jueves, 21 de mayo de 2009

Despregable#21

Xa está listo o Despregable#21 (abril-xuño 2009), que dende este fin de semana podedes atopar na rúa e nos puntos i establecementos habituais, con un pouco de retraso (ben, con un pouco máis do normal) pero que vos compensamos con 60 páxinas do máis variadas.


Nel podedes atopar entrevistas de reportaxes coma o de QUANT, unha banda de Ferrol empeñada en face-la canción pop perfecta, presentámosvos a outro fanzine moi especial, DEVINO TESORO; no plano diplomático entrevistamos a Alberto Ruíz de Samaniego, novo director da Fundación Seoane da Coruña, presentámosvos o traballo de ELENA BUCH a través da súa nova mostra "E despois". A fotografía está desta vez protagonizada por Sira Bilbao Melcón, e o comic polas tiras de ASH. Tamén podedes atopar as crónicas dos nosos reporteiros no Festival do Norte, no Flu Pop e da Sala Boogaloo, que tamén nos adiantan as próximas datas.
Ademáis tedes tóda-las seccións habituais: o boletín do SPJ, La Cara B de DavidA, e as nosas recomendacións de libros, comic e discos...
E ademáis para socios, embaixadores e sospeitosos habituais, este número acompáñase dunha nova entrega do SPJ
Jazz no Principal Vol. 4


Non vo-lo perdades!!!

Toda a info no blog da
Embaixada Prusiana.

No hay comentarios: