Dende o pasado fin de semana xa podedes facervos con este libro imprescindible. Fernando Fernández Rego (LaFonoteca) e Piti Sanz (membro da banda) puxéronse máns á obra para poñer en orde a historia de Los Contentos, banda fundamental (por non decir única) no revival do garage sixtie galego, unha formación fora de tempo e lugar, os de Lugo nunca foron suficientemente recoñecidos, uns pioneiros máis reivindicados que coñecidos en realidade, e xa ía sendo hora.
"Cuando Ríes. Los Contentos (Unos Malditos Pioneros del Garage)" fai un repaso desta fermosa historia de finais dos 80, case todo en formato entrevista e cheo de anécdotas, ademáis de unha escolma da herdanza que deixaron, e antes de todo iso o prólogo de Tosar. Pero ademáis, como material extra para completar o pack, o cd Unknown Pirate: Live! cun directo rescatado de vellos cassettes e nunca publicado. E todo por só 15€ así que non sei a que esperades.
Fernando Fernández Rego & Piti Sanz
"Cuándo Ríes. Los Contentos (Unos Malditos Pioneros del Garage)"
(Xonix Records, 2014)
No hay comentarios:
Publicar un comentario