martes, 4 de marzo de 2014

Sáb.22: Sheriff Lorre

E tamén xa podemos confirmar un dos pratos fortes deste mes: o Sheriff Lorre!! un dos referentes da música en directo no Rif-Rock cos New Rippers, Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, Los Pies Mojados, Billy & The Crockets, The Muddy Beers... e que moitos anos despois volve á nosa cabina. 
Se non nos fallan os cálculos, a última ocasión foi unha sesión en riguroso vinilo xunto cos outros integrantes da banda, naquelo que foi La Lorre Inc.Co. no 2010 dentro do programa do noso XIº Aniversario, e para a súa última sesión en solitario xa temos que irnos ata marzo do 2009... 
Así que 5 anos despois por fin de volta!! Non vos perdades ó Sheriff Lorre na cabina do Rif-Rock. Sábado 22 de marzo: Rock N'Soul!!.


No hay comentarios: