miércoles, 28 de octubre de 2009

O álbum da semana: "Pyschsploitation" dos SATAN'S PILGRIMS

O álbum desta semana é para unha banda moi mítica, e nunca suficientemente recoñecida. The Satan's Pilgrims formáronse en 1992 en Portland e a súa receita é ben sinxela, o surf de toda a vida dos The Ventrues e demáis, un pouco de garage e potente r'n'b coa contundencia das súas tres guitarras, un hammond superamplificado e a revisión de todo o sonido revival, facendo novas lecturas das mellores bandas dos 60 coma The Sonics ou The Wailers, outros máis heterodoxos coma The Monks, e de outros sonidos coma o boogaloo ou o yeyé francés, e co retrovisor sempre posto no cine e na tv de serie B homenaxeando a figuras coma Peter Lorre, The Godfather, vampiros, monstruos varios e demáis... todo iso se mestura no coñecido Pilgrims' Sound que practican os auténticos demos da praia.
Dende o 2004, cando publicaron o doble recopilatorio Plymouth Rock, sin ter noticias deles, agora volven cunha nova obra mestra:

THE SATAN'S PILGRIMS
"Psychsploitation"
[SP Recs, 2009]


Descargádeo no blog Zona Vermella:
[pica na portada]


No hay comentarios: