Simon Reynolds está considerado na actualidade coma o mellor crítico de rock das illas británicas, segundo Pablo Schanton no prólogo do mesmo, pola aplicación do análisis semiótico e das teorías estructuralistas á música rock. Durante moitos anos no Melody Maker, particupou tamén coas súas críticas nas revistas Spin, Uncut, Mojo, The Wire ou Rolling Stone entre outras, pero tamén en xornais 'serios' coma o The Guardian ou The New York Times. Entre os seus libros adicados á música electrónica, revolucións sonoras e sobre todo ó post-punk, destaca, destaca o imprescindible Rip It Up and Start Again: Post Punk 1978-1984. Ademáis de colaborador en numerosas obras colectivas. Este Después del Rock é a primeira das súas obras individuais que se traduce ó castelán (eds. Caja Negra), e na realidade é un compendio dos seus mellores artigos, de todo tipo e sobre tódo-los paus, noise, art-rock, dance, post-punk, psicodelia ou cosmic rock, e entre eles por suposto o seu fantástico prólogo para "Loops" e o seu artigo de 1994 'Post-Rock' que foi o texto que deu nome o movimento, guste os artistas ou non dese caixón de-sastre. De colofón, unha estrevista de Schanton (o prologuista) a Reynolds, no que nos destripa todo o seu método. E para seguilo habitualmente aquí téde-lo seu blog BlissBlog.
SIMON REYNOLDS "Después del Rock.
(Psicodelia, post-punk, electrónica y otras revoluciones inconclusas)."
(Caja Negra, 2010)
Aquí o tedes nunha breve presentación do seu libro de 2005, "Rip It Up and Start Again: Post Punk 1978-1984":
No hay comentarios:
Publicar un comentario