Da man dos amigos de Will Work 4 Funk chéganos a recomendación de Road Trip, o LP de debút da banda Beat Bronco Organ Trio, publicado o pasado 28 de febrero de 2020 polo selo suizo Rocafort Records.
Beat Bronco está composto por músicos experimentados da escea soul/funk madrileña: Gabri Casanova ao órgano Hammond e teclados, Lucas de Mulder á guitarra e Antonio Pax Álvarez á batería. Todos coñecidos por ter pertencido a bandas como The Sweet Vandals, Speaklow ou Mighty Vamp entre moitas outras referencias.
Presentáronse en sociedade o pasado abril de 2019 co 7” "Easy Baby" b/w "Geriatric Dance" (Rocafort Records). Este single de adianto (xa esgotado) permitiulles xirar durante toda a segunda metade do ano, ofrecendo o seu directo por media xeografía española.
BEAT BRONCO ORGAN TRIO "Road Trip"
(Rocafort Records, 2020)
"Road Trip" está composto por 9 temas orixinais máis unha versión de "Hey Hey", o clásico blusero de Nova Orleáns de Dave Bartholomeu e único tema non instrumental do conxunto. O álbum comeza con “Easy Baby”, un medio tempo jazz funk espectacular que establece o tono do LP.
Sen pretender reinventar o xénero, 'Road Trip' ofrece a suficiente frescura e variedade para manterte apegado ao tocadiscos nos seus case 40 minutos de duración. Dende 'Crispy Time', que bebe directamente dos primeiros Meters, o acelerado funk do tema homónimo 'Beat Bronco' ata a máis jazz 'Eternal Question'.
O LP inclúe tamén varas colaboracións, como a espectacular sección de ventos no trallazo funk con toques swing 'Hard Play' ou a pegadiza flauta de Chip Wickham en 'Squirtly'.
En resumen, un bo exercicio de jazz funk co órgano Hammond como protagonista e que nos obliga a seguir a Beat Bronco de cerca para intentar cazalos en directo e na espera de futuras novas referencias.
· "Road Trip" no bandcamp de Rocafort Records.
-Ptooff!-
No hay comentarios:
Publicar un comentario