miércoles, 22 de enero de 2020

Radiohead Public Library

Máis material dispoñible de Radiohead. Desta vez non é que compartiran nada inédito, senón que veñen que convertila súa web no proxecto Radiohead Public Library. Unha plataforma na que atopar todo o material que se ten publicado ata o momento: discos, singles e eps, videoclips e actuacións en directo, e ata merchandising (flyers e sobre todo de camisetas), organizados segundo cada artefacto se corresponda cronolóxicamente con un álbum. 


O primeiro en facer a selección foi o baixista Colin Greenwood, e a web xa está repleta de material para cotexar. Polo momento o que máis nos interesou son os singles dos seus primeiros traballos, como "Drill EP", "Anyone Can Play Guitar" ou "Fake Plastic Trees"... pero vai a levar tempo repasalo todo.
Recomendado para pasar horas e horas.

-> Radiohead Public Library.




No hay comentarios: