E outro álbum que vos recomendamos esta semana, pero desta vez un clasico da nosa lista de favoritos.
Noutras ocasións xa vos temos recomendado traballos de Kim Fowley, un deses personaxes imprescindibles da historia da música, en tódolos apartados posibles como músico, productor ou compositor en infinidade de bandas, proxectos e álbumes imposibles de enumerar.
O outro día nos pedían un álbum de Fowley polo que comezar, e sen dúbida saiu o "Outrageous" de 1968. Primeiro por que contén algúns dos seus temas máis coñecidos como 'Animal Man', 'Bubblegum' ou 'Nightrider', pero tamén é un álbum axitador de conciencias, e disparatado coma poucos nas súas letras. Ademáis é todo un atrevimento no musical, garage, blues psychodélico, proto-punk, pioneiro do glam, e incursións na rítmica funk, todo cheo de berros, eruptos e tramos recitados sen melodia algunha. Cara o final, a suit delirante coas tres pezas de 'Up - Caught in the Middle - Down' que non ten desperdicio.
Ten outros álbumes que me gustan máis, pero este é unha provocación brillante que sigue sonando xenial. Un imprescindible!
KIM FOWLEY "Outrageous"
(Imperial Records, 1968)
No hay comentarios:
Publicar un comentario