martes, 30 de abril de 2013

Miles Davis "Bitches Brew"

30 de abril, Día internacional do Jazz segundo a Unesco. Mirade se ten pouca difusión que non me enterei ata hoxe. Pero xa temos disculpa para compartir un bo álbum de jazz, e para darlle un pouco de lustre ó asunto, imos con un dos mellores da historia.

Cando se fala de Miles Davis normalmente se cita o "Kind of Blue" ou "Birth of the Cool" coma os seus mellores traballos. Pero Davis fixo uns cantos álbumes deste calibre ou incluso superiores. Son álbumes que marcan unha época, non só da súa carreira, senón que provocan un antes e un despois na historia do jazz, e da música en xeral. De feito sempre se di que Miles Davis cambiou tres ou catro veces a historia da música ó longo da súa carreira. Ben pois hoxe imos coa última delas, e seguramente a máis importante.

Estamos a falar do "Bitches Brew", de 1970, que supón o nacemento do que se coñece como jazz-rock, con base de jazz modal e free jazz, pero fortemente influenciado pola música árabe e hindú, polas propostas de Sly Stone, e sobre todo por Jimi Hendrix (Davis estaba impresionado co "Electric Ladyland"). Para esto contou coa producción de Teo Macero, a quen supostamente Davis lle pediu que non interrumpira as gravacións en ningún momento para que tóda-las sesións quedaran recollidas, e na vez de contar con músicos consagrados, optou por contratar a xoves músicos, entre os que estaban Chick Corea, Larry Young, Wayne Shorter ou Dave Holland... case nada!! E mención aparte para Mati Klarwein e John Berg, os encargados do deseño da portada, carpeta e demáis... 

O resultado foi incríble, ademáis de convertirse no primeiro álbum de Miles Davis en vender máis de un millón de copias, seguramente é o álbum máis rupturista da segunda metade do s.XX, e como algún dixo "por que é un álbum de jazz, que se non tamén sería o mellor álbum de rock da historia". 

MILES DAVIS "Bitches Brew"
(Columbia CBS, 1970)





No hay comentarios: