Pero para ir entonándonos de certo cara a fin de semana imos con algo máis vello e con moito máis ritmo. O outro día nos dixeron no local que deberíamos recomendar moitas máis cousas de The Cramps, e tiña toda a razón, así que ahí vai...
"A Date with Elvis" foi o seu terceiro LP de estudio, desta vez xa sen a guitarra de Kid Congo Powers, convertidos en power trio coas voces de Lux Interior, Poison Ivy a cargo da gravación de guitarra e baixo, e tamén das voces en 'Kizmiak', e co baterista Nick Knox. A diferencia dos anteriores traballos, son case todo temas propios, so inclúen os arranxos da tradicional 'Chicken', e remata co clásico country 'It's just that song' de Charlie Feathers. En edicións posteriores se completa con 4 ou 6 (segundo o ano) covers sacadas dos 7'' da época. Imposible sacarse da cabeza ese ritmo psychobilly, a medio camiño entre o surf e o garage tan característico que apartires de aquí comezaron a pulir, e as letras descacharrantes coma en 'Can your pussy do the dog?', 'What's inside a girl?', 'Aloha from Hell'.
Como anécdotas, en 'People ain't no good' aparece o coro infantil do McMartin Preschool (inquietante historia, buscádea!), e o álbum está adicado a Ricky Nelson, por iso o de A Date with Elvis, pero iso xa é outra historia máis longa...
THE CRAMPS "A Date with Elvis"
(Big Beat, 1985)
No hay comentarios:
Publicar un comentario