domingo, 28 de abril de 2013

Blackenstein, The Black Frankenstein.

Esta semana non vos imos deixar selección para descargar da sesión do venres pasado da entrega das Black Grooves! que non tódo-los días temos tempo para adicarnos a esas cousas. A cambio como uns cantos me preguntaron de qué era o cartel da sesión, pois ahí vai... 

Se vos fixades nos carteis das sesións do Rif-Rock, cando empregamos imaxes, ilustracións ou fotos collidos de cine ou portadas sempre aparece por algún lado a orixe do material, e nesta ocasión tamén. Pero para os que non se fixan: a do cartel é Marva Farmer, unha atriz de carreira efímera que participou en varios filmes de blaxploitation, o máis famoso deles foi este Blackenstein, no que apesares de protagoniza-lo cartel promocional, tiña un papel de reparto bastante secundario. Así que esta semana, na vez de deixarvos un enlace de descarga para unha sesión, deixámosvos esta entrañable Blackenstein, en VO claro...


Blackenstein. The Black Frankenstein (1973).

Un dos subxéneros de maior éxito nos inicios do blaxploitation foi o das adaptacións dos clásicos de terror, dende os clásicos da Universal ata os máis recentes psychodélicas adaptacións da Hammer británica. Despois do éxito de convertir a Drácula en Blacula, o asunta estaba desatado.

De feito Blackenstein foi estreada meses antes que Scream Blacula Scream! (a segunda parte de Blacula), e polo resultado en conxunto semella que se diron moita presa en facelo, porque agás uns cantos detalles, coma o sangue e as esceas nas que Blackenstein masacra ás súas víctimas todo está cheo de incoherencias e incon-cordancias (por exemplo entre día e noite, vestiario, algún decorado movil, etc...). 

Os protagonistas son John Hart, Andrea King, Ivory Stone e Liz Renay (ademáis das aparicións de Marva Farmer, claro). A historia comeza cun ciruxano visionario (o dr. Stein), que está no seu laboratorio macabro nun sótano de L.A., cos preparativos para realizar un extraño experimento, chega a visitalo unha ex-alumna súa, que lle conta que o seu mozo acaba de chegar de Vietnam gravemente ferido, isto é sen brazos e sen pernas. Stein vai visitalo ó hospital, e o comprobar como o persoal sanitario o maltrata polo seu estado e dun xeito abetamente racista, deciden trasladalo ó seu laboratorio onde lle inxertarán as catro extremidades... e por suposto Malcomb o axudante (o Igor, ou Aigor, do dr. Stein) o estraga todo, comeza a sufrir cambios físicos (ata lle sae moucha afro de golpe) e mentais, o enxendro escapa da mansión e se adica a matar a todo-los paisanos que se atopa por diante... 
A ver se vos atrevedes con ela, aquí a tedes:

Blackenstein, The Black Frankenstein.
USA 1973, American International Pictures. 
Dir: William A. Levey
(ver ficha en IMDb)




No hay comentarios: