jueves, 25 de abril de 2019

Nick Waterhouse "Nick Waterhouse"

Hai case un mes que temos o novo de Nick Waterhouse, e aínda non volo recomendamos. O seu cuarto álbum leva por título o seu propio nome, ou nen tan sequera leva título, como queirades. 
Tras unha tremenda escalada disco a disco no que foi combinando de xeito diferente as influencias do rhythm'n'blues, o rockabilly e o pop dos 60s para entregarnos discos diferentes cos mesmos elementos. Nesta ocasión consigue outra factura impecable, unha instrumentación insuperable, pero o efecto sorpresa xa é menor, e o álbum é máis pausado que os anteriores, sen eses cambios fantásticos, e coa mirada posta nun clasicismo máis purista. Ademáis tamén hai novas incorporacións nos seus acompañantes de estudio, coma Bart Davenport na guitarra, o saxofonista Jared Tankel dos Budos Band ou o baterista Matt Tecu.
Polo demáis, outra colección fantástica de revival. O escuro rhythm'n'blues de 'Song for winners', e luminoso cos coros soul en 'I feel an Urge coming on' (unha versión de Josephine Armstead)'Wreck The Rod' con ese descacharrante video con Danny Trejo de presentador televisivo, ou os clasicazos como a instrumental 'El Viv' ou despedida a ritmo de doo woop de 'Whatever she goes', mentres que a tremenda 'Man leaves town' é o único pildorazo enérxico que atopamos no álbum.
Non nos deixa abraiados coma en entregas anteriores pero segue a un nivel extraordinario. Recomendado, coma sempre.

NICK WATERHOUSE "Nick Waterhouse"
(Innovative Leisure, 2019)



No hay comentarios: