lunes, 31 de marzo de 2014

"Cuando Ríes" a historia de Los Contentos

Dende o pasado fin de semana xa podedes facervos con este libro imprescindible. Fernando Fernández Rego (LaFonoteca) e Piti Sanz (membro da banda) puxéronse máns á obra para poñer en orde a historia de Los Contentos, banda fundamental (por non decir única) no revival do garage sixtie galego, unha formación fora de tempo e lugar, os de Lugo nunca foron suficientemente recoñecidos, uns pioneiros máis reivindicados que coñecidos en realidade, e xa ía sendo hora.
"Cuando Ríes. Los Contentos (Unos Malditos Pioneros del Garage)" fai un repaso desta fermosa historia de finais dos 80, case todo en formato entrevista e cheo de anécdotas, ademáis de unha escolma da herdanza que deixaron, e antes de todo iso o prólogo de Tosar. Pero ademáis, como material extra para completar o pack, o cd Unknown Pirate: Live! cun directo rescatado de vellos cassettes e nunca publicado. E todo por só 15€ así que non sei a que esperades.

Fernando Fernández Rego & Piti Sanz
"Cuándo Ríes. Los Contentos (Unos Malditos Pioneros del Garage)"
(Xonix Records, 2014)



domingo, 30 de marzo de 2014

Camisetas Chief Bromden!!

Xa había moito tempo que non sacábamos unha tirada limitada de camisetas no Rif-Rock, e xa tocaba. Desta vez foi o merchandising oficial para unha nova sesión do Chief Bromdem... por suposto esgotáronse demasiado rápido!!


jueves, 27 de marzo de 2014

19 abril: JALEO VS. RUFO (2º asalto)

Seguimos adiantándovos programación do próximo mes. 
Apuntade: o 19 de abril, o Sábado de Semana Santa, é a data escollida para o Segundo Asalto do combate JALEO VS RUFO na cabina do Rif-Rock.
Vai a ser tremendo, non vo-lo perdades!!


miércoles, 26 de marzo de 2014

Nick Waterhouse "Holly"

Co concerto de mañán de Nick Waterhouse en Compostela, xa nos deixa fácil o de escoller ó álbum da semana. "Holly" é o seu segundo álbum, despois do "Time's All Gone" do 2012 que xa nos deixara alucinados, e desta vez nos deixa outra colección de rhythm'n'blues e soul brillante. Cunha rítmica impecable, ventos e coros, e con Waterhouse á voz e guitarra en estado de gracia. 10 temazos nun só álbum! e si no "Time's All Gone" despregaba unha variedade de recursos tremenda, neste aínda se supera trascendendo tempo e estilos. Aínda é máis impresionante do que esperaba, imprescindible!!

NICK WATERHOUSE "Holly"
(Innovative Leisure Recs/V2 , 2014)


Nick Waterhouse en Compostela

Un concertos que máis tempo levábamos agardando!! 
Mañán Nick Waterhouse en Compostela, recomendado!


martes, 25 de marzo de 2014

descarga sesión do Sheriff Lorre

Aquí tedes un mixtape de uns 40 minutos da sesión do sábado pasado que nos deixou o Sheriff Lorre para compartir con todos vós. Rock N'Soul! 
A ver se volve pronto!!

SHERIFF LORRE "Rock N'Soul"
(sesión Rif-Rock 22 marzo 2014)
descarga sesión do SheriffLorre aquí.


Sáb. 5 abril: Marinocha Über Alles!

Seguimos completando a programación para o próximo mes de abril, e para comezar nada mellor que outra sesión de Marinocha!! que xa lle tocaba. 
Será o Sábado 5 de abril, Über Alles!! 


lunes, 24 de marzo de 2014

Memorias de Neil Young: El Sueño de un Hippie

Este xoves (27 de marzo) estará dispoñible o volume coas memorias de Neil Young en castelán. Publicado na súa versión orixinal a finais do 2012 (Waging Heavy Peace: A Hippie Dream) "El Sueño de un Hippie" é a autobiografia imperfecta de Neil Young que se decidiu a escribir tras unha xira de reunión con Buffalo Springfield, e que agora por fin nos chega da man de Malpaso Ediciones. 
Son vivencias e recordos sen orden preciso, coma se chegaran soas unha tras outra, sen criterio nin secuencia, pero completas e persoais... que recolle en máis de 400 páxinas, aínda que poden parecer escasas para unha das figuras máis grandes da historia do rock.

NEIL YOUNG "EL Sueño de un Hippie, Memorias de Neil Young"
(Malpaso Eds, 2014)


Se vos interesa xa o podedes ir encargando na web de Malpaso Edicións:
Infancia esteparia, sueño californiano, Buffalo Springfield, Crosby y sus colegas, Crazy Horse… Ácidos, copas, escándalos, mujeres, acordes inextinguibles, desacuerdos… Regresos, vueltas y revueltas… Ésas son las claridades, ¿pero qué hay detrás o debajo de las sombras?Neil Young es una leyenda en ejercicio, una figura insoslayable del canon roquero desde los ya lejanos sesenta y además un enigma. Al menos hasta ahora. Porque el muy esquivo sujeto, aquejado tal vez de una brusca simpatía, decidió cierta mañana mostrarnos el sanctasanctórum de sus recuerdos e intimidades. Ese improbable experimento confesional es este libro: una voz cantante escrita de puño y letra (no hay fantasmas por medio) que nos presenta el calidoscópico panorama de una vida y una música ejecutadas hasta la médula, que nos conduce desde las nieves de Ontario a los edenes hawaianos pasando por las calles alucinadas de Los Ángeles en los albores de la gran turbulencia. Estamos, pues, ante el «relato definitivo» (tópico por una vez justificado) de un viaje obstinadamente inenarrable o, como afirma un crítico sin duda perspicaz, ante «la historia del rocanrol abierta en canal, en primera persona y en presente de indicativo».

viernes, 21 de marzo de 2014

mañán sábado... SHERIFF LORRE!!

Mañán será unha noite moi especial no Rif-Rock: volve o SHERIFF LORRE á nosa cabina!! Seguro que moitos preferiades que se achegara cos bártulos para ofrecernos un deses espectaculares shows en directo ós que nos ten acostumado, pero eso para outro día... Mañán o teremos ós mandos da selección musical cunha sesión allnighter: Rock N'Soul!! Non vo-lo perdades!


jueves, 20 de marzo de 2014

Pardo "Waitin' to the Other Side"


En outubro do ano pasado xa vos presentamos o novo álbum de Nestor R. Pardo (con bandas á súa espalda como The Allnight Workers, Northwest Pickers ou The Loveless Cousins). Neste proxecto amósanos a súa parte más folk agarrándose ás súas propias composicións e cambiando por completo respecto ós seus anteriores traballos.

Chámase sinxelamente Pardo, e daquela compartíamos un adianto do que será o seu primeiro disco "Waitin' for the Other Side", e agora ó fin ten portada definitiva, e o que é aínda máis importante, data de saída: será o 3 de abril, e ademáis o altoparedes en plataformas e distribuidoras dixitais.
A ver se pronto o temos novamente no Rif-Rock para que nos presente todos estes novos temas en directo!!
http://pardoacoustic.blogspot.com.es/
http://pardoh.bandcamp.com/

PARDO "Waitin' to the Other Side"
(autoed., 2014)




miércoles, 19 de marzo de 2014

Breakin' Bones en Compostela

Os Breakin' Bones levan o que vai de 2014 a un ritmo frenético, mentres buscamos unha data para o seu próximo show no Rif-Rock non paran nin un só fin de semana de pasear o seu psychobilly polo mundo adiante.
Este fin de semana si estades por Compostela, non vos perdades o show que ofrecerán este sábado (22 de marzo) no Ambigú, dende as 22:30h.!!

ACTUALIZADO 21 MARZO: coa cancelación de toda a programación dos locales pertencentes á A.C. Cidade Vella de Compostela supoñemos que o concerto dos Breakin' Bones se aprazará ata novo aviso, unha auténtica mágoa.


The Sharknados na Sala Moon

Recomendación para mañán mesmo si estades por Compostela:


martes, 18 de marzo de 2014

Johnny Cash "Out Among the Stars"

Sony e Columbia anuncian a bombo e platillo o lanzamento dun álbum perdido de Johnny Cash. "Out among the Stars" son 12 temas (con algún extra nas edicións dixitais) grabados en 1981 logo das sesións do álbum "The Baron" coa producción de Billy Sherrill, e ampliados con diferentes arranxos realizados en 1984. Estos temas levaban 30 anos no caixón posto que foi nesa época cando Cash rompeu a súa relación con Columbia para relanzar a súa carreira en American Records, e agora lanzan eses temas através de Legacy, xunto cuns cantos retoques e engadidos para a ocasión. Máis da metade son temas do propio Cash, e ademáis unhas cantas versións como a fantástica 'I'm Moving On' de Hank Snow, que aquí fai xunto con Waylon Jennings. 
Sae o próximo martes 25, e polo que puidemos escoitar ten boa pinta...

JOHNNY CASH "Out Among the Stars"
(Legacy, 2014)




o que queda en marzo...

Lembrade o que aínda nos queda da programación de marzo2014 no Rif-Rock


lunes, 17 de marzo de 2014

Novedades Carminha "Juventud Infinita"

Xa falamos aquí en varias ocasións sobre adiantos do novo álbum dos Novedades Carminha, e por fin dende a semana pasada aquí o tedes: "Juventud Infinita" completo no seu bandcampAdemáis video clip e moitas datas da xira...

NOVEDADES CARMINHA "Juventud Infinita"
(Ernie, 2014)



Scott Asheton

SCOTT ASHETON
(1949 - 2014)



sábado, 15 de marzo de 2014

descarga Jamaican Roots Pure Dynimite!

Aquí tedes algo máis de unha hora mesturada da sesión de onte mesmo, outra entrega da serie Fuck'U Whiteys... Black Grooves! que adicamos outra vez ós vellos sons de Xamaica: Pure Dynamite!!

Psych.Munstaphà "Jamaican Roots Pure Dynamite" (NSFSeries Vol.19)
(sesión Rif-Rock 14 marzo 2014)


jueves, 13 de marzo de 2014

12 abril: Quén matou a Brian Jones? RifRocKerZ EXPERIENCE en concerto!!

Aquí o tedes... volve a música en directo ó Rif-Rock.
O show Quén matou a Brian Jones? é a nova proposta da banda ca casa, a RifRocKerZ EXPerience coa formación ampliada e con novo frontman.
Será un homenaxe ó malogrado Brian Jones,  un artista tan esaxerado coma incomprendido, o xenio que sobraba nos Rolling Stones, unha noite para repasar tóda-las teorías conspiranoicas sobre a súa morte, e sobre todo unha boa colección dos seus temas.
E ademáis como podedes ver, cunha colaboración moi especial para este concerto: Super Bock!! coas cervexas toda a noite a 1.5€!! 

RifRocKerZ Experience
Quén matou a Brian Jones?
Sábado 12 de abril, en directo dende as 23:30h.
Non vo-lo perdades!


Quen matou a Brian Jones?

nunhas horas... data, hora, poster...


estrea de Los Wavy Gravies!!

Este sábado 15 estrea en directo de Los Wavy Gravies!!!
no Trasno de Portonovo dende as 23:00h.



miércoles, 12 de marzo de 2014

Thee Mighty Caesars "John Lennon's Corpse Revisited"

Despois daquela noite dos Headcouteiros en decembro do 2013, nos prometimos ir recomendando álbumes do universo Childish moito máis a míudo, pero como podedes comprobar, non o fixemos. Pero aínda estamos a tempo de arranxalo.
Así que hoxe vos recomendamos un dos últimos traballos con Thee Mighty Caesars o tremendo "John Lennon's Corpse Revisited" de 1989, con 15 temazos, uns cantos himnos, e unhas cantas versións do máis divertido... e por suposto, tamén por esa portada impagable!! Facédevos con el como sexa!!

THEE MIGHTY CAESARS "John Lennon's Corpse Revisited"
(Crypt Recs., 1989)




Drive-by Truckers "English Oceans"

Despois de moito tempo sen saber nada dos Drive-By Truckers nos atopamos con este "English Oceans" marca da casa. De factura impecable coma sempre nos teñen acostumados, e cunhas cantas doses de enerxía que tanto lles costa dar. Pasaron moitos anos, cecais demasiados dos seus últimos traballos, xa queda moi lonxe aquel tempo no que o Americana estaba en todas partes, pero cos traballos paralelos nestes anos tanto de Patterson Hood como de Mike Cooley, esperábamos máis deste álbum, eu polo menos. 
Eso sí... o seu nivel medio está moito máis alto que o de moitos eh? e de seguro que bastantes aproveitades a recomendación...

DRIVE-BY TRUCKERS "English Oceans"
(ATO Recs., 2014)



martes, 11 de marzo de 2014

descarga sesión Kurco SoundSystem

Aquí tedes sobre unha hora da sesión do Sábado pasado que nos deixou Kurco SoundSystem. Unha morea de clásicos da época e outro tanto de ruído!!!

KURCO SoundSystem "Touch me I'm Sick"
(sesión Rif-Rock 8 marzo 2014)


lunes, 10 de marzo de 2014

Los Wavy Gravies

Dende o pasado fin de semana xa temos unha nova banda para apuntar ás nosas favoritas. Seguindo a estela dos New Rippers, Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, Billy & The Crockets, Los Macús, Decolororos e The Muddy Beers... Choche, Martín e Jorge nos presentan o seu novo proxecto: LOS WAVY GRAVIES!! 
Estrearánse en directo esta semana no Trasno de Portonovo, Sábado 15 marzo, e mentres tanto xa os podedes seguir no seu facebook.
A ver se pronto os podemos ter no Rif-Rock, pero o sábado 22 podedes aproveitar para ir presionando ó Sheriff Lorre na súa sesión...
Sorte amigos!! que ganas temos de velos!!!


continúa a programación de marzo...

Lembrámosvos o que aínda queda por diante da nosa programación de marzo2014:

· Venres 14 marzo:
Jamaican Roots!! Pure Dynamite!!
Ska - Rocksteady - Funk - Dub 
(...Black Grooves! con Psychedelic Munstaphá)

· Sábado 22 marzo:
SHERIFF LORRE 
"Rock N'Soul"
5 anos despois volve á cabina do Rif-Rock!!

· Sábado 29 marzo:
CHIEF BROMDEN
"Free Funk Selektions"
(Fuck'U Whiteys... Black Grooves!)

Programación Rif-Rock marzo 2014.

jueves, 6 de marzo de 2014

Sonic Youth + Mudhoney split 1988


O título da sesión da Kurco xa o di todo, pero para despistados, trátase dunha das caras do split compartido por Sonic Youth e Mudhoney en 1988 no que se versionaban mutuamente. Sonic Youth facía na cara A o 'Touch me I'm Sick' dos Mudhoney, e na cara B Mudhoney facía o 'Halloween' dos Sonic Youth. O split foi unha proposta dos SY tras escoitar unha maqueta dos de Seattle, e foi publicado en decembro de 1988 por Sub Pop. Sen dúbida foi un dos splits maís importantes do momento, do que tamén atoparedes reedicións inglesas de 1989 e a de Glitterhouse de 1990. [descarga 'Touch me I'm Sick' dos Sonic Youth en.ogg]


Black Lips "Underneath the Rainbow"

A próxima semana sae á rúa o esperado novo álbum dos Black Lips, "Underneath the Rainbow" é xa oa seu 7º álbum de estudio e xa o podedes atopar por bastantes sitios... Nós tiñamos bastante curiosidade por escoitalo despois do anterior "Arabian Mountain" do 2011, e aínda que xa rebaixaron moito o seu característico lo-fi de hai anos, aquí fan un intento de recuperalo no formal, pero ademáis é moito máis variado e máis enérxico que o anterior, a pesar de momentos de pasotismo absoluto moi ben calculado que aínda fortalece ó resto. 'Drive by Buddy', 'Make you Mine', 'Donner Party', 'Boys in the Wood'... a cada escoita vos quedaredes con calqueira dos 12 temas do álbum, así que temos diante todo un discazo!! 

BLACK LIPS "Underneath the Rainbow"
(Vice Recs., 2014)



miércoles, 5 de marzo de 2014

"Garage Swim"

A cadena de TV Adult Swim (é a canle de animación para adultos de Cartoon Network) está a sacar unha serie de compilacións de diferentes estilos. Primeiro de cabeceiras das súas series, logo de rap, e despois foi o turno do garage e a psychodelia. Xa foi publicado en maio do 2013 co patrocinio da marca de refrescos Dr.Pepper, pero a nós aínda no-lo tiveron que recomendar a semana pasada por que non tiñamos nin idea... Neste "Garage Swim" atopamos ós Bass Drum of Death, Cheap Time, Black Lips, Thee Oh Sees, King Tuff, The Gories ou King Khan entre outros, e todo en descarga de balde na súa web.

Dr. Pepper & Adult Swim present... "Garage Swim"
(Adult Swim, 2013)


martes, 4 de marzo de 2014

Sáb.22: Sheriff Lorre

E tamén xa podemos confirmar un dos pratos fortes deste mes: o Sheriff Lorre!! un dos referentes da música en directo no Rif-Rock cos New Rippers, Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, Los Pies Mojados, Billy & The Crockets, The Muddy Beers... e que moitos anos despois volve á nosa cabina. 
Se non nos fallan os cálculos, a última ocasión foi unha sesión en riguroso vinilo xunto cos outros integrantes da banda, naquelo que foi La Lorre Inc.Co. no 2010 dentro do programa do noso XIº Aniversario, e para a súa última sesión en solitario xa temos que irnos ata marzo do 2009... 
Así que 5 anos despois por fin de volta!! Non vos perdades ó Sheriff Lorre na cabina do Rif-Rock. Sábado 22 de marzo: Rock N'Soul!!.


Ven. 14: Jamaican Roots

Seguimos coas promos do programa de marzo. Despois da sesión de Jamaican Roots de xaneiro, ante a insistencia de algúns e con todo o que nos quedou atrás, ahí vai outra entrega. Se daquela tiramos moito de Laurel Aitkeen, desta vez soará moito do mítico Don Drummond. Venres 14 de marzo Pure Dynamite!!



Alain Resnais

Alain Resnais
(1922 - 2014)



lunes, 3 de marzo de 2014

RUFO + JALEO!!

Tremenda festaza o sábado, cos dous superheroes RUFO & JALEO ós mandos do show!! con groupies e hooligans de cada bando, gogós, etc... e ó final empate por puntos. Hai que poñer data para segundo asalto, gracias cracks!! e a todos por participar do espectáculo!!