martes, 12 de mayo de 2009

Nova Curta de Chourizo Films, nos 6º Premio Ramón Cabanillas

Este sábado 16, Chourizo Films estrea unha nova curta inspirada nun poema de Cabanillas: "A Man Sagrada", de Rodrigo Piñeiro e Xaco Dominguez, coa interpretación de Ruperto Costa e María Pedreira, e a colaboración especial de Carlos Blanco.

A presentación inclúese no acto de entrega do 6º PREMIO RAMÓN CABANILLAS, que otorga a Asociación de Libreiros de Pontevedra, nesta ocasión concedido a Fco. Fernández Rei, nun acto moi completo en colaboración con Unha Grande Che, que tamén contará coas intervencións do poeta Xosé Mª Ribadomar, coa actuación de Xoán Silva, Blas e Xaquín Xesteira, e co estelar concerto de piano que nos ofrecerá Miguel Costas Piño.


O Sábado 16, no Auditorio de A Xuventude ás 21:00h.

Non vo-lo perdades.

No hay comentarios: