Unha semana coma esta, máis ou menos, de hai cinco anos tiñamos o pracer que presentarvos o primeiro show de Casiopeo no Rif-Rock. Logo coñecido como Kosala Micosa, máis tarde como Penereto Peronoretto... pero sempre en compañía das sesións de DjChoeu. Despois chegaron sesións en k7, en vinilo, de funk, de covers... e unha morea de temas propios inesquecibles saídos da factoría dadá de Carlos Casiopeo, o auténtico mestre do lo-fi. Aquela primeira noite, horas despois de ter rematado o seu show, de repente colocouse diante dos seus trebellos para ofrecernos este 'Blue Monday' de New Order. Foi o 15 de marzo do 2008...
Era un plan estupendo para a tarde do sábado, pero co cambio do programa xa non poderemos asistir. Estamos a falar do SEARA FESTIVAL en Vigo para este sábado (30 de marzo) organizado pola xente de Seara Records con tóda-las súas bandas, que se ía celebrar no espazo Detrás do MARCO (detrás do propio museo, está fácil non?) contando con Jay, Szentes, Disco Las Palmeras!, Vietnam, Lobishome, Mullet, Puma Pumku, Travesti Afgano e Los Locos Hongos. En directo, todo seguido dende as 17:00h. e con mercadillo e demáis... pero ó aire libre. Así que o novo plan é que toda a actividade se traslada ó escenario de La Iguana dende as 20:00h. mantendo a entrada de balde. Nós xa non poderemos ir con este horario. Pero se estades por Vigo non o deberiades perder.
Esta semana, coma tódo-los anos, aproveitamos os festivos e abrimos de Mércores a Sábado co horario habitual... catro días seguidos de RifRocKerZ!!! Así que xa sabedes, esta mesma noite xa estamos de volta con maletín de discos preparado. (como tiñamos de fondo vinilos dos Guided by Voices, xa non imos cambiar...)
Esta semana un novo show dos cambadeses STAND BY, outra oportunidade para todos aqueles que nos perdimos o anterior, e por suposto para os incondicionais que repetirán seguro. Será este xoves 28 de marzo en Delic (Vilanova).
Aquí tedes unha selección do pasado venres, unha entrega das Black Grooves que quedou moito máis rockeira do habitual. Centrado en sons moito máis recentes, fixemos o experimento de que J"LC" se encargara da escoller de entre o que ía sonando para esta selección. Cousa rara!!! Seguro que vos gusta...
Psych.Munstaphá "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!"(NSFSeries Vol.13)
Esta noite voltamos das nosas (merecidas) vacacións cunha nova entrega da serie Fuck'U Whiteys... Black Grooves! pero desta vez fuxindo dos clásicos ou das rarezas perdidas, así que nos adicaremos ós sons e artistas máis recentes da música negra. Moita transgresión, non apto para puristas...
Supoño que xa estaredes enterados que unha das novas da semana foi a aparición en internet dunhas grabacións inéditas dos Smiths, unha demo grabada en maio de 1983, en directo en medio dun almacén cun micrófono estéreo e recollida en cassette, así de sinxelo.
Son temas previos á entrada no estudio para traballar no seu primeiro álbum, nove en total: You've Got Everything, Accept Yourself, What Difference Does It Make, Reel Around The Fountain, These Things Take Time, I Don't Owe You Anything, Hand In Glove, Handsome Devil e Miserable Lie.
Na nova de El País recollen o texto do autor da subida, e como Mike Joyce (batería de The Smiths) colaborou na difusión...
Me pasó la casete original una fuente cercana a la banda, que realizó la grabación - vamos a llamarlo Pablo Cuckoo- en 1997, con el fin de tratar de sacarlo como un disco semioficial. Fue grabado antes de que la banda firmara con Rough Trade, por lo que técnicamente él tenía los derechos de la grabación. Pero la mezcla de la mala calidad del sonido y la amenaza de Warner Bros, significó que la idea fuera descartada. La cinta original se pasó a DAT en ese momento, pero la copia desapareció poco después. Para mi sorpresa, reapareció hace unas semanas mientras yo estaba repasando cajas llenas de viejas cintas ¡La calidad es mucho mejor de lo que yo recordaba!
De todos modos, es una buena escucha y debe ser una de las primeras grabaciones de la banda, sobre todo no en concierto. Lamentablemente no hay mucha charla entre canciónes, que podría haber sido interesante ...
Disfrutad de la cinta y por favor que circule libremente, ¡pero sin cobrar!
Poco después la cinta aparecía en Youtube, donde al parecer la descubría Mike Joyce, antiguo batería del grupo que enviaba un tuit al respecto hace 22 horas. "¿Fan de The Smiths? Aquí dejo una de las primeras grabaciones, probablemente nunca la hayas oído''.
Pero... onte pola tarde, Youtube cancelaba os enlaces a petición dunha reclamación de dereitos de Warner. Esta tarde, cun sonido un pouco máis distorsionado, o material volve a estar subido.
Polo momento, e mentras dure, aquí a tedes, pero seguro que nas próximas semanas haberá máis novidades ó respecto...
Niño y Pistola volven este 2013 co seu cuatro álbum, un discazo!!!
eles mesmos o presentan así...
"There's a Man with a Gun Over There" es un disco de folk rock conceptual que narra la revolución personal de Tom, un jornalero norteamericano de los años 50 que cansado de su vida decide comprar una pistola y matar a su jefe. La policía no tarda en apresarle y meterle en la carcel, pero la revolución ya ha comenzado...
Grabado en el otoño de 2012 en el Estudio A Ponte de Tomás Ageitos, en Santiago de Compostela, con la producción de Niño y Pistola y las colaboraciones de Charlie Bautista a los teclados y pianos, y Álvaro Lamas a la pedal steel guitar.
Podedes escoitalo todo no seu soundcloud, pero mellor que vos fagades co vinilo. Imprescindible! Non o deixedes pasar!!!
NIÑO Y PISTOLA "There's a Man with a Gun Over there"
O de coller uns días de vacacións é fantástico para repasar cousas que tes pendentes, e aínda que non o creades tiña pendente o novo álbum dunha das miñas bandas favoritas, os Pere Ubu. e coas gañas que lle tiña despois dos últimos traballos do 2006 e do 2010 ("Why I Hate Women" e "Long Live Père Ubu"). Este "Lady from Shanghai" que xa se publicou a comezos de ano son once novos temas de David Thomas orientados ó baile, si é que vos podedes imaxinar a Thomas bailando agora, claro, e si pensades que a velocidade desos temas son propicios para deixarse levar... Pero trátase doutra cousa, Ubu Dance Party! segundo Thomas, e iso xa son cousas serias!! [máis de Pere Ubu no blog]
Na factoría de Comomepós Produccións as cabezas non paran, así que é un pracer anunciarvos unha nova colaboración co Rif-Rock: próximamente en directo GORILLA GLASS!. Unha banda retrofuturista de kraut, dubstep e videoxogos distorsionados... pero todo iso pode cambiar.
Se pensades que esto é unha campaña de promoción que se prolongará demasiado no tempo, seguramente esteades no certo! pero por seacaso comezade a conta atrás. Gorilla Glass! é a vosa banda!!
E para darlle un pouco de lustre á sección do Revival Rif-Rock, ahí tedes unha xoia que apareceu pola casa hai un par de meses, por suposto nada que ver co local, pero evidentemente sí coa familia. E hoxe precisamente fai 50 anos desa instantánea, foi o 19 de marzo de 1963, cando Cambados xa era ye-yé!!
Seguimos recuperando todos extraviadas... estas non teñen unha calidade de outro mundo, pero si son moi importantes polo que supoñen aquí tedes ó dúo orixinal da RifRocKerZ BluesBand, o seu primeiro concerto, Paco Charlín & Sito Suárez, baixo e guitarra man a man, un par de horas de improvisacións de jazz, blue rock e moito máis que comezaron unha serie de concertos que se prolongou durante anos mentres a banda, por suposto, foi medrando...
AVISO: esta semana, os funcionarios do Rif-Rock colleremos uns días de vacacións, de xeito que este fin de semana (o Venres 15 e Sábado 16 de Marzo) non abriremos.
Uns días de descanso para estar xa de volta o Venres 22 de marzo, coas pilas ben cargadas, e preparados para a Semana Santa.
Xa que este fin de semana nós collemos vacacións, aquí tedes unha boa opción para este venres noite, o debut en público dos cambadeses STAND BY, será dende a medianoite no Encontro de Barrantes na programación do seu 2º Aniversario.
Dende logo hai bandas que están a outro nivel e os Breakin' Bones están nun dos escalóns superiores. Cando pensábamos que o seu show do ano pasado era insuperable... volven os BREAKIN' BONES ó Rif-Rock con este extrano formato acústico e aínda se marcaron un espectáculo moito mellor. Definitivamente son a miña banda favorita!!!
Estabades avisados que ía ser unha noite espectacular, e a banda chegaba para presentarnos o seu flamante "Breakin' Bones EP" con este curioso formato de psychobilly acústico, e sobre todo con moitas ganas de voltar a Cambados, para repasa-los seus propios temas, ofrecernos unha boa morea de versións e coma sempre unha complicidade co público que poucas bandas conseguen, pero é que ter a un mestre de ceremonias coma Iván Koko non é habitual. Para nós foi todo un luxo voltar a contar con eles na nosa programación. Gracias Breakin' Bones, e por suposto gracias a todos por vir desafiando a tempestade da noite do sábado. Estou seguro de que a todos vos pagou a pena, e saíchedes encantados co show!!
Xa está subido o concerto completo, sobre uns 30 temas en vintepico videos que atoparedes na conta de youtube dos RifRocKerZ e xa aquí insertados nas anteriores entradas (parte 1 - parte 2 - parte 3 - parte 4 - parte 5) e coma sempre todo seguido nunha lista de reproducción:
E xa que vos estamos adiantando programación, esta é unha das historias xa pechadas para o mes de abril: o equipo completo do blog Odio Comic Sans pasará pola cabina do Rif-Rock para facernos pasar unha noite de auténtico terror tipográfico. Unha nova colaboración coa xente de Comomepos Producións coa que sempre é un pracer traballar, e que desta vez nos trae ós catro responsables dun dos nosos blogs de cabeceira convertidos en djSet para que nos amosen unha parte do seu curioso universo. Será o sábado 13 de abril.
AVISO: esta semana, os funcionarios do Rif-Rock colleremos uns días de vacacións, de xeito que a próxima fin de semana (que comprende o Venres 15 e Sábado 16 de Marzo) non abriremos.
Uns días de descanso para estar xa de volta o Venres 22 de marzo, coas pilas ben cargadas, e preparados para a Semana Santa.
Disculpen as molestias.
*seguiremos avisando para que non se vos esqueza...
Cando pensábamos que o seu show do ano pasado era insuperable... volven os BREAKIN' BONES ó Rif-Rock con este extrano formato acústico e aínda se marcaron un espectáculo moito mellor... definitivamente son a miña banda favorita!!! Gracias Breakin' Bones!!! e por suposto tamén a todos por vir desafiando a tempestade...
Nos próximos días algunha foto o tódo-los videos do concerto!
Xa non sei de cantas formas máis vos podemos avisar... si quedades sen velos, seguro que logo vos arrepentiredes! Un deses concertos imprescindibles, BREAKIN' BONES en directo, presentando o seu novo EP. A mellor banda de psychobilly do país na nosa vila, espectáculo garantizado. Todo un luxo que repitan un ano máis no Rif-Rock, Non vo-lo perdades!!
*apertura de portas 23:30h. Entrada libre ata completar aforo
A estas alturas xa estades todos máis que enterados de que este sábado (9 de marzo, dende as 23:30h.) temos en directo no Rif-Rock ós BREAKIN' BONES!! e o seu enorme espectáculo.
Moitos xa teñen a data marcada hai tempo nas súas axendas. Os que estiveron no seu concerto do ano pasado seguro que repiten, e outros morren coas gañas de velos por todo o que lles contaron. Este sábado tedes unha nova oportunidade para desfrutar da mellor banda de psychobilly do país, e un dos mellores espectáculos que veredes en moito tempo... Non faltedes!!!
Por se aínda non estades convencidos, aquí tedes 22 temas do seu concerto en maio do ano pasado, todo de corrido nunha lista de reproducción.
Este sábado voltaremos a ter no Rif-Rock ós fenomenais BREAKIN' BONES en directo!! en medio desta interminable xira de presentación do seu último traballo "Breakin' Bones EP" que publicaron en setembro. Se queredes darlle un repaso, visitade o seu bandcamp, donde tamén o podedes descargar de balde.
Así que xa sabedes, facédevos co ep dos Breakin' Bones, 100% recomendado!!
E sobre todo non vos perdades o seu concerto deste Sábado 9 de marzo, dende as 23:30h. Non vo-lo deberiades perder!!
Aínda quedan no Rif-Rock un par de exemplares do "Do it again, please", dos tremendos The Allnight Workers, en riguroso vinilo. Se non o tedes reservado teredes que darvos prisa...
AVISO: a mediados do mes de marzo, os funcionarios do Rif-Rock colleremos unha semana de vacacións, de xeito que a fin de semana que comprende o Venres 15 e Sábado 16 de Marzo non abriremos. Uns días de descanso para estar xa de volta o Venres 22 de marzo, coas pilas ben cargadas, e preparados para a Semana Santa. Disculpen as molestias.
*seguiremos avisando para que non se vos esqueza...
Aquí está o adianto do novo álbum de Mudhoney!! chámase "Vanishing Point" e sairá a comezos do próximo mes de abril editado novamente por Sub Pop, mentres tanto regálannos dende o seu soundcloud este 'I like it Small' para descargar e para facernos as gañas de máis...
Esta semana chega o prato forte da nosa programación de marzo. Será este Sábado 9 de marzo, sobre a medianoite, cando teremos en directo ós tremendos BREAKIN' BONES, sen dúbida a mellor banda de psychobilly do pais. Todo un luxo para nós que repitan no Rif-Rock!!
BREAKIN' BONES
Sábado 9 marzo
dende as 23:30h.
Os vigueses veñen a presentarnos o seu último "Breakin' Bones EP", un traballo gravado nos estudios Colorado Springs e producido por Producciones Pollos y Medios Pollos a finais do ano pasado, e que por suposto está cheo do seu rockabilly enfermo i extraño. Podedes comprobalo no seu bandcamp.
Moitos xa teñen esta data marcada na súa axenda. Despois do seu concerto no Rif-Rock do ano pasado, os que estiveron repiten seguro, e os que o perderon mellor que non deixen pasar esta nova oportunidade para desfrutar dun dos mellores shows que se poden contemplar hoxe en día neste estilo...
Rockabilly from the other Side!! Non vo-lo perdades!!