuarto álbum leva por título o seu propio nome, ou nen tan sequera leva título, como queirades. 
Tras unha tremenda escalada disco a disco no que foi combinando de xeito diferente as influencias do rhythm'n'blues, o rockabilly e o pop dos 60s para entregarnos discos diferentes cos mesmos elementos. Nesta ocasión consigue outra factura impecable, unha instrumentación insuperable, pero o efecto sorpresa xa é menor, e o álbum é máis pausado que os anteriores, sen eses cambios fantásticos, e coa mirada posta nun clasicismo máis purista. Ademáis tamén hai novas incorporacións nos seus acompañantes de estudio, coma Bart Davenport na guitarra, o saxofonista Jared Tankel dos Budos Band ou o baterista Matt Tecu.
Polo demáis, outra colección fantástica de revival. O escuro rhythm'n'blues de 'Song for winners', e luminoso cos coros soul en 'I feel an Urge coming on' (unha versión de Josephine Armstead)'Wreck The Rod' con ese descacharrante video con Danny Trejo de presentador televisivo, ou os clasicazos como a instrumental 'El Viv' ou despedida a ritmo de doo woop de 'Whatever she goes', mentres que a tremenda 'Man leaves town' é o único pildorazo enérxico que atopamos no álbum.
Non nos deixa abraiados coma en entregas anteriores pero segue a un nivel extraordinario. Recomendado, coma sempre.

NICK WATERHOUSE "Nick Waterhouse"
(Innovative Leisure, 2019)



miércoles, 24 de abril de 2019

"I Wanna be your dog" Sonic Youth & Iggy Pop

A conta oficial de youtube dos Sonic Youth subeu hai un par de días esta gravación en directo, dun show do 4 de xuño de 1987 no Town & Country Club de Londres, interpretando o 'I Wanna be your dog', co mesmo Iggy Pop nas voces como convidado acompañando a Kim Gordon, ou ao revés.
A banda incuíra unha versión do tema no abrasivo "Confusion is Sex" de 1983, cunha introducción de atmósfera ruidista: 'Freezer Burn/I Wanna Be Your Dog'.
Tremendo documento.



Sáb.27: Ptoof & Munstaphà

Sesión extra para este sábado.
Shut the F*ck Up!, con Ptooff e Munstaphá aos mandos.


martes, 23 de abril de 2019

lunes, 22 de abril de 2019

Nick Cave & The Bad Seeds "Let Love In"

Outro álbum fundamental nas nosas vidas que estivo de aniversario a semana pasada: os 25 anos do "Let Love In" de Nick Cave, de 1994.
Era xa o seu oitavo álbum de estudo cos Bad Seeds, e foi o que o levou definitivamente ao éxito. Xa o comentamos noutras ocasións, así que imos rápido. 
"Let Love In" tiña todo o que os seus seguidores adoraban, os contrastes entre a inquedante 'Do You Love?’ e a deliciosa ‘Loverman’, ou a agresividade de ‘Jangling Jack’ e ‘Thirsty Dog’. Tiña un equilibrio perfecto entre as súas facetas orquestais e ruidistas, herdadas do respetado álbum "The Good Son" de 1990 e dos seus inicios cos Birthday Party, e co paso do tempo segue a gañar con cada escoita. 
Un imprescindible.

NICK CAVE & THE BAD SEEDS "Let Love In"
(Mute Records, 1994)



domingo, 21 de abril de 2019

Sebadoh 'Raging River'


Novos adiantos do retorno dos Sebadoh.
En marzo chagaba o anuncio do seu novo álbum e presentando o tema 'Celebrate the Void', a finais de mes foi o turno da enérxica 'Stunned', e esta semana lanzaron o terceiro tema de adianto 'Raging River'.
O álbum "Act Surprised" dispoñible o 24 de maio. Xa nos tarda.


Asalto#3: ПETЯA

Asalto á nosa cabina a noite do sábado: 
ПETЯA (Asalto#3)
*foto de Bimba


jueves, 18 de abril de 2019

Asalto#2: Escalenux

Asalto á nosa cabina a noite pasada: 
Escalenux (Asalto#2)


Pixies "Doolittle"

Esta semana cúmprense 30 anos do lanzamento do "Doolittle" dos Pixies.
Poucas presentacións precisa un álbum coma este, todo un referente para unha xeración. "Doolittle" foi o seu segundo álbum, e aínda que nun primeiro momento a crítica non foi moi entusiasta, convertiuse rápidamente nunha desas rarezas que escalou nas listas de ventas, máis en Europa que nos USA, e que certamente foi mellorando cos anos ata convertirse nun dos álbumes más influintes da súa época.
Letras extrañas, referencias ao surrealismo en 'Debaser', a furia de 'Tame' e a velocidade de 'Crackity Jones', as melodías de 'Monkey gone to heaven', 'Hey' ou 'Here comes your man'. Xoias coma 'Wave of Mutilation', 'Mr Grieves', 'Dead' ou 'Gouge Away'... creo que todos podemos recitar este álbum de memoria aínda que nos colleu moi novos. Un clasicazo das nosas vidas.

PIXIES "Doolittle"
(4AD, 1989) 


miércoles, 17 de abril de 2019

Freakland Festival

Se buscades escapada de última hora, aquí tedes unha recomendación das boas: o Freakland Festival de Ponferrada.
Nesta edición cos Superser, Los Wavy Gravies ou Thee Blind Crown na representación galega. E entre os cabezas atoparedes aos autralianos The Breadmakers, Muck & The Mires, The Peawees ou os Bronco Bullfrog.
Freakland Festival: 18-20 abril, Ponferrada.


martes, 16 de abril de 2019

esta semana, de mércores a sábado!

Esta semana, abriremos de mércores a sábado co horario habitual.
Sen programa pechado, pero con moitas ameazas de asaltar a cabina nestes días... a ver que pasa!!


The Flaming Lips, o making of do "King's Mouth"

Máis lanzamentos dos Flaming Lips. 
En medio dos numerosos lanzamentos da banda de Wayne Coyne, hai xa un par de anos que non entregaban novo material de estudio. A última ocasión foi en xaneiro do 2017, co "Oczy Mlody". Logo chegaron moitos máis experimentos e reedicións, pero non material propio de estudio.
Aproveitando o Record Store Day, a semana pasada lanzaron unha edición especial do seu novo álbum "King’s Mouth: Music and Songs" (Warner), polo momento limitada a 4.000 copias en vinilo, e non será ata xullo canda fagan o lanzamento xeral en diversos formatos e plataformas.

Xa polo título, e cos antecedentes do persoaxe, estaba claro que se trata de outro álbum conceptual no que as cancións son o de menos.
Trátase de música composta en torno a unha instalación artística montada por Coyne no 2015, que en realidade hai tempo que estamos convencidos de que é o que máis lle gusta, pero que parece que tivo un exitoso percorrido por diversos centros de arte contemporánea.

"King's Mouth" é o título da instalación, coa que narra unha historia fantástica, da que por suposto tamén hai libro. O álbum funciona como unha parte máis da obra: King's Mouth: Music and songs. Polo momento só compartiron o audio do tema 'All for the Life of the City', aínda que sabemos que conta coa voz de Mick Jones (The Clash) como narrador da historia ao longo do álbum. De feito, polo momento contamos cos videos do making of de cómo desenrolou a música e as ideas sobre aquela instalación, e cómo está a montar a escenografía para levala ao directo.
Seguro que todo isto é moito máis interesante que o propio álbum. Xa vos contaremos canto nos fagamos con él, porque xa sabedes que ao final sempre picamos con esta tipo...


viernes, 12 de abril de 2019

esta noite: Trash!


Record Store Day 2019


Este sábado celébrase o Record Store Day, o día das tendas de discos, un dos máis bonitos do ano, que neste 2019 cumpre xa 12 edicións.
Atoparedes a programación oficial dos establecementos que participan por todo o estado na web do Record Store Day Spain, ademáis de descontos e outras actividades que se organizan sen tanta previsión. 
Atoparedes a lista con tódo-los lanzamentos oficiais para a ocasión neste enlace.

Nós xa estivemos aforrando para encargar unhas cantas edicións especiais das que se lanzan para este día. Achegádevos á vosa tenda de discos habitual, e a mercar música, e se é para regalar aínda mellor!!

jueves, 11 de abril de 2019

Nick Cave & The Bad Seeds, documental "Distant Sky"


Hai exactamente un ano, en abril do 2018, Nick Cave lanzaba o concerto-documental do seu show cos Bad Seeds en Copenhage, celebrado en outubro do 2017. A peza contaba coa realización de David Barnard. Logo chegou o lanzamento dun ep, cunha selección de catro temas dese directo, que levaba por título "Distant Sky", no que se incluía 'Jubilee Street' e 'Distant Sky' na cara a, e na cara b dous clasicazos da banda: 'From Her to Eternity' e 'The Mercy Seat'.
Agora anuncia uns días de visión gratuíta do documental na súa web. Será entre os días 19 e 22 de abril. Só tedes que rexistravos previamente na súa web.
Mentres, aquí tedes un dos temas de aquela noite:


Robert Pollard "EAT 15: (Dislodge) The Immortal Orangemen"

Máis novidades de Robert Pollard. Ademáis de ser o máis prolífico de todo canto persoaxe exista no planeta musical, tamén é un recoñecido deseñador.
As portadas dos seus álbumes son unha seña de identidade. Xa sexa en solitario, cos Guided by Voices, Boston Spaceships, Ricked Wicky ou calquera das bandas coas que colabora, a estética con esos collages son sempre máis que recoñecibles e unha pequena obra de arte coa que presenta e protexe o soporte musical.
Dende hai anos leva lanzando a serie de libros "EAT", nos que vai publicando todos estes deseños e outros moitos non editados antes. No mes de marzo lanzou o número 15 da serie, unha continuación dos traballos anteriores, máis voluminoso, iso sí, con 238 páxinas. Pero ademáis, o libro inclúe un 7'' con material gravado expresamente para a ocasión, un single que leva por título "(Dislodge) The Immortal Orangemen", con seis temas, e que ten a peculiaridade de que está gravado por unha soa cara. Obxeto de coleccionista onde os haxa.


ROBERT POLLARD "EAT 15: (Dislodge) The Immortal Orangemen
(Rock Athom Records, 2019)



Guided by Voices 'Angelic Weirdness'

Robert Pollard segue ao seu ritmo. En febreiro lanzaba cos Guided by Voices o lp "Zeppelin Over China", e esta semana acaban de anunciar o lanzamento do seu próximo álbum, que será en formato dobre "Warp And Woof", con 24 novos temas e que sairá a finais deste mes. Ademáis a última semana de marzo lanzou dous 7'' con temas desa colección, "901 Acid Rock", e "Umlaut Over The Ozone" (os 2 en Rock Athon Records). Esta semana adiantounos outro dos temas, 'Angelic Weirdness'. Aquí o tedes mentres agardamos polo resto:


miércoles, 10 de abril de 2019

Slint "Tweez"

Nestes días cúmprense 30 anos lanzamento do debut dos míticos Slint.
"Tweez" foi un deses álbumes heróicos, un deses que non debería ter saído nunca, pero que co empeño duns poucos adolescentes foi adiante e iniciou a historia dunha das bandas de culto para toda unha xeración. 
Con menos de un ano xuntos, o grupo meteuse no estudio no outono de 1987. A súa idea era moi arriscada, navegaban no ámbito do post-rock moito antes que se inventara o propio término, e estaban no momento en que se estaba creando o math-rock. A súa proposta era precisamente o canon desta última etiqueta, evolucións rápidas e curtas do rock progresivo, influencias do jazz e do hardcore, cambios de ritmo e estruturas complexas, e con todo o protagonismo para a batería. Parecerían uns auténticos extraterrestres no seu Kentucky natal.
Ademáis de arriscados, para a gravación dese lp foron tamén moi ambiciosos. Puxéronse nas mans de Steve Albini, xusto cando acababa de lanzar o seu último álbum cos Big Black ("Songs about fucking"), e aínda estaba nos inicios da súa carreira como productor, pero xa estaba sinalado para marcar unha época, e parte dese bo traballo foi o resultado que atopamos en "Tweez".
Son 9 temas que non chegan a 30 minutos, densos, ásperos e cheos de tensión. Os títulos dos temas son os nomes de pía dos pais e nais dos músicos, ademáis de 'Rhoda', polo nome do can do baterista Walford. Pola súa banda, as caras do vinilo levan os nomes de Bemis e Gerber.
"Tweeth" era un álbum que ía a marcar un cambio de época, pero que ninguén quería lanzar. Tras moitos ofrecimentos, os membros da banda xunto con algúns amigos tomaron a iniciativa e o lanzaron en 1989 co seu propio selo: Jennifer Hartman Records, directamente co nome dunha das súas amigas. Unha única referencia que quedou para historia do rock. Logo dunha pequena xira de presentación, todos voltaron ás clases na universidade.... aínda que poucos meses despois se meterían novamente no estudio a gravar temas que anos despois da separación da banda apareceron en eps, e serviron de ensaio para o mítico "Spiderland", co que pasarían para sempre a ser unha banda de culto. 

SLINT "Tweez"
(Jennifer Hartman Records / Touch & Go, 1989)



lunes, 8 de abril de 2019

The Mystery Lights 'Someone Else is in Control'

Adianto dos Mystery Lights!.
O seu fantástico debut do 2016 é sen dúbida un dos mellores álbumes dos últimos tempos, e dos nosos favoritos, pero logo do 7'' do ano pasado xa ía sendo hora de ter material novo dos de NYC. 
A semana pasada anunciaron a data de lanzamento do seu novo álbum "Too Much Tension!" con Wick Records, prevista para o 10 de maio.
Polo momento déixannos co clip de 'Someone Else is in Control'.


domingo, 7 de abril de 2019

Sinciders

Recomendación para hoxe mesmo.
Os barceloneses Sinciders visitan esta noite a sala Krazzy Kray de Cambados na xira de presentación do seu segundo lp "Synesthesic Sensibilities" (Family Spree Recs, 2018). Unha das mellores descargas de garage punk do momento.
+ info aquí.
Non vo-los perdades!