A estas alturas xa coñeceredes de sobra a The Bo Derek's, outro dos proxectos dos irmáns López (a.k.a. Sheriff Lorre e Rufus el Guarro), acompañando nesta aventura a Oscar Avendaño. O seu debut foi "10", un lp lanzado a comezos do 2019 da man de Family Spree, e que se colou en moitas das listas do mellor do ano co seu rock'n'roll de pub 80s.
Dende a semana pasada xa tedes dispoñible novo material. Trátase dun 7'' con dous temas: 'Al Carajo' e o r'n'b de 'The greatest lover in the world' na cara b.
Xa podedes facervos con el no seu bandcamp, e por suposto nos seus directos.
Comezou moi nova na formación de Renaud Papillon Paravel, ao tempo que pouco a pouco comezou a dar forma á súa propia banda, e con algo máis de proxección dende o 2016 cando pasou a formar parte das xiras de The Limiñanas.
Tras un 7'' e dous Eps como Nika Leeflang Project, agora anuncia o seu primeiro LP, que levará por título "Bad Sunday".
Polo momento temos de adianto o clip de 'Broken Bones'.
Imos con algo de cómic, que xa hai tempo que non vos recomendamos ningún.
O primeiro deste ano, é a novela gráfica sobre a vida de David Bowie, na que se mestura a realidade coa ficción imaxinada dos seus alter egos, sobre todo de Ziggy. 160 páxinas en formato álbum de toda a vida.
Editado ao mesmo tempo na súa edición orixinal e coa edición española da man de Norma Editorial: "BOWIE: Polvo de Estrellas, Pistolas de Rayos y Fantasías de la Era Espacial" de Michael Allred, Steve Horton e Laura Allred.
Non sabemos se a historia será das que lembraremos demasiado tempo, pero á vista do material gráfico que temos de adianto, e ás gañas que lle temos, vai a ser un dos que collamos con máis ganas neste comezo de ano.
David Bowie, uno de los iconos de la cultura pop moderna más magnéticos, sedujo a varias generaciones de fans con su música y su personalidad rebelde. Su legado como músico es ineludible y único, mientras que como artista visual demolió cualquier barrera teatral con su estética psicodélica, su imagen exuberante y su forma de navegar en el borde de lo surreal. Bowie: Polvo de estrellas, pistolas de rayos y fantasías de la era espacial relata el ascenso de David Bowie desde sus inicios hasta la fama, así como el ascenso y caída de Ziggy Stardust, el famoso alter ego de Bowie. Ziggy acompaña a Bowie en su difícil carrera a lo más alto, pero cuando los Spiders From Mars finalmente se separan y Bowie abandona Londres para vivir como un nómada en el extranjero, Ziggy debe desaparecer para siempre. El fin de Ziggy cambiará no solo a Bowie, sino al mundo entero. Narrada gráficamente por el reconocido dibujante de cómics Mike Allred con el apoyo a los guiones del aclamado autor Steve Horton, Bowie es una novela gráfica tan colorida y sorprendente como las múltiples personalidades de su protagonista. Revive la historia de uno de los músicos más reconocidos de la historia de una forma única e irrepetible.
Nova formación e novos temas. Despois do seu discazo do ano pasado ("Death Awaits us All" foi un dos mellores do ano), e o "Live at Mardi Gras" que nos deixaron en setembro, comezan nova etapa: continúan en formato trío pero con novo baixista.
E a modo de presentación nos deixan dous novos temas: 'Muy oscuro' e 'Cuarto do pánico'. Dous trallazos marca da casa, que polo momento so temos dispoñibles en canles dixitais: bandcamp / youtube.
Nova entrega da serie audiovisual Unknown Pleasures: Reimagined, un dos proxectos cos que este ano se conmemoran os 40 anos do lanzamento do mítico "Unknown Pleasures" de Joy Division.
Dez creadores audiovisuais dos nosos días reinterpretan en clave de videoclip cada un dos 10 temas do álbum.
Aquí tedes a fantástica 'She's Lost Control', reimaxinada por Lorraine Nicholson.
Unha recomendación se pasades por Santiago. Onte asistimos a inauguración da exposición XIRAREI: DESEÑO DE CUBERTAS NO DISCO GALEGO 1955/1995. Unha auténtica marabilla para os sentidos. Teremos que volver para ollar moito do que nos quedou atrás. No Auditorio de Galicia ata maio. + info na web de Compostela Cultura: Xirarei.
Máis material dispoñible de Radiohead. Desta vez non é que compartiran nada inédito, senón que veñen que convertila súa web no proxecto Radiohead Public Library. Unha plataforma na que atopar todo o material que se ten publicado ata o momento: discos, singles e eps, videoclips e actuacións en directo, e ata merchandising (flyers e sobre todo de camisetas), organizados segundo cada artefacto se corresponda cronolóxicamente con un álbum.
O primeiro en facer a selección foi o baixista Colin Greenwood, e a web xa está repleta de material para cotexar. Polo momento o que máis nos interesou son os singles dos seus primeiros traballos, como "Drill EP", "Anyone Can Play Guitar" ou "Fake Plastic Trees"... pero vai a levar tempo repasalo todo. Recomendado para pasar horas e horas. -> Radiohead Public Library.
Nas últimas semanas antes da despedida do Rif-Rock, prestámonos para diversas historias en horario non habitual.
Unha delas foi a sesión de fotos para o seguinte traballo do amigo Isi Vaamonde, do que xa vos avisamos da súa inminente saída da man de Fonosaurios e Ulomanía Coop. Trátase de "On" en riguroso vinilo...
Aquí tedes unha das fotos empregadas para ese traballo.
A foto de Julia González, e o artista Gatiño, menudo crack!
Grazas Isi! *foto tomada do facebook de Isi Vaamonde.
Hoxe presentámosvos a Wasted Shirt. Trátase doutro proxecto do inesgotable Ty Segall, que desta vez une as súas forzas ao baterista Brian Chippendale, dos Lightning Bolt. A finais de febreiro publicarán o seu lp de debut, "Fungus II" con Famous Class Records. Polo momento temos de adianto o tema 'Double the Dream', un seu clip de animación de Somer Stampley.
Máis adiantos no GZ Canibal. O segundo LP de Thee Boas xa está listo. Polo momento temos dous temas de adianto de "Fall to Fall", e moitas máis gañas de escoitalo completo.
O novo traballo dos Black Lips sairá a finais de mes, "Black Lips Sing In A World That’s Falling Apart" nunha edición compartida entre Vice e Fire Records.
Polo momento temos este divertido 'Rumbler' como adianto.
Un adianto de algo do que escoitaredes falar moito próximamente.
'Encerrado' é o trallazo de presentación do debut en vinilo de PLAYA DESMAYO, e os de Ulomanía Coop nos avisan de que o resto do ep que está por chegar é de auténtico escándalo. Atentos!
Rematamos co noso repaso ao 2019. Este ano con menos material que noutras ocasións, só coas seleccións dos discos do ano a cargo dos máis habituais da nosa cabina e algún máis... e a revisión de tódolos posters do 2019 ata que chegou a despedida do local.
Se quederes darlle un repaso, seguide a etiqueta Singles2019.
E aquí tedes o top 10 de Calambres do 2019: 1 GOLD "The Gold" (Mean Disposition / Penniman Records) 2 TITO RAMIREZ "The Kink of Mambo" (Antifaz Discos / El Volcán) 3 THE LIMBOOS "Baia" (Penniman Records) 4 THE BO DEREK'S "10" (Family Spree Recordings) 5 NICK WATERHOUSE "Nick Waterhouse" (Innovative Leisure Records) 6 THE NIGHT TIMES "Here We Go" (Outro Records) 7 DURAND JONES & The Indications "American love call" (Dead Oceans) 8 THE BEASTS "Still Here" (Bang! Records) 9 BIFANNAH "Danças Líquidas" (The John Colby Sect) 10 LOS ETERNOS "Vientos Solitarios" (Ferror Records / Cascaballo)
O top de Kurco do 2019: 1. TOOL "Fear Inoculum" (Tool Dissectional / RCA) 2. SEBADOH "Act surprised" (Dangerbird / Fire Recs) 3. THE MYSTERY LIGHTS "Too much tension!" (Wick Records / Daptone) 4. MUDHONEY "Morning in America" (Sub Pop) 5. ROCKET SCIENCE "Snake" (It Records) 6. VIVIAN GIRLS "Memory" (Polyvinyl Record Company) 7. THE NEW MASTERSOUNDS "Shake it" (Color Rec Records) 8. REDD KROSS "Beyond the door" (Merge Recs) 9. SUN KIL MOON "I also want to die un New Orleans" (Caldo Verde Recs) 10. PIXIES "Beneath the Eyrie" (Infectious Music)
Máis listas. Estos son os 10 de Munstaphá, sempre con Anton Newcombe na cabeza... - L'ÉPÉE "Diabolique" (A Recordings) - TEETH OF THE SEA "Wraith" (Rocket Recordings) - THE NIGHT TIMES "Here We Go" (Outro Records) - MIKE KROL "Power Chords" (Merge Records) - THE BUDOS BAND "V" (Daptone Records) - FRANKIE AND THE WITCH FINGERS "Z.A.M." (Greenway Records) - THE MYSTERY LIGHTS "Too Much tension" (Wick Records / Daptone) - NICK WATERHOUSE "Nick Waterhouse" (Innovative Leisure Records) - SWERVEDRIVER "Future Ruins" (Rock Action Records) - THE UNDERGROUND YOUTH "Montage Images Of Lust And Fear" (Fuzz Club Recs)
Os nosos imprescindibles do Black Grooves do 2019. Este ano o deixamos en 5 que hai pouco consenso... 1 MICHAEL KIWANUKA "Kiwanuka" (Polydor / Interscope Records) 2 BLACK PUMAS "Black Pumas" (ATO Records) 3 DURAND JONES & The Indications "American love call" (Dead Oceans) 4 SUGARAY RAYFORD "Somebody Save Me" (Forty Below Records) 5 ROBERT RANDOLPH & The Family Band "Brighter Days" (Provogue)
Aquí tedes os 10 de Ptooff do 2019. Primeiro Ghesgha, logo todos os demáis... - GHESGHA "Umbral da Cosmogonía" (Ulomanía Coop. / Fonosaurios) - SONIC DAWN "Eclipse" (Heavy Psych Sounds) - PURPLE MOUNTAINS "Purple Mountains" (Drag City) - MIKE KROL "Power Chords" (Merge Records) - FRANKIE AND THE WITCH FINGERS "Z.A.M." (Greenway Records) - LEVITATION ROOM "Headspace" (Greenway Records) - HERE LIES MAN "No Ground To Walk Upon" (Riding Easy Records) - THE MINNEAPOLIS URANIUM CLUB BAND "The Cosmo Cleaners: The Higher Calling Of Business Provocateurs" (Static Shock Records) - TY SEGALL "First Taste" (Drag City) - KALEIKIA "Oileán Fada" (Kaleikia)
Os amigos de Mascada veñen de publicar este serán o seu primeiro clip, a cargo de Cris Padin e Xoan András. O tema escollido, como non, é 'Sonora Mascada'. Compartide!
Comezamos co último álbum dos tremendos Mighty Mocambos.
"2066" é o seu terceiro lp, que consolida unha carreira con máis dunha treintena de 7'' con numerosas colaboracións ou como banda de acompañamento, ademáis dos lanzamentos da súa banda paralela The Bacao Rhythm & Steel Band coa que teñen outro bo puñado de lanzamentos.
Comezamos a seguirlles a pista aló polo 2015 por un 7'' que lanzaron xunto con Lee Fields, e dende entón xa non puidemos deixar de escoitalos (ver "Where do we go for here"). As colaboracións da banda xermana son máis que recoñecibles, xunto a figuras coma Gizelle Smith, Charlie Funk dos Afrika Bambaataa ou Ice T dos míticos Body Count. Todos eles aparecen ademáis neste novo álbum. A solvencia da banda está máis que demostrada coa súa frenética traxectoria de lanzamentos dende o 2008. E o seu novo álbum funciona á perfección coma unha síntese de todos estes anos e reúne toda esa gran cantidade de influencias.
THE MIGHTY MOCAMBOS "2066"
(Mocambo Records / Légére Recordings, 2019)
"2066" é un álbum certamente ambicioso. Aos oito membros da banda únense oitros seis músicos adicionais, e a colaboración dos vocalistas antes mencionados.
O álbum comeza ben arriba, con 'Preaching the choir', unha peza instrumental no que aparecen os coros de Nichola Richards, que toma todo o protagonismo vocal en 'Stronger', na que tamén comparte voces co MC JSwiss.
O álbum discorre alternando instrumentais con pezas vocais, destacando as extraordinarias 'Superstrada' e 'Concrete Stardust', e a festiva 'Macumba' para pechar a cara A. En medio, a fantástica aparición de Lee Fields, poñendo toda a súa pegada soul na peza 'Where do we go from Here' que xa aparecera no 7'' do 2015 que vos comentamos máis arriba.
A cara B presenta unha secuencia inversa, comezando e rematando con temas vocais. Abre 'Take on the World', á que segue unha das pezas máis curiosas do álbum, 'Here we go' un funk realmente explosivo que ensambla á perfección coas voces infantís dos Mocambo Kidz cun acabado realmente pegadizo. Seguen tres instrumentais: 'Return to Space', 'Golden Shadow' e 'Today', todas marca da casa. E para rematar recuperan novamente 'Bounce that Ass' xunto con Ice T e Charlie Funk, un tema de funk e hip hop que xa incluíran no seu 7'' do 2018 compartido con estes clásicos do xénero, e que ten todos eses elementos doutra época que o fai realmente irresistible.
Desta vez recomendámosvos a versión restaurada dun show da Jimi Hendrix Experience de 1969, no Konserthuset de Estocolmo. Foi lanzada novamente en dvd o ano pasado e completada con dous bonus tracks de 1967 na mesma cidade.
Un concerto con moita historia e que deu bastante do que falar, pero mellor que o vexades vos mesmos...
O track list: 01 Killing Floor 02 Spanish Castle Magic 03 Fire 04 Hey Joe 05 Voodoo Child (Slight Return) 06 Red House 07 Sunshine Of Your Love Bonus: "Popside" Radiohuset Stockholm 1967 08 Wind Cries Mary 09 Purple Haze
Nova entrega da serie audiovisual Unknown Pleasures: Reimagined, un dos proxectos cos que este ano se conmemoran os 40 anos do lanzamento do mítico "Unknown Pleasures" de Joy Division.
Dez dos máis representativos creadores audiovisuais dos nosos días reinterpretan en clave de videoclip cada un dos 10 temas do álbum.
Aquí tedes o tema 'Disorder', reimaxinado por Vincent Moon.
Un clasicazo de cada comezos de ano: as listas co mellor de cada ano seleccionadas polos habituais da nosa cabina. Nas próximas semanas comezamos a compartilas, e desta vez seguro que haberá moi poucas coincidencias. Veremos...