jueves, 28 de marzo de 2013

Seara Festival

Era un plan estupendo para a tarde do sábado, pero co cambio do programa xa non poderemos asistir. Estamos a falar do SEARA FESTIVAL en Vigo para este sábado (30 de marzo) organizado pola xente de Seara Records con tóda-las súas bandas, que se ía celebrar no espazo Detrás do MARCO (detrás do propio museo, está fácil non?) contando con Jay, Szentes, Disco Las Palmeras!, Vietnam, Lobishome, Mullet, Puma Pumku, Travesti Afgano e Los Locos Hongos. En directo, todo seguido dende as 17:00h. e con mercadillo e demáis... pero ó aire libre. Así que o novo plan é que toda a actividade se traslada ó escenario de La Iguana dende as 20:00h. mantendo a entrada de balde. 
Nós xa non poderemos ir con este horario. Pero se estades por Vigo non o deberiades perder.



No hay comentarios: