Esta semana un dos máis grandes clásicos dos últimos 30 anos.
Un álbum bizarro, extraño e fantástico. Ruidista e armónico, feito a retais, con toda a cacharrada posible e o clasicismo formal do cabaret berlinés. 'Sworfishtrombones' é jazz, son berros animais, é ferralla de metal, son disparos e sereas, é delincuencia, e ventos, moitos ventos e moito ritmo.
Pura experimentación nun momento no que case todo o mundo se deixaba ir. Isto é punk amigos...
TOM WAITS
"Swordfishtrombones"
(Island 1983)
1 comentario:
Discazo!
Puras emanacións alcohólicas...
Publicar un comentario