Pero sen embargo Doyle non só se adicou a escribi-las aventuras de Holmes, o seu libro máis contundente é "A Guerra dos Boers", pero iso xa é outra historia por desgracias máis real que fantástica. Houbo outros personaxes excéntricos que cautivaron a miles de lectores na súa época, o máis fantástico de todos eles foi o PROFESOR CHALLENGER.
Nas novelas o profesor Challenger, chamado George Edward Challenger, está caracterizado coma un vello rosmón, un científico superlativo que para desgracia súa somentes se atopa cos descubrimentos máis importantes da historia, unha e outra vez, ou ben dinosaurios, ou espítritus de outro mundo, ou marcianos... sempre así.
Ese carácter refórzase coas figuras do seu entorno, posto que o mundo científico e a prensa sempre o tratan coma una tolo cada vez que fai un novo anuncio, e iso fai que teña que agredir a xornalistas ou desacreditar públicamente a colegas investigadores, dndo lugar a situacións moi cómicas. Pero como podedes observar, estas historias do Profesor Challenger estarían máis preto da autoria de Jules Verne que do que vos podedes imaxinar do autor de Holmes, pero é que Doyle fixo de todo.
As novelas sobre o profesor Challenger foron:
- The Lost World (El mundo perdido, 1912).
- The Poison Belt (1913).
- La zona Ponzoñosa (The Land of Mist, 1926).
- La máquina desintegradora (The Disintegration Machine, 1927).
- When the World Screamed (1928).
Por suposto, todas estas aventuras paracientíficas tamén traspasaron a literatura, e foron adaptadas a outros formatos: comic e ilustración, teatro, e sobre todo ó cine, non tan famosas coma Holmes, pero sen embargo houbo desas novelas que trascendeu a literatura e o tempo: O mundo perdido de 1912, adaptada en numerosas ocasión ó cine.Trátase de unha novela clásica, de aventura, no que se produce un choque a dous niveles, a civilización corrupta choca coa pureza da barbarie. Na historia orixinal, o profesor Challenger volve a Londres dunha viaxe a unha zona descoñecida de sudamérica, dunha meseta incomunicada na que todo está como hai millóns de anos (inspirado nas mesetas de Roraima entre Venezuela, Guyana e Brasil, que no século XIX foron obsesión dos científicos). Afirma ter visto dinosaurios i outras especies sorprendentes, pero sen proba algunha, polo que solicita na Academia das Ciencias que se financie unha nova expedición. E así é. Chegan o seu destino, recibidos por xigantescas plantas carnívoras, dinosaurios e unha tribu de primitivos... ademáis de descubrir que aquelas terras xa foran descubertas por máis de un membro desa expedición na busca de toneladas de diamantes... o resto xa o debedes de ver vós mesmos... un argumento perfecto para o cine, que ademáis de ser adaptado, inspirou a outros moitos guións coma King Kong ou Quatermass (aínda que este atopaba o que viña do espacio exterior).
En 1924 rodouse unha 'versión oficial', supervisada polo propio Arthur Conan Doyle. O resultado foi, por suposto "O Mundo Perdido" estreada en 1925, cine mudo, que acadou un éxito sin precedentes ata o momento no cine, polo que as seguintes copias se lle engadiron bandas sonoras, e tristemente as copias orixinais mudas xa non existen no seu metraxe orixinal, aínda que se recuperaron uns 94 minutos, incluíndo a introducción realizada polo propio Conan Doyle. Foi protagonizada por varios dos actores máis famosos daquel tempo: Bessie Lowe, Lewis Stone e Wallace Beery. A adaptación é moi fiel á novela, agás a inclusión da muller na expedición, por motivos comerciais, que non aparecía por escrito. E tamén muda ó final, cando Challenger e compañía levan exemplares de dinosaurios a Londres, e rematan por destruí-la cidade (aquí inspirouse totalmente King Kong). Pero se por algo esta cinta é unha peza maestra, é polos efectos especiais, obra de Willis O'Brien, empregando a a técnica de 'stop motion' (animando os fotogramas de un en un).
Aínda que esta cinta inspirou outros moitos traballos, non foi ata 1960 cando se realizou unha nova versión da novela a todo color (El Mundo Perdido, 1960). Para o papel de challenger contaron con Claude Rains. A pesar de contar cun presuposto de escándalo, a cinta quedou nun proxecto moi mediocre, achegándose casi ó cine infantil de aventuras. Por exemplo cando chegan á meseta, e Summerle se mete nunha planta carnívora xigante da lugar a unha situación cómica, non á tensión da cinta orixinal. Os efectos especiais son do mesmo autor que os da cinta de 1924, o cal lle da un encanto especial, pero pouco máis... Das outras adaptacións posteriores, para cine e tv mellor que vos esquezades.
Pero Challenger correu máis aventuras, aínda que con menos éxito, que vos recomendo que leades. E para ver en cine, buscade a versión de 1925.
E aquí tedes o trailer da cinta orixinal, que tamén atopei en youtube, pero vola poño na seguinte entrada:
No hay comentarios:
Publicar un comentario