martes, 30 de abril de 2019

Makaya McCraven "In the moment"

30 de abril: Día Internacional de Jazz, así que imos un álbum do pau, que xa hai tempo que non recomendamos nada desto por aquí.
Nesta ocasión escollemos a Makaya McCraven, un xoven batería e productor de jazz que con só 36 anos xa ten unha enorme carreira ás súas espaldas.
É fillo do tamén baterista Stephe McCraven, e dende moi novo formou parte das bandas de primeiras figuras coma Archie Sheep, Yusef Lateef ou Marcus Strickland, época na que se destacaba o seu orixinal son que mesturaba técnicas de vangarda co son máis poderoso do jazz moderno. 
No 2010 comezou a súa carreira como lider da súa propia banda, e xirando nos últimos anos como teloneiro de Kamasi Washington, aínda que segue a ser moi cotizado como músico de sesión ou de estudo, e nos últimos anos tamén como productor.
Logo de uns lanzamentos en pequeno formato e o seu debut no 2012, no 2015 publicou o seu primeiro lp, este "In the Moment" no que recollía unha seleccion de pezas de case un ano de gravacións de directos no estudio con improvisacións, cortadas e editadas ao seu gusto. Entre os seus acompañantes habitais o guitarrista Jeff Parker e o trompetista Marquis Hill. 
Os seus seguintes álbumes chegarían no 2017 e 2018, o último foi o fantástico "Universal Beings", gravado en diferentes sesións por todo o mundo, e xa incorporando elementos do rock, electrónica, hip-hop... 
Pero hoxe quedámonos con este dobre lp "In the Moment". Unha xoia recente.

MAKAYA McCRAVEN "In the Moment"
(International Anthem Recording Company, 2015)



No hay comentarios: