E aquí tedes dous dos maiores valores do momento, dúas danda do sur, os Black Lips de Altanta e Thee Fine Lines de Missouri, uns que están a pulindo o seu son máis suxo a mentres melloran o nivel dos seus temas, e outros que van sobrados de temas de lixo no seu son e cada vez van a máis... comprobádeo...
Este Venres 27 dXuño noite revivalera rock'n'roll por todo o alto, con: MUNSTAPHA tódo-los paus que vos poidades imaxinar garage, psych, protopunk, psychobilly, rhythm'n'blues, surfstomp, mod, freakbeat, fuzz & maximum r'n'b... Non vo-lo perdades!!!
Estas dúas bandas comezaron a cambiar moitas cousas, os Oblivians de Memphis, herdeiros directos dos Gories, aínda que moito máis ruidosos. Lástima que o seu tema "She's a Hole" está en moi mala calidade, pero The Leather tamén está moi ben.
The Oblivians – The Leather:
The Gories – Nitroglycerine:
Aquí tedes o album que compila as dúas primeiras obras dos Gories, a primeira banda oficial e grande do mestre Mick Collins (The Dirtbombs, Voltaire Brothers, Blacktop, e moitos etcs...) que practicaban un blues sucio, primitivo e rítmico coma nunca se fixera antes. The Gories: I Know you Houserockin’ (1994) http://filmuzika.blogspot.com/2007/05/gories-1994-i-know-you-houserockin.html
Aquí tedes a uns que serán moi protagonistas o venres, coma sempre. Unha banda fundamental para que hoxe en día existamos millóns de rockeiros no mundo gracias a unha parella (Lux Interior e Poison Ivy) que a falta de facer rock'n'roll optaron por crear o seu propio mundo bizarro. Isto é psychobilly amigos... Enorme: The Cramps – Creature from the Black Leather Lagoon:
The Cramps – Bikini Girls with Machine Guns:
The Cramps – Garbageman:
The Cramps – Like a Bad Girl Should:
E ademáis tamén vos deixo este imprescindible da historia da música, descargádeo do blog dos de Twilight Zone:
E aquí tedes o documental oficial sobre o mundo King Khan con tódo-los seus lugares santes e o seu inseparable compinche BBQ (Marc Sultan), ahí o tedes, en catro partes o mundo deste canadiano de orixe indostaní e de tódo-los seus compinches...
Comezamos a semana de revival con esta banda do Canadá xerme dos actuais BBQ Show e King Khan & His Sensational Shrines, con todos vos, e por partida dobre:
Les Sexareenos
aquí vos deixo dous enlaces cos álbumes "Live in the Bed" e o recopilatorio "28 Party Dancers". ahí os tedes por e depaso xa vos recomendo o blog Nothing But Trash, absolutamente caótico, pero con un dos mellores contidos de rock'n'roll de toda a web: http://nothingbuttrash.blogspot.com/
A comezos do sec XX atopas as raices literarias de tódo-los xenios do mal que hoxe en día estamos acostumados a ver no cine ou nos comics. O primerio deses cerebros criminais foi Fu Manchu, creado na literatura, e no cine foi o Dr. Mabuse, de Fritz Lang o primeiro deles. Nesa mesma época creouse a versión francesa do archicriminalda man de Pierre Souvestre y Marcel Allain: Fantomas, que xunto ós anteriores son os abós da xeración de mestres do crimen que triunfaron no cine e na tv dos 60, sobre todo da man dos villanos adaptados para as películas de James Bond 007.
Fantômas foi creado en 1911 por Marcel Allain e Souvestre. Era un criminal que non amosaba piedade, era un sociópata que desfrutaba asesinando de forma sádica e despiadada.En realidade, Fantomas é un mestre do disfraz que aparece sempre baixo unha falsa identidade, normalmente de xente a que asesina previamente. Outras das súas características son as súas bizarras técnicas e os extravagantes inxenios que emprega nos seus crímenes.
O éxito das novelas, fixo que moi pronto se levara o cine. Fixéronse cinco películas entre 1913-1914 dirixidas por Louis Feuillade, hoxe en día son unhas das maiores obras mestras do cine mudo.
- Fantômas (1913) - Juve contre Fantômas (1913) - Le Mort Qui Te (1913) - Fantômas contre Fantômas (1914) - Le Faux Magistrat (1914)
Xa na década dos anos 20, fíxose unha serie de filmes de Fantomas nos EEUU, aínda que tiveron máis éxito en Francia que en América. Anos despois fixéronse novas versións en 1932 e 1946. Logo en 1948 chega a fantástica Fantômas contre Fantômes. A figura do archicriminal volve nos anos 60. Allain seguíu publicando novelas ata 1963, pero coa aparición das películas de James Bond, nas que se recoñece abertamente a influencia das novelas e das primeiras películas de Fantomas, a industria ponse man abra para realizar novas películas. O resultado sera unha trilogía que adapta bastante o original, protagonizadas por Jean Marais, o tremendo xendarme paiaso Louis de Funes, e a preciosa Mylène Demongeot.
Fantomas (1964), Fantomas, hombre de mil caras, capaz de transformarse en cualquier persona, descubre que un periodista, Fandor, ha publicado una entrevista falsa con él. Para vengarse, Fantomas adopta los rasgos físicos del periodista y comete un sensacional crimen haciéndose pasar por él. Juve (Louis de Funès), cree reconocer el sello del autor de Fantomas y está convencido de que éste se encuentra detrás de todo.
Fantomas Vuelve (1965). El profesor Marchand, un célebre científico, desaparece misteriosamente, y el comisario Juve sospecha inmediatamente de Fantomas. Mientras tanto, el periodista Fandon, se disfraza de Lefèvre, el asistente del profesor Marchand, dejándose capturar por Fantomas. Pero el comisario Juve cae en la trampa que Fantomas, también disfrazado de Lefèvre, le había tendido. En un congreso científico en Roma Fantomas pretenderá acabar con sus prisioneros. Otra película de Louis de Funès, gran cómico francés.
Fantomas contra Scotland Yard (1967). Lord Mc Rashley recibe la visita de un viejo amigo y agente de seguros, que desea venderle una cuantiosa póliza sobre su vida. Pero el visitante rápidamente se revela como el cerebro criminal Fantomas, y le indica que Rashley forma parte de un grupo selecto de millonarios que serán chantajeados por el villano a cambio de sus vidas. Los montos exhorbitantes pedidos por Fantomas impulsan a que Rashley contacte a su némesis en la Sureté, el comisario Juve. Juve, acompañado por otro enemigo de Fantomas como es el periodista Fandor y su bella novia, viajarán a Escocia donde Rashley intentará tenderle una trampa al genio criminal. Pero insospechadas intrigas internas en su familia y la astucia de Fantomas pondrán en riesgo el plan.
Como vedes, o persoaxe de Fantomas é fascinante, pola súa intelixencia superior, os despiadados métodos criminais, e a súa personalidade oculta tras dunha máscara gris. É un mestro do disfraz que está sempre perseguido pola súa némesis, o comisario Juve e o periodista Fandor.
O problema da triloxía dos 60 é que un persoaxe tan malvado e siniestro está enfocada con todo de comedia, e desta vez influenciada por 007 (o revés do sempre foi). O resultado é moi mediocre, pero aínda se botan unhas risas... pero é a forma máis sinxela de coñecer ó persoaxe de Fantomas, posto que a versións anteriores son bastante difíciles de conseguir.
Outra historia é o que fixeron en Sudamérica con Fantomas. Dende logo alí sempre a cagan. Nos anos 70 a editorial mexicana Novaro lanzou a colección “Fantômas, La Amenaza Elegante”, que adaptaba o persoaxe convertíndoo nun heroe, na vez dun criminal, unha vergonza. Aquí usa unha máscara que copia á de Diabolik, por parecerse máis ás de loita mexicana, e se trata de un ladrón arrepentido, que fai o ben e que vive con 12 mulleres (cos nomes do zodíaco)... o dito unha vergonza de moral católica.
O único destacable ocorre cando en 1975 Julio Cortazar fixo unha versión para o comic, na que fai unha dura crítica política do sistema en “Fantomas contra los vampiros multinacionales”. Tedes este conto aquí.
Como cada día 24 de tódo-los meses, hoxe tedes unha nova entrega dos Ventrílocuos Impostores en Libro de Notas: Mudhoney, "La supervivencia de los pioneros"
"La historia de Mudhoney es a menudo narrada como la historia de unos perdedores, como la historia de unos pioneros que han visto como los demás se han forrado a su costa, se han hecho famosos, se han corrompido y finalmente han desaparecido. O muerto. Sólo ellos han permanecido durante más de veinte años en su lugar, quizás no en primera fila, pero siempre en su lugar, sin altibajos, algo que el tiempo termina por convertir en reconocimiento unánime hacia una banda que resulta fundamental para comprenden la música popular del último cuarto de siglo..." [artículo completo]
E aquí tedes dous videos da nova banda de Victor Karallada THE UNDERTOWN PROJECT que xa leva un par de meses en marcha por todo o alto. Aquí tedes un video en directo do pasado venres 20 en Vilagarcía, grabado por Kurco, e o seu primeiro video-clip 'Die isn't Bad'.
SCREAMING LORD SUTCH "El Espectáculo Garantizado" Capítulo 3:
"Dos años después aparece el Lp “Hands Of Jack The Ripper”, directo basado sobretodo en versiones de Chuck Berry, Jerry Lee Lewis y Little Richard; en este caso las colaboraciones incluían a Ritchie Blackmore , Matthew Fisher, Nicky Hopkins, Keith Moon (The Who), Nick Simper o el batería original de los increíbles Savages, Carlo Little.No editaría su tercer Lp hasta 1.982, en el que alterna grabaciones de estudio y en directo, “Alive & Well”...."
MAÑAN VENRES 20 dXUÑO NON ABRIMOS POR DESCANSO DO PERSONAL. PERO O SÁBADO (21 dXUÑO) XA ESTAMOS DE VOLTA!!! (disculpen as molestias, que se di nestes casos...)
20 anos despois seguen a poñernos a cen, coma o primeiro día e ata hoxe,
esta semana toca o protagonismo ó novo álbum de Mudhoney "The Lucky Ones" (Sub Pop Recs. 2008) Que lonxe de continuar co son dos seus últimos álbumes "Since We`ve Become Translucent" do 2002 e "Under a Billion Suns" do 2006, que siguen un retorno ó garage máis clasico influenciados nese momento pola aventura de Arm e Turner con The New Strychnines... pero agora retornan 25 anos atrás, revivindo ós sonidos máis ásperos i escuros dos tempos de Green River... pura historia de música, sen eles non habería anos 90 nen século XXI... a auténtica bso das nosas vidas. Déixovos o enlace do blog dos 'Toster Brosters' e así de paso que vos sirva de recomendación, que a día de hoxe xa debe de estar no 'top20' de moitos de vós: (para a descarga, picade na parte baixa, en 'I feel lucky')
SCREAMING LORD SUTCH "El Espectáculo Garantizado" Capítulo 2:
"Era en los conciertos, a los cuales la banda solía acudir en aquella época en una ambulancia con un cocodrilo rosa encima, donde mostraban su espectáculo imparable, y es que ningún concierto de aquellos años podía comparase con el enorme show que era ver a Screaming Lord Sutch con sus Savages..."
Fantástico artigo por entregas de SCREAMING LORD SUTCH polo Sheriff Lorre no blog de otrasnorocknsoul:
Este hombre fue una de las figuras más entrañables, divertidas y extravagantes que aparecieron en la década de los sesenta en ese hervidero de música que era el Reino Unido. No fue nunca considerado como parte de la “British Invasión”, seguramente por no conseguir ningún éxito comercial en su momento, pero desde luego marcó una época, tanto a nivel estético –fue uno de los primeros “melenudos” de la historia del Rock’n’Roll, además de su increíble indumentaria, con sombrero de copa, larga capa negra y pieles de leopardo-, como a nivel musical, ya que continuó la estela del gran maestro Screamin’ Jay Hawkins en el shock rock, vinculando el rock’n’Roll con la provocación teatral, todo ello basado, por supuesto, en el terror y en lo macabro. Fue además un personaje reivindicado por las siguientes generaciones, sobre todo con la llegada del punk (los Sex Pistols lo citaban como una referencia, los Rezillos/Revillos hacían versiones de varias de sus canciones), incluso se le reconocería con el título de “padre del punk”. Vamos, pues, a adentrarnos un poco en el fantástico mundo de Screaming Lord Sutch…
Ahí vai, por aclamación popular, e por que algún pesado non pode nin esperar dous días...ahí o tedes, a fantástica BSO de "Danger: Diabolik!!!" do mestre Ennio Morricone de 1968: http://www.megaupload.com/?d=T5X4KUSF Iso sí a peli xa é cousa túa crisis que non penso subila...
Este sábado unha nova tolemia de DjChoeu, desta vez unha sesión adicada ó Funk, ó máis ritmico da música negra, dende James Brown ou Pucho (tamén Brown) ou a Quantic Soul Orchestra ata a heterodoxia de Bongolian/Big Boss Man ou fillísimo Femi Kuti, revivalistas coma David Holmes ou os entrometidos Cypress Hill... Sempre hai sitio para todo nas sesións de DjChoeu... desta vez Boogaloo, Funk Carioca, Samba-Soul, Be-Bop, os baúles dos Funk Drops, de Spectrum, ou as rarezas de Vampisoul... Se queres bailar, este sábado xa sabes donde...
o 5 de Xuño de hai 6 anos aparecía morto por sobredose na súa casa Dee Dee Ramone, alma, compositor e case única cabeza pensante dos Ramones. Coma outros anos, o venres posterior facemos un homenaxe intermitente con temas da banda, demos, versións, directos ou as orixinais que eles se encargaron de destrozar VENRES 6 dXUÑO RAMONETURE INTERMITENTE SESSION
Danger: Diabolik! É unha desas pelis de culto que todo o mundo tivo que ver algunha vez de pequeno, seguramente na TVG e nunca máis volveu ter oportunidade de desfrutar. Está dirixida por Mario Brava, en 1968, i está inspirada nos comics do mesmo nome que triunfaron en Italia a comezos dos anos 60. É puro cine de ciencia ficción dos 60, divertida e de acción, a miudo comparada con Barbarella (tamén basexada noutro comic) pero moi superior no cinematográfico... por iso hoxe inauguramos sección con esta película, pero sobre todo, por dous iconos imprescindibles nas nosas vidas: Marisa Mell e Ennio Morricone!!!
Pero vaiamos coa película: Diabolik (John Phillip Law, mitico actor do xénero que tamén sae en Barbarella), é un ladrón afortunado, ten todo o que quere no material e ademáis ten ó seu lado á muller máis fermosa do mundo (Marisa Mell), pero non pode durmir pensando en que hay no mundo moreas de cartos e xoias que roubar, de xeito que tanto o goberno como a mafia o persiguen... O intelixente Diabolik non duda en matar ós que se poñen no seu camiño cando algo sae mal, e a súa compañeira sempre emprega os seus encantos femeninos para consegui-lo que desexa (descargádea da mula que non vos conto máis) Tan políticamente incorrecto que hoxe catalogarían o filme de apoloxía do terrorismo e a censurarían en máis de catorce ou quince paises que eu me sei...
O director Mario Bava adicábase normalmente ó terror gótico, aínda que tocou tódo-los paus posibles, máis desta vez, a súa adaptación do comic “Diabolik” foi a que lle fixo figurar con maiúsculas fora daquel xénero e superalo. Nesta adaptación semilla unha mestura entre James Bond 007 e Batman, cunha bat-cova de diseño, coches de luxo e moita máquina futurista con luces sobre cartón... que tamén ten cousas cutres se non, non se entendería...
Pero hai outro elemento na peli que a fai única, a banda sonora, a cargo de ENNIO MORRICONE (“Danger: Diabolik” - 1968), que podedes desfrutar ó longo de toda a peli, pero por suposto facédovos con ela xq é tremenda, be-bop, surf, beat, pop e psychodelia... unha xoia!!!
Ademáis entre as moitas escenas destacan habitualmente dúas: a máis famosa é cando Diabolik e Eva están na supercamaredonda enterrados entre os billetes do seu último golpe, outra cando a policía fai a redada antidroga no bar psicodélico do mafioso Balmont, pero máis tremendo é cada vez que sae Eva (Marisa Mell) explotada neste film coma icono sexual en cada segundo.
Cos anos segue a ser considerada como unha das mellores, senón a mellor adaptación do comic ó cine, polo que cada tantos anos vemos como surxen novos imitadores-plaxiadores, e outros tantos agradecidos homenaxes. Haí tedes o trailer da peli, e outra aparición de Marisa Mell (en Crazy Party, de morena, como saía habitualmente:
Inauguramos esta sección logo de varios intentos que se foron deixando por cuestión de tempo, pero agora sí, iremos ofrecendo con certa frecuencia unha serie do que chamanos Iconos rifPOPerz, por canto con icono da cultura popular, sexa underground ou non, tampouco imos ser sempre os raros do barrio, e no que caberá de todo, músicos, películas, homes, mulleres, cousas... o que sexa.
Outros tres, o fantástico Psycho Therapy, o tamén moi ochenteiro Time has come Today, que igual é o seu video máis coñecido... estas dúas son do fantástico 'Subterranean Jungle' de 1983. E por último unha sinxela montaxe con Chain Saw, con imaxes do filme que inspiraron o tema (The Texas Chain Saw Massacre)
Psycho Therapy:
Time Has come Today:
Chain Saw (montage con The Texas Chain Saw Massacre):
E agora videoclips, algo no que na súa extensa carreira non se estiraron moito, e sobre os que nunca tiveron moita decisión, pero algún son moi bos... Pet Sematary, para a película inspirada na obra de Stephen King, I want you around (canto dano fixeron os 80!!!) e o video de animación sobre o tema de Spider-Man, quizais o máis destacado de todos...
Ahí tedes 3 videos dos Ramones en acción. Primeiro Today Your Love, Tomorrow the World, un dos meus temas preferidos dos meus tocaios, de como un pequeno rapaz alemán precisa desa nena entes de conquista-lo mundo para o führer, logo unha actuación no mítico CBGB, e de terceiro un incunable do 74:
O dos Ramones foi único. A súa capacidade de sobrevivir ás modas ó longo de 25 anos foi sorprendente, tanto como a contradictoria historia dos catro de Queens, que pasaron de ser carne de yonki a comezos dos 70 para converterse en nenos mimados pola industria, recibir premios ipensables e converterse en historia viva na segunda metade dos 90 recibindo masivas e continuadas despedidas.
“No tenía adonde ir -confesó sobre sus comienzos en la banda Dee Dee-, entonces, cuando salí de la cárcel, volví a vivir con mi mamá, y estaba este tipo, John Cummings, que después iba a ser Johnny Ramone, que vivía enfrente y era bueno conmigo”.
Según Joel: "Conocín a Johnny de velo no instituto. Tommy e él eran amigos e estaba na mesma banda que o meu irmán Mitch. Logo fíxenme amigo de Dee Dee, que era amigo de Johnny. Coñecémonos todos e preguntoume se quería formar unha banda".Segundo a lenda, o nome dos Ramones ven dun antigo nome artistico que empregara Paul McCartney, aparecendo en público coma Paul Ramone, co cal a banda nace coma unha parodia-homenaxe a un icono pop.
Tocancovers das súas bandas favoritas (‘I fought the Law’, dos Bobby Fuller Tour, ou ‘Sheila’ de Tommy Roe). O 30 de marzo Dee Dee (baixo e voz), Johnny (guitarra) e Joey (batería) debutan no Performance Studio ante trinta persoas. Pero Dee Dee non era capaz de tocar e cantar ó mesmo tempo, así Joey pasa de baterista a vocalista, e o novo baterista... o manager da banda Thomas Erdelyi, dende entón Tommy Ramone.
En novembro do 75 firman con Sire Records, selo no que estaban case tóda-las bandas do punk NYC, coma Richard Hell & the Voidoids, Talking Heads e os tremendos Dead Boys.Neste contexto Ramones aparecerían na película “Blank Generation” de Amos Poe que logo se converteu nunca peza de culto do cinema independente e na que tamén aparecen Patti Smith, Talking Heads, Blondie, New York Dolls, Wayne County ou Televisión.
En 1976 publican o seu 1º Lp Ramones. E de inmediato viaxaron a Londres para tocar, alí foron recibidos polo máis escollido do movimento punk da city (Sid Vicious, Johnny Rotten, Malcom McLaren, Joe Strummer e Paul Cook), pero o pasotismo dos catro de Queens superaba con moito a actitude burlesca combatente e pseudo-política dos británicos...
Pronto chegaron os cambios na formación: Marky sentouse na batería en lugar de Tommy, e dende ahí terminou por configurarse unha estética que acompañaría á banda por sempre: chaqueta de coiro, gafas escuras evaqueiros destrozados. Pero as diferencias continuaron. Marka abondonou. Entra en escna Richie Ramone. A tensión reaparece cando se plantexan cambios na esencia musical da banda. Fronte á new wave, neses anos os Ramones contestan con Subterranean Jungle, Too Tought to Die ou Animal Boy, que con algunha concesión ó tempos son álbumes de pura enerxía, bizarrismo e diversión auténticamente punk. Un dos clásicos a citar, foi cando o escritor Stephen King propuxo á banda que compuxera o tema principal da película Cementerio de Animales, logo que recibiran o N.Y. Music Awards. Pero todo iso xa é historia e xa o sabedes... Dende mediados dos 90, e tras sobrevivir a todo tipo de modas e tendencias, e segundo din, moitos anos sen falar entre eles puxeron final á banda en 1996. En 2001 Joey Ramone morreu dun cancer linfático.
Dee Dee Ramone apareceu morto o 5 de xuño do 2002 na súa asa por sobredosis, e en 2004 Johnny Ramone morreu de cáncer de próstata...
Este fin de semana ides levar paliza por partida dobre:
VENRES 6 dXUÑO: Ramoneture Intermitente Session Unha homenaxe ós Ramones no aniversario da morte de Dee Dee con moito dos Ramones, demos, versións, directos e as orixinais que eles destrozaron. Todo a cargo de Munstapha nunha sesión intermitente.
SÁBADO 7 dXUÑO: DjCHOEU FUNK! Bastante claro para ter nada que explicar, pero con DjChoeu nunca sabe...
Ahí tedes un regaliño de Munstapha, da sesión do pasado venres 30 dMaio, garage, beat e yeyé francés dos 60... que vos guste: MUNSTAPHA "C'EST LA VIE" FRANCE AU GO-GÓ