martes, 18 de marzo de 2014

Johnny Cash "Out Among the Stars"

Sony e Columbia anuncian a bombo e platillo o lanzamento dun álbum perdido de Johnny Cash. "Out among the Stars" son 12 temas (con algún extra nas edicións dixitais) grabados en 1981 logo das sesións do álbum "The Baron" coa producción de Billy Sherrill, e ampliados con diferentes arranxos realizados en 1984. Estos temas levaban 30 anos no caixón posto que foi nesa época cando Cash rompeu a súa relación con Columbia para relanzar a súa carreira en American Records, e agora lanzan eses temas através de Legacy, xunto cuns cantos retoques e engadidos para a ocasión. Máis da metade son temas do propio Cash, e ademáis unhas cantas versións como a fantástica 'I'm Moving On' de Hank Snow, que aquí fai xunto con Waylon Jennings. 
Sae o próximo martes 25, e polo que puidemos escoitar ten boa pinta...

JOHNNY CASH "Out Among the Stars"
(Legacy, 2014)




No hay comentarios: