Novo lanzamento do selo Soul Jazz Records. Desta vez en lugar de facer un exercicio de arqueoloxía musical en lugares exóticos, nos presentan este "No Seattle" que seguro que moita xente estivo tentado a facer, pero non tiveron ocasión, ou alomenos aquí non chegou. Coa perspectiva que da o tempo poñen a súa mirada no noroeste dos USA, entre mediados das décadas dos 80 e os 90, en plena explosión grunge e recopilan ata 28 temas que bandas que non tiveron oportunidades coma outros dos seus veciños, ou sinxelamente que a prensa e o público esqueceu, baixo o subtítulo "Forgotten Sounds of the North-West Grunge Era 1986-97". Trátase dunha recopilación de bandas que só lanzaron un single, ou un par deles, ou un album sen apenas repercusión, incluso algunha que segue activa a día de hoxe sen trascender máis aló da súa zona. Así de entrada solo conocemos a Thrillhammer e Soylent Green, así que a esto imos sacarlle moito rendimento.
V.A. "No Seattle. Forgotten Sounds of the North-West Grunge Era 1986-97"
(Soul Jazz Records, 2014)
No hay comentarios:
Publicar un comentario