Estaba convencido de que xa vos presentara varios álbumes de Delaney Davidson neste blog, pero acabo de comprobar que non... Volve este neozelandés errante cun novo traballo que coma sempre da unha nova volta de torca na súa carreira. Se no anterior "Self Decapitation" (Voodoo Rhythm, 2010) nos ofrecía un universo moi cercano ó Tom Waits máis escuro dos últimos moito con historias duras, crimes e disminuídos, que mesturaba á perfección as influencias do psychobilly co country folk do máis fondo dos apalaches... agora preséntano o seu disco máis blues en canto á factura, moito rhythm'n'blues totalmente lo-fi, que para eso contou coa colaboración de Reverend Beat-Man, Bruce Brand ou os Mojomatics. O álbum está inspirado na súa vila natal Christchurch (NZ), que ven de sufrir dous importantes terremotos nos últimos meses (un en setembro do 2010, e outro en febreiro deste 2011), e de ahí ven o título do álbum, "Bad Luck Man", o home da mala sorte, un traballo triste e incluso cheo de rabia ('Bad Luck Man', 'Another Man's Eyes' ou 'Windy City') , con momentos para a esperanza pero poucos, tres demostracións en 'I'm so depressed' a pesares do título, 'I've got the devil inside' e 'So Long'. Cancións cheas de ruínas, de bares pechados, xente deambulando polos camiños e afogados. Un álbum de blues moderno pero feito coas vellas maneiras, triste e desgarrador, pero maís cabreado que melancólico.
DELANEY DAVIDSON "Bad Luck Man"
(Voodoo Rhythm, 2011)
Faite con el no blog Nosostros somos los muertos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario