martes, 12 de marzo de 2013

13 abril: Odio Comic Sans djSet

E xa que vos estamos adiantando programación, esta é unha das historias xa pechadas para o mes de abril: o equipo completo do blog Odio Comic Sans pasará pola cabina do Rif-Rock para facernos pasar unha noite de auténtico terror tipográfico. Unha nova colaboración coa xente de Comomepos Producións coa que sempre é un pracer traballar, e que desta vez nos trae ós catro responsables dun dos nosos blogs de cabeceira convertidos en djSet para que nos amosen unha parte do seu curioso universo. Será o sábado 13 de abril.


No hay comentarios: