viernes, 29 de mayo de 2009

Mañán Sábado, Psychedelic MUNSTAPHA!!!

Mañán Sábado 30, unha nova entrega de
PSYCHEDELIC MUNSTAPHA
(dende as 2 da mañán máis ou menos)
Cunha sesión saturada de pura sicodelia, freakbeat, garage psych, improvisación e moitos sonidos experimentais. Toda a noite adicada ós universos máis acidos...

jueves, 28 de mayo de 2009

Maís de Psychedelic Munstapha:





Strawberry Alarm Clock "Incense & Peppermints" (1967)

Outros que tampouco poden faltar son:
STRAWBERRY ALARMCLOCK
"Incense & Peppermints
"
(MCA, 1967)



Descargádeo aquí:
http://www.megaupload.com/?d=3TKYF9DU

E aquí uns videos, aínda que o orixinal de "Incense & Peppermints" non o atopei, unha pena porque é tremendo:



The Crazy World of ARTHUR BROWN (1968)

Outro que nunca falta nas sesións de Psychedelic Munstapha, é Arthur Brown, un dos maiores tolos que coñeceu o universo do rock'n'roll, e a humanidade enteira. Comezou na música a nivel profesional coa banda de soul The Foundations, pero inmediatamente comezou o seu proxecto en solitario: O tolo mundo de Arthur Brown, no que el era o Rey do Inferno. Un dos pioneiros do Shock Rock, xunto con Screaming Lord Sutch, e un dos maiores expoñentes do FreakBeat e da psycodelia, e referente para toda a porquería de rock progresivo que veu despois...
Gañouse a fama a base do seus concertos incendiarios (literalmente) e ás súas extravagantes postas en escena, as boas cancións fixeron o resto (Fire foi num#1 en UK durante moitas semanas e #2 nos USA, que en 1968, eso era moito)
Aquí vos deixo a súa maior xoia, o seu segundo álbum:
THE CRAZY WORLD
OF ARTHUR BROWN

[Polydor 1968]




descargádeo en
The Roadhouse Viander:
http://the-roadhouse-viander.blogspot.com/2009/05/arthur-brown-crazy-world-of.html

[http://rapidshare.com/files/172863901/ARTHUR_BROWN-THE_CRAZY_WORLD-.rar.html]





E aquí o tedes en directo
:



The Deep "Psychedelic Moods (a mind expanding Phenomena)" de 1966.

Outra das bandas que soará moito son
THE DEEP
autores de unha das obras mestras do xénero:
"Psychedelic Moods
(A Mind Expanding Phenomena)
"

[Parkway/Radioactive, 1966]



descargádeo no blog Ptooff nunha fantástica entrada con máis de 60 álbumes de garage sicodélico norteamericano entre os anos 1965 e 1969, incluíndos a The 13th Floor Elevators, Country Joe and The Fish, Psychotic Reaction, The Electric Prunes, Music Machine, Kaleidoscope ou Blue Cheer entre outros moitos, ademáis de incluir a caixa dos primeiros Nuggets, adicados ó garage-psych dos USA.

E aquí tedes videos e audio de The Deep:



Documental "Captain Beefheart Under Review"

E para rematar con Captain Beefheart, no mesmo blog que o album anterior, atoparédesvos co domcumental:
"CAPTAIN BEEFHEART UNDER REVIEW"

editado no ano 2006



Asi que aquí o tedes, no Filmuzika:
http://filmuzika.blogspot.com/2009/04/captain-beefheart-under-review.html
(tedes o link para a descarga nos comentarios á entrada)

Captain Beefheart & His Magic Band "Safe as Milk" (1967)

I este é o meu disco favorito deste tolo:
CAPTAIN BEEFHEART
& His Magic Band

"Safe as Milk" (1967)




descargádeo no blog
Filmuzika:
http://filmuzika.blogspot.com/2009/01/captain-beefheart-his-magic-band-safe.html

(tedes o link a rapidshare nos comentarios da entrada)

Captain Beefheart & His Magic Band: "Trout Mask Replica"

Aquí vos deixo unha das xoias:
CAPTAIN BEEFHEART
& His Magic Band

"Trout Mask Replica" (1969)



Baixádeo no blog
DirtyMuzic:
http://dirtymuzic.blogspot.com/2008/08/captain-beefheart-trout-mask-replica.html
(picade na portada para descargar)

Documental sobre CAPTAIN BEEFHEART

E aquí tedes un fantástico documental sobre Captain Beefheart, realizado pola BBC en 1997, e guiado polo grande John Peel, coa intervención do propio Beefheart, Frank Zappa, Ry Cooder e Matt Groening entre outros moitos, ademáis de rescatar gravación en directo de tóda-las súas etapas:





Captain Beefheart & His Magic Band

E para ir introducindo a sesión do sábado de Psychedelic Munstapha, imos a ir presentándovos algúns dos artistas que máis soaran... En primeiro lugar...
CAPTAIN BEEFHEART
& His Magic Band

aquí tedes algúns videos:



Sábado 30: Psychedelic MUNSTAPHA

Este Sábado 30, unha nova entrega de
PSYCHEDELIC MUNSTAPHA
(dende as 2 da mañán máis ou menos)
Cunha sesión saturada de pura sicodelia, freakbeat, garage psych, improvisación e moitos sonidos experimentais. Toda a noite adicada ós universos máis acidos...



The Lyres + Los Justicieros na Sala Boogaloo

I este venres (29 de Maio) unha nova entrega da Sala Boogaloo, con
LOS JUSTICIEROS
que acompañarán a unha das bandas máis importantes de garage nunha ocasión única de velos na súa formación orixinal:
THE LYRES


The Phantom Keys + The Attacks na Nasa

Mañan Xoves 28 de maio concerto na Sala NASA de Santiago para conmemora-lo primeiro aniversario do EMBORA:
Os Daneses
THE ATTACKS

e dende O Grove
THE PHANTOM KEYS



martes, 26 de mayo de 2009

The Lost World - 1925

Aquí tedes a nova edición restaurada de The Lost World de 1925.
En 7 partes, non vo-la perdades:







O Profesor Challenger en Mondo RifPOP



O Venres da semana pasada cumpríronse 150 anos do nacemento de Sir Arthur Conan Doyle (22 de maio de 1859, Edimburgo) e por suposto no Reino Unido e por todo o mundo se celebrou da man do máis famosos dos seus persoaxes: Sherlock Holmes. Dende logo estiven moi tentado a adicarlle unha nova entrega de Mondo RifPOP ó detective de Baker Street, sobre todo ó desenrolo do personaxe nas pelis de Basil Rathbone dos anos 30 e 40, das adaptacións da Hammer con Peter Cushing, ou a serie de Granada TV para a BBC con Jeremy Brett... ah! e tamén a fantástica comedia ("Sin Pistas") na que Michael Caine interpreta a un Holmes inutil, no Watson é quen ten que facelo todo...
Pero sen embargo Doyle non só se adicou a escribi-las aventuras de Holmes, o seu libro máis contundente é "A Guerra dos Boers", pero iso xa é outra historia por desgracias máis real que fantástica. Houbo outros personaxes excéntricos que cautivaron a miles de lectores na súa época, o máis fantástico de todos eles foi o PROFESOR CHALLENGER.
Nas novelas o profesor Challenger, chamado George Edward Challenger, está caracterizado coma un vello rosmón, un científico superlativo que para desgracia súa somentes se atopa cos descubrimentos máis importantes da historia, unha e outra vez, ou ben dinosaurios, ou espítritus de outro mundo, ou marcianos... sempre así.
Ese carácter refórzase coas figuras do seu entorno, posto que o mundo científico e a prensa sempre o tratan coma una tolo cada vez que fai un novo anuncio, e iso fai que teña que agredir a xornalistas ou desacreditar públicamente a colegas investigadores, dndo lugar a situacións moi cómicas. Pero como podedes observar, estas historias do Profesor Challenger estarían máis preto da autoria de Jules Verne que do que vos podedes imaxinar do autor de Holmes, pero é que Doyle fixo de todo.

As novelas sobre o profesor Challenger foron:

- The Lost World (El mundo perdido, 1912).

- The Poison Belt (1913).

- La zona Ponzoñosa (The Land of Mist, 1926).

- La máquina desintegradora (The Disintegration Machine, 1927).

- When the World Screamed (1928).

Por suposto, todas estas aventuras paracientíficas tamén traspasaron a literatura, e foron adaptadas a outros formatos: comic e ilustración, teatro, e sobre todo ó cine, non tan famosas coma Holmes, pero sen embargo houbo desas novelas que trascendeu a literatura e o tempo: O mundo perdido de 1912, adaptada en numerosas ocasión ó cine.
Trátase de unha novela clásica, de aventura, no que se produce un choque a dous niveles, a civilización corrupta choca coa pureza da barbarie. Na historia orixinal, o profesor Challenger volve a Londres dunha viaxe a unha zona descoñecida de sudamérica, dunha meseta incomunicada na que todo está como hai millóns de anos (inspirado nas mesetas de Roraima entre Venezuela, Guyana e Brasil, que no século XIX foron obsesión dos científicos).
Afirma ter visto dinosaurios i outras especies sorprendentes, pero sen proba algunha, polo que solicita na Academia das Ciencias que se financie unha nova expedición. E así é. Chegan o seu destino, recibidos por xigantescas plantas carnívoras, dinosaurios e unha tribu de primitivos... ademáis de descubrir que aquelas terras xa foran descubertas por máis de un membro desa expedición na busca de toneladas de diamantes... o resto xa o debedes de ver vós mesmos... un argumento perfecto para o cine, que ademáis de ser adaptado, inspirou a outros moitos guións coma King Kong ou Quatermass (aínda que este atopaba o que viña do espacio exterior).

En 1924 rodouse unha 'versión oficial', supervisada polo propio Arthur Conan Doyle. O resultado foi, por suposto "O Mundo Perdido" estreada en 1925, cine mudo, que acadou un éxito sin precedentes ata o momento no cine, polo que as seguintes copias se lle engadiron bandas sonoras, e tristemente as copias orixinais mudas xa non existen no seu metraxe orixinal, aínda que se recuperaron uns 94 minutos, incluíndo a introducción realizada polo propio Conan Doyle. Foi protagonizada por varios dos actores máis famosos daquel tempo: Bessie Lowe, Lewis Stone e Wallace Beery. A adaptación é moi fiel á novela, agás a inclusión da muller na expedición, por motivos comerciais, que non aparecía por escrito. E tamén muda ó final, cando Challenger e compañía levan exemplares de dinosaurios a Londres, e rematan por destruí-la cidade (aquí inspirouse totalmente King Kong). Pero se por algo esta cinta é unha peza maestra, é polos efectos especiais, obra de Willis O'Brien, empregando a a técnica de 'stop motion' (animando os fotogramas de un en un).


Aínda que esta cinta inspirou outros moitos traballos, non foi ata 1960 cando se realizou unha nova versión da novela a todo color (El Mundo Perdido, 1960). Para o papel de challenger contaron con Claude Rains. A pesar de contar cun presuposto de escándalo, a cinta quedou nun proxecto moi mediocre, achegándose casi ó cine infantil de aventuras. Por exemplo cando chegan á meseta, e Summerle se mete nunha planta carnívora xigante da lugar a unha situación cómica, non á tensión da cinta orixinal. Os efectos especiais son do mesmo autor que os da cinta de 1924, o cal lle da un encanto especial, pero pouco máis... Das outras adaptacións posteriores, para cine e tv mellor que vos esquezades.










Pero Challenger correu máis aventuras, aínda que con menos éxito, que vos recomendo que leades. E para ver en cine, buscade a versión de 1925.

E aquí tedes o trailer da cinta orixinal, que tamén atopei en youtube, pero vola poño na seguinte entrada:


lunes, 25 de mayo de 2009

Os boletin de "Mocidade en Marcha" na web.

Dende a semana pasada están dispoñibles na web os boletíns
"Mocidade en Marcha" publicados por Cambados.tk



Mentres agardamos pola seguinte entrega, tedes todo-los editados ata agora neste enlace:
http://pardoplanas.blogaliza.org/mocidade-en-marcha/

E para todo o demáis, xa sabedes:
Cambados (tk)

Tributo a The Monks

E para rematar con THE MONKS, aquí vos deixo o disco doble de tributo, publicado no 2006, xusto cando se estreou oficialmente o documental que agora sae en dvd. Conta con The Fall, Psychic TV (PTV3), Jon Spencer, Faust, Chicks on Speed, Silver Apples, Alan Vega, The 5-6-7-8's, The Raincoats, Alec Empire ou The International Noise Conspiracy entre outros moitos:
SILVER MONK TIME
A Tribute to The Monks.

(Play Loud! 2006)



Ahí o tedes:
http://www.megaupload.com/?d=OV1MZIFG



domingo, 24 de mayo de 2009

o album da semana: "Black Monk Time" de The Monks!!!

E por suposto aquí tedes o álbum mitico dos Monks:
THE MONKS:
"Black Monk Time"
[Polydoor 1966]




aquí o tedes, tremendo:
http://www.megaupload.com/?d=HPKB44PM


Hoxe en Libro de Notas: THE MONKS (en 'De Ventrílocuos Impostores')

Hoxe en Libro de Notas, unha nova entrega da columna 'De Ventrílocuos Impostores', adicado a unha das bandas máis controvertidas, provocadoras e adiantadas ó seu tempo:
THE MONKS.

Xusto agora que se edita en dvd o documental The Monks, The Transatlantic Feedback, e que ven a facer un pouco máis de xustiza con esta banda. The Monks estaba formado por soldados norteamericanos destinados en bases da RFA, que ó remata-lo servicio decidiron quedarse nunha Europa chea de oportunidades e moito máis receptiva políticamente ós seus discursos. Innovaron en tódo-los aspectos, ninguén fixera esa música naquel momento, ninguén dixera tantas burradas, e ninguén se atrevera a sair vestido de cura nos anos 60. Únicos, ademáis dos seus peinados tonsurados...


The Monks. De la blasfemia trasatlántica

Mon Falcón - De ventrílocuos impostores

La historia de The Monks fue tan intensa que no dejó indiferente a nadie. Sus letras escandalizaron a la Alemania de posguerra, con su ideología política radical, el sexo explícito y la violencia. Todos los estamentos sociales renegaban de ellos, la iglesia, el ejército, la prensa y la TV, los muchos compatriotas estadounidenses que por aquel entonces permanecían en Alemania, y por supuesto las fuerzas del orden público que tenían que intervenir en cada uno de sus conciertos, aunque también fueron utilizados por la vanguardia cultural germana como respuesta al boom británico, bautizándoles como los Anti-Beatles.
[artículo completo]

E lembrade visitar a diario LIBRO DE NOTAS!!!

Aquí os tedes en directo:



viernes, 22 de mayo de 2009

Domingo 24 - Alejandra Burgos no Continental.

Este Domingo 24 de Maio, ás 22:30h. música en directo no CONTINENTAL:
ALEJANDRA BURGOS
acompañada polo guitarrista Antonio Aranda.
Unha noite de blues, country e rockabilly.




Aquí tedes a súa web:
http://www.alejandraburgos.com/1024/index.php

Aquí tedes unha entrevista:



i en directo:




jueves, 21 de mayo de 2009

QUANT no Despregable#21!!!

E aquí vos oresebta á banda protagonista neste Despregable#21:
QUANT, e o seu novo álbum
"New Adventures in Full Colour"




Un álbum fantástico con 14 temas e 3 videoclips, que podedes encarlles por email por só 5€ (oscarquant@gmail.com) pero tamén podedes descargalo de balde, así como case tóda-las maquetas e Ep's anteriores na web de A Regueifa:
http://aregueifanetlabel.blogspot.com/2009/03/quant-new-adventures-in-full-colour.html

Tedes toda a info na súa web:
http://www.quantweb.tk/

E por suposto non vos perdades a entrevista con Oscar Quant neste Despregable#21!!!

Aquí vos deixo os seus videoclips:





Despregable#21

Xa está listo o Despregable#21 (abril-xuño 2009), que dende este fin de semana podedes atopar na rúa e nos puntos i establecementos habituais, con un pouco de retraso (ben, con un pouco máis do normal) pero que vos compensamos con 60 páxinas do máis variadas.


Nel podedes atopar entrevistas de reportaxes coma o de QUANT, unha banda de Ferrol empeñada en face-la canción pop perfecta, presentámosvos a outro fanzine moi especial, DEVINO TESORO; no plano diplomático entrevistamos a Alberto Ruíz de Samaniego, novo director da Fundación Seoane da Coruña, presentámosvos o traballo de ELENA BUCH a través da súa nova mostra "E despois". A fotografía está desta vez protagonizada por Sira Bilbao Melcón, e o comic polas tiras de ASH. Tamén podedes atopar as crónicas dos nosos reporteiros no Festival do Norte, no Flu Pop e da Sala Boogaloo, que tamén nos adiantan as próximas datas.
Ademáis tedes tóda-las seccións habituais: o boletín do SPJ, La Cara B de DavidA, e as nosas recomendacións de libros, comic e discos...
E ademáis para socios, embaixadores e sospeitosos habituais, este número acompáñase dunha nova entrega do SPJ
Jazz no Principal Vol. 4


Non vo-lo perdades!!!

Toda a info no blog da
Embaixada Prusiana.

miércoles, 20 de mayo de 2009

O album da semana "It Came from the Garage"

E aquí tedes a outra referencia que vos comentaba, desta vez adicada ó sr. Michi Calambres, tamén dos arqueólogos de Big Beat, publicada no 2007, e que compila bandas de garage (máis beat que psych, aínda que hai que un pouco de todo) de Downey Records entre os anos 1964 e 1967, que agrupaba bandas do sur de California (San Diego, Anaheim, Pasadena, Long Beach, etc..) desta vez moito menos coñecidas coma The Rumblers, The Barracudas (por suposto non os dos 80), The Bel Cantos, The Last Word, ou os tremendos Sir Frog & The Toad:
IT CAME FROM THE GARAGE
(Nuggets from Southern California)

[Big Beat 2007]




Aquí o tedes:
http://www.megaupload.com/?d=G07XKGP3

martes, 19 de mayo de 2009

O album da semana "You Got Yours"

E aquí vos deixo as dúas referencias que comprei nas últimas semanas do selo Big Beat, dúas fantásticas recopilacións de bandas de garage, beat e rhythm'n'blues de california, a primeira adicada ás bandas de garage-beat da bahía oriental de San Francisco, entre os anos 1965 e 1967, entre os que podedes atopar a The Baytovens, The Just Six, The Epics, The Gants ou The Soul Vendors:
YOU GOT YOURS!
(East Bay Garage 1965-1967)

[Big Beat 2007]

"A Man Sagrada" de CHOURIZO FILMS.

E aquí tedes a nova curta de Chourizo Films, presentada o pasado sábado 16 na cerimonia de entrega dos VI Premios Ramón Cabanillas:
A Man Sagrada
:


Unha adaptación de 'A Man Segreda' de Cabanillas, coa dirección e guión de Rodrigo Piñeiro e Xaco Dominguez, con Perto Costa e María Pedreira como actores e a voz en off de Carlos Blanco.

Tódo-las curtas e demáis videos na
canle
de Chourizo Films en youtube.

Unha selección de Stoner, por Munstapha.

Aquí tedes unha pequena selección de temas da sesión 'Stoner & Smoker' que o pasado sábado 16 ofreceron os RifRocKerZ.DjSet. Aquí tedes unha recopilación de 20 temas de Stoner feita por Munstapha. (outra día vos subirei unha selección cos mellores temas de Smoker, a ver si lle queda claro a Comomepos!!!)


Aquí o tedes:
http://www.megaupload.com/?d=K2TR2JO8


viernes, 15 de mayo de 2009

O álbum da semana: "Death by Unga Bunga!!" de THE MUMMIES.

Xa se me olvidaba poñervos o álbum da semana, entre moitas cousas que estiven pensando, ó final as deixei para próximas entregas que poida presentarvos con máis tempo, así que desta vez tirei polo fácil: banda directa e suxa, que para quenes non os coñezades, só poderedes entender escoitando a súa música:
THE MUMMIES
"Death by Unga Bunga!!"

(2004 Estrus Records)



descargádeo aquí:

http://www.megaupload.com/?d=F6S8KKP8

E aquí os tedes en accion:




Este Sábado 16 "Stoner & Smoker" cos RifRocKerZ.DjSet

Este sábado, 16 de maio nova sesión cos.
RifRocKerZ.DjSet
"Stoner & Smoker"

con Kurco SoundSystem, Comomepos e Munstapha
.
Guitarras do deserto, ritmos hipnóticos e moito ácido!!!



miércoles, 13 de mayo de 2009

ISI VAAMONDE en iTunes.

Dende esta semana xa podedes atopar o álbum
Unsportsmanlike World
de Isi Vaamonde en iTunes:




http://itunes.apple.com/WebObjects/MZStore.woa/wa/viewAlbum?id=314576269&s=143454

Fecha de lanzamiento: 11/05/2009
Género: Rock
℗ 2009 Autoedita

martes, 12 de mayo de 2009

Nova Curta de Chourizo Films, nos 6º Premio Ramón Cabanillas

Este sábado 16, Chourizo Films estrea unha nova curta inspirada nun poema de Cabanillas: "A Man Sagrada", de Rodrigo Piñeiro e Xaco Dominguez, coa interpretación de Ruperto Costa e María Pedreira, e a colaboración especial de Carlos Blanco.

A presentación inclúese no acto de entrega do 6º PREMIO RAMÓN CABANILLAS, que otorga a Asociación de Libreiros de Pontevedra, nesta ocasión concedido a Fco. Fernández Rei, nun acto moi completo en colaboración con Unha Grande Che, que tamén contará coas intervencións do poeta Xosé Mª Ribadomar, coa actuación de Xoán Silva, Blas e Xaquín Xesteira, e co estelar concerto de piano que nos ofrecerá Miguel Costas Piño.


O Sábado 16, no Auditorio de A Xuventude ás 21:00h.

Non vo-lo perdades.

"En Precario" de Miguel Anxo Martínez. Noraboa Miguel Anxo!!!

Hoxe entereime pola web de Unha Grande Chea
de que o noso amigo do Faro de Vigo
Miguel Anxo Martinez,

publicou unha novela: "En Precario".


E como non podía ser de outra maneira, logo de tantas entrevistas que me ten feito no xornal, aquí vos recomendo que corrades a mercala, e por suposto devorala en un par de tardes.
E dende aquí, que sei que lle botas un ollo de vez en cando, noraboa Miguel Anxo!!!

Toda a info na web de

Unha Grande Chea.

Entrevista con Antonio Vega no Despregable#20


Na madrugada de hoxe morreu Antonio Vega, a min xa sabedes nunca me dixo moito, pero para os que vos gustaba, un saudo a todos, que sei que sodes moitos, aquí vos deixo unha parte da entrevista que lle fixo Juan Roberto para o Despregable nº 20 (xaneiro-marzo 2009) aproveitando os concertos que fixo en Cambados gracias a Nova Producións: (pinchade para ampliar)

jueves, 7 de mayo de 2009

O album da semana "Get it Back" de THE SEA.

Deixamos polo momento o repaso a algunhas xoias da sicodelia para traervos un álbum que levo escoitando toda a semana, un dúo con única formación de guitarra-batería, que nos traen 11 cañonazos, uns máis afortunados que outros, e que sonan a moitas cousas que xa coñecíamos, pero ó que hai que ir, e iso sempre é de agradecer:
THE SEA
"Get it Back"

(Phantom Sound and Vision, 2009)



descargádeo no blog
Los Mundos de Fede.
http://losmundosdefede.blogspot.com/2009/04/sea-get-it-back.html
(picando na portada do álbum)

e aquí vos deixo un par de videos:



4 anos de Cambados (Tk)

Hoxe Cambados (Tk) e a súa marea laranxa cumpren 4 anos.



esta é a súa última entrada na que nos conta como comezou todo:
"Catro anos baixo a Óptica Laranxa"


Noraboa Óscar e compañia, e a seguir así...
e a ver si segues ó dia dende Dinamarca!!! Seguro que sí.

martes, 5 de mayo de 2009

O album da semana "Things" de MERRELL FANKHAUSER & H.M.S. BOUNTY.

E seguimos con álbumes de sicodelia, desta vez unha das maiores xoias de pop sicodélico dos anos 60:
MERRELL FANKHAUSER
& H.M.S. BOUNTY

"Things" de 1968.



Descargádeo no blog
Wateke Salvaje.
http://elritual-wildparty.blogspot.com/2009/03/merrell-fankhauser-h.html
http://www.mediafire.com/?j2fw2a2jz2r

Dous novos álbumes de Paco Charlín!!!

Quenes o coñecedes, xa sabedes que este tipo nunca para, e sempre para traernos boas novas, agora preséntanos dous novos álbumes, así dunha atacada:
En primeiro lugar o álbum que estivo presentando na xira que o levou os pasados meses de marzo e abril por toda Galicia:
Paco Charlín
"THE GAME"
no que Paco Charlín está acompañado por
Ambrose Akinmusire (trompeta)
Walter Smith III (saxo tenor)
Aaron Goldberg (piano e rhodes)
Marcus Gilmore (bateria)
e por suposto Paco Charlín ó contrabaixo.



E en segundo lugar:
Paco Charlín
"Organic Motion Philosophy
"
coa seguinte formación:
Paco Charlín (contrabaixo)
Marcus Strickland (saxo tenor e soprano)
Lage Lund (guitarra)
Juanma Barroso (bateria)




Toda a info na web de
Free Code Jazz Records