Xa había un par de semanas que quería compartir esto con vós, pero ata hoxe que tiven tempo... o pasado 28 de setembro foi a primeira entrega do OUTONO CAPITOL ROCK FESTIVAL, cun cartel de luxo que contaba con The AllNight Workers e J.C.Brooks, e que por suposto rematou sendo unha festaza. E coma outras moitas veces alí estaba Ricardo Alonso co seu programa Estudio 3 de Radio Galega Música retransmitíndoo todo en directo, así que tiramos dos seus podcasts para deixarvos aquí todo ese concerto.
Esta dividido en 2 partes, a primeira de dúas horas, con toda a previa, as entrevistas ás bandas, ós promotores (de A Raiña e A Reixa) e tamén ó xefe de Grabacións de Impacto, e todo o concerto completo dos AllNight Workers, aquí o tedes insertado, pero tamén o podedes descargar aquí.
A segunda dura unha hora e inclúe case todo o concerto de J.C. Brooks & The Uptown Sound, que tamén podedes descargar (aqui).
A segunda dura unha hora e inclúe case todo o concerto de J.C. Brooks & The Uptown Sound, que tamén podedes descargar (aqui).
No hay comentarios:
Publicar un comentario