Cando Mike Patton forma a banda Mr.Bungle xunto con Trevor Dunn, Spruance e Heifetz aínda eran estudantes do high school. Dende os seus comezos practicaron ese funk metal tan de moda na california da segunda metade dos 80... nos seus primeiros anos de vida fixéronse un importante nome na escena local cos seus concertos e as súas maquetas, pero non será ata a incorporación de Mike Patton a Faith No More cando a industria lles prestou atención, pasando de que nin sequera unha pequena discográfica se atrevese a editalos, a que Warner os sacara adiante, co seu debut homónimo en 1991, co que plasmaban tóda-las posibilidades dos seus rexistros, e xa producido por John Zorn. En 1999 puxeron fin a Mr.Bungle co álbum "California" moito máis cool e dixerible. En medio este "Disco Volante" de 1995, do mesmo ano que o "King for a day..." dos Faith No More, e sen dúbida o máis ecléctico, experimental e divertido dos tres e tamén que de calqueira álbum dos FNM. Disco Volante tributa ó filme Thunderball de James Bond, pero en xeral é un homenaxe continuo ó cinema, coma outros moitos proxectos de Patton, que vai desenrolando tóda-las súas desviacións sobre unha coidada base de freejazz que se irá transformando en calqueira outra cousa...
MR. BUNGLE "Disco Volante"
(Warner, 1995)
faite con el no blog In Mass Mind:
http://inmassmind.blogspot.com/2009/09/mr-bungle-disco-volante-1995.html
http://inmassmind.blogspot.com/2009/09/mr-bungle-disco-volante-1995.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario