Un dos temas que máis sona nos últimos meses dende a cabina do Rif-Rock é o Goatman dos suecos Goat. A miúdo se acerca alguén a preguntar que é iso que sona e tal... e nós sempre insistimos en recomendar o seu álbum "World Music" como un dos mellores álbumes do ano pasado, aínda que para moitos pode resultar demasiado irregular e bastante extrano. O certo é que cada vez lle adico máis tempo a escoitalo, un álbum de psychodelia pura e dura, ou alomenos como debería ser entendida neste s.XXI, con moita carga de kraut, afrobeat (máis ben cerimonias vudú) pero en definitivo un exercicio perfecto de densidade e ritmo puro, como se pode ver na tríada de estados de ánimo que son Goatman, Goathead e Goatlord, ou as máis festivas Let it Bleed ou Disco Fever.
Agora é cando vo-lo recomendo porque hoxe mesmo nos fixemos coa edición en vinilo (podedes ve-los detalles no blog de Rocket Recordings), unha auténtica pasada!!
GOAT "World Music"
(Rocket Recordings, 2012)
podedes facervos con el no blog Cruel Sonido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario