martes, 30 de junio de 2015

Calambres rules!

Máis material do sábado 20, da noite con Dead Wood e Michi Calambres. Aínda temos máis videos do show de Calambres, de one-man-band de teloneiro, e tamén despois na cabina, pero antes queriamos subir foto do final, da sesión... pois imposible!! non parou quieto nin un segundo!


16 anos de Rif-Rock!


lunes, 29 de junio de 2015

descarga Black Grooves!!

Aqui tedes unha selección da sesión do venres das Black Grooves!! 
Pouco máis de unha hora de funk, soul, rhythm'n'blues, souljazz e algún predicador polo medio, entre o pouco material que nos deu tempo a empregar, que xa vos contamos cómo a cousa quedou a medias por un cambio de plans de última hora, con asalto da cabina incluída. Pero a media sesión aínda dou para todo esto... 
Metédelle volume!!

Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
(sesión Rif-Rock 26 xuño2015)




domingo, 28 de junio de 2015

25 anos do "Goo"

O pasado venres 26 de xuño cumpríanse 25 anos do lanzamento do álbum "Goo" dos Sonic Youth. Era o seu sexto álbum de estudio, e o primeiro cunha multinacional, trala fichaxe por Geffen Records. Que máis queredes que vos diga?? no seu tracklist 'Dirty Boots', 'Mary-Christ', 'Kool Thing', 'Mote' ou 'My Friend Goo'... un tras doutro son dos temas que máis veces escoitei na miña vida!! 
E ademáis unha portada que marcou época, deseñada por Raymond Pettibon (tamén autor do logo dos Black Flag) sobre unha fotografía da parella de asasinos Ian Brady e Myra Hindley, no Manchester de mediados dos 60s.
Comezaba unha década brillante. 
25 anos despois, "Goo" segue parecéndonos insuperable!!


SONIC YOUTH "Goo"
(Geffen, 1990)



sábado, 27 de junio de 2015

outro asalto á cabina...

Onte deixamos a sesión Black Grooves a medias, e foi Luisa a encargada de remata-la noite dende a cabina. Aplausos!!


jueves, 25 de junio de 2015

DEAD WOOD, concerto

Menuda festa que se montou o sábado pasado cos DEAD WOOD e Michi Calambres!! ademáis de tódo-lo extras que se apuntaron ó final.

A noite comezou con Calambres facendo de teloneiro improvisado e para moi poucos afortunados, de one-man-band primeiro, e a dúo co Sheriff Lorre despois. Xa compartiremos videos deses momentos noutra ocasión... 

Logo foi o turno dos Dead Wood, o Sheriff Lorre, Breo Gun e Mr.Bam Bam repasaron os seus temas moito máis rodados dende abril, e xa con máis novidades, coma 'Hole in my Soul' composta por Breo en plan Tom Waits. Foron dúas horas de puro espectáculo, con todo o público entregado e a cousa xa se foi das máns cara o final, cando Fari "H.(punto)" se encargou de cantar 'O Lobo', Calambres se uniu á banda para rememorar por uns minutos ós fantásticos Los Hijos Bastardos de Peter Lorre con 'Teenage Head', e xa nos bises con tódo-los extras para facer dous temas máis de LHBPL: 'Ella' e 'The Gorilla'.

Coma sempre, gracias a todos por achegarvos ó Rif-Rock unha noite máis para desfrutar da música en directo, e montar esta festaza, e sobre todo a estes pedazo de artistas polo seu compromiso co local. Seguide atentos, e non vos perdades as súas próximas visitas!!.

Xa tedes todo o concerto subido nas anteriores entradas (pt1 - pt2 - pt3 - pt4) ou todo seguido en lista de reprodución:

Dead Wood (concerto pt.1)


Dead Wood (concerto pt.2)


Dead Wood (concerto pt.3)


Dead Wood (concerto pt.4)


miércoles, 24 de junio de 2015

descarga sesión de Calambres!

Aquí tedes algo de material da sesión de Michi Calambres do sábado pasado. Primeiro fixo de teloneiro dos Dead Wood en plan Cacatone-One-Man-Band, e despois cantou con eles para revivir por uns minutos a Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, e para rematar aínda nos deixou tres horas de sesión dende a cabina. Impresionante!! 
Puro Calambres!! Metédelle volume!!

MICHI CALAMBRES "D.W."
(sesión Rif-Rock 20 xuño 2015)


martes, 23 de junio de 2015

Los Ultraman EP

Como sempre para arrancar o verán imos con algo de surf, e ademáis recén saído do forno: o novo ep dos uruguaios Los Ultraman. Dende que os coñecimos pola rede, nunca deixamos de seguilos. Esta semana lanzaron o seu segundo traballo, despois daquel estupendo "Saicoreverberante" do 2011 que nos deixara alucinados, o Ep que leva por título sinxelamente "Los Ultraman", catro temas con máis do mesmo!! 
De balde no seu bandcamp. Recomendado!!

LOS ULTRAMAN "Los Ultraman EP"
(Blast Off/Ultraman, 2015)



lunes, 22 de junio de 2015

Ven.26: Black Grooves!


Dead Wood + Calambres!

Puro espectáculo o do sábado!! 
Menudo festón que nos montaron os Dead Wood, putos cracks!!! repertorio de luxo con moitos dos seus novos temas, por algo son a nosa banda favorita!! Gracias fenómenos! e a todos por vir, e ós que se lanzaron a cantar ao final, e sobre todo a Michi Calambres!! primeiro facendo de teloneiro sorpresa co seu rollo Cacatone one-man-band, logo por facernos revivir a Los Hijos Bastardos de Peter Lorre moitos anos despois, e para rematar unha pedazo de sesión tremenda ata o final da noite!! Moitas Gracias a todos!! Insuperable!!!


viernes, 19 de junio de 2015

Sábado: DEAD WOOD + Michi Calambres

E mañán será o día (sábado 20 de xuño), imos co prato forte deste mes:
DEAD WOOD en directo + sesión de Michi CALAMBRES.
Unha nova ocasión para que vexades en directo ós DEAD WOOD, o novo proxecto do Sheriff Lorre, Breo Gun e Mr.BamBam, un auténtico show!!
E ademáis, sesión de Michi Calambres despois do concerto! 
A nosa banda favorita, e o noso gurú na cabina, un plan perfecto e o mellor adianto posible para o noso aniversario.
Non vo-lo perdades!!!


Dead Wood en directo!

Para os que o perderon en abril, ou para os que queiran facerse máis gañas, ide repasando o concerto de debut dos DEAD WOOD. Este sábado máis!!!


jueves, 18 de junio de 2015

16º Aniversario do RIF-ROCK!!

En xullo cumprimos 16 anos de Rif-Rock!!
E aquí tedes o programa especial que vos temos preparado para celebralo.
Xa vos daremos máis info, pero ide reservando as datas, non vo-lo perdades!


miércoles, 17 de junio de 2015

Leo 'Bud' Welch "I don't Prefer No Blues"

Seguro xa escoitachedes falar de Leo Welch, despois da repercusión do seu álbum do ano pasado, o seu debut, cando estaba a punto de cumprir 82 anos. Por iso se lle coñece coma o último bluesman. Toda unha vida tocando blues e cantando gospel na súa vila natal de Sabougla, en Mississippi, dende 1947 e non foi ata o 2014 que debutou coas súas primeiras gravacións. 
Chamou directamente ó selo Big Legal Mess para que publicaran os seus temas, e ante a insistencia, accederon a escoitalo. Por suposto alucinaron tanto coma nós o estoitalo despois: unha guitarra contundente e unha voz rotunda, impropia dun home da súa idade, sen domar, salvaxe e firme, e así lanzou aquel "Sabougla Voices" a comezos do 2014. E para este ano xa tiña preparado máis. Máis e mellor, por que o recente "I don't Prefer No Blues" aínda é máis contundente e máis enérxico, de mostra 'Girl in  the Holler', 'Pray On' ou o trallazo de 'I Don't Know her Name'. Sinxelamente bestial, e ninguén se explica como isto non sucedera antes!!.

LEO 'BUD' WELCH "I don't Prefer No Blues"
(Big Legal Mess / Fat Possum, 2015)



The Byrds "Mr. Tambourine Man"

Xa había tempo que non vos recomendabamos un deses clasicazos que agora, semana tras semana, están a cumprir 50 anos. Hoxe imos con The Byrds, e o seu debut "Mr Tambourine Man" lanzado o 21 de xuño do 2015. Foi unha das bandas de maior éxito da década, e das poucas no momento que puido rivalizar nos USA coas bandas da British Invasion. Este "Mr. Tambourine Man" era un álbum eminentemente de folk-rock e no que incluían ata catro versións de Bob Dylan e outra de Pete Seeger, arranxadas para funcionar como perfectas pezas de pop, ademáis de cinco composicións de Gene Clark xunto con McGuinn. O éxito foi inmediato, converténdose en número un tanto nos USA coma no Reino Unido. E logo aínda chegaría a súa época psychodélica, que por suposto, aínda é moito mellor!!.

THE BYRDS "Mr. Tambourine Man"
(Columbia, 1965)




martes, 16 de junio de 2015

descarga Trash#13

Aquí tedes un pouco da sesión do pasado venres de Trash Trash Trash, en plan Chainsaw Massacre, basura mesturada de Munstaphá.

Psych.Munstaphà "tRash Tra$h trAsH #13"
(sesión Rif-Rock 12 xuño2015)
faite con trash#13 aquí.



lunes, 15 de junio de 2015

16º Aniversario

Xa temos case todo listo. Esta semana lanzaremos o cartel co programa completo do 16º Aniversario do Rif-Rock. Atentos!!


Ornette Coleman Double Quartet "Free Jazz"

Hai só mes e medio que vos recomendabamos o "Song X" de Ornette Coleman e Pat Metheny, e logo do pasamento de Ornette Coleman aproveitamos para recomendarvos outro dos seus clásicos de comezos dos 60s. Neses anos lanzou unha serie de álbumes de free jazz que lanzou con Atlantic Records, como "tomorrow is the Question" ou "The Shape of Jazz to Come" do 59, "This is our Music" do 61 ou "Orenette!" do 62, pero seguramente o máis sonado foi este "Free Jazz. A collective improvisation by the Ornette Colleman Double Quartet" de 1961. Considerase directamente coma o arranque do free-jazz. Son dous cuartetos formados por saxo alto, trompeta, contrabaixo e batería, e o outro por clarinete, trompeta, contrabaixo e batería, cada un deles desenrolando as súas propias improvisacións e cada un deles sona por un dos canles de stereo, que se acoplan nunha fantástica peza continua de 37 minutos. Na reedición posterior se completa con 'First Take" das mesmas sesións de gravación de decembro de 1960. Na edición orixinal era unha carpeta aberta cunha fiestra na portada que deixaba ver parte do deseño interior no que se reproducía a peza 'White Light' de Jackson Pollock. 
Un deses álbumes que mudou para sempre o rumbo do jazz.

ORNETTE COLEMAN DOUBLE QUARTET "Free Jazz"
(Atlantic, 1961)



sábado, 13 de junio de 2015

o próximo sábado: Dead Wood + Michi Calambres

O próximo sábado (20 de xuño) teremos o prato forte deste mes.
DEAD WOOD en directo + sesión de Michi CALAMBRES.
Unha nova ocasión para que vexades en directo ós DEAD WOOD, o novo proxecto do Sheriff Lorre, Breo Gun e Mr.BamBam, un auténtico show!!
E ademáis, sesión de Michi Calambres despois do concerto!
A nosa banda favorita, e o noso gurú na cabina, un plan perfecto!!
Non vo-lo perdades!!!


jueves, 11 de junio de 2015

Christopher Lee

Christopher Lee
(1922 - 2015)



50 anos de 'Satisfaction'

Nestes días cúmprense 50 anos do lanzamento do 'Satisfaction' dos Rolling Stones. Clasicazo coma ningún outro. E onte publicaban un artículo ben interesante no diario El Mundo de como chegaron a ese tema partindo dende Martha & The Vandellas e Chuck Berry. I Can't Get No...


10 e 11 de xullo: 16º Aniversario do Rif-Rock!

Xa temos case todo listo para o noso 16º Aniversario. 
A ver se a próxima semana vos podemos amosa-lo cartel completo, pero mentres xa vos podemos confirma-las datas: 10 e 11 de xullo!



programación xuño2015


Aínda queda moito da nosa programación de xuño:
· Venres 12: Trash Trash Trash!
· Sábado 20: DEAD WOOD en directo (dende as 23:45h.)
                   +sesión MICHI CALAMBRES
· Venres 26: Fuck'U whiteys... Black Grooves!
Non vo-lo perdades!


miércoles, 10 de junio de 2015

Luke Haines "Adventures in Dementia"

Estaba convencido de que xa vos recomendaramos máis traballos de Luke Haines no blog, pero repasando semella que non.
Despois de formar parte de The Auteurs a comezos dos 90, os efímeros Baader Meinhof e consolidarse finalmente cos Black Box Recorder, Luke Haines lanzou a súa prolífica carreira en solitario a comezos dos 2000. En pouco máis de 10 anos leva publicado 13 álbumes e case unha ducia de singles e eps, sempre co retrovisor posto na psychodelia e no dos 60s pero obsesionado na actualización de tódo-los seus elementos. Despois do "New York in the 70's" do ano pasado e un par de 7'' da colección lanza este EP: "Adventures in Dementia" unha micro ópera, que é auténticamente demencial no musical. Son seis temas que non encaixan un con outro por máis que o tentedes, rockabilly, pop, algunha macarrada punk e soul en escaso tempo.
O máis brillante é o delirante da historia, inspirado nun libreto de Scott King, narra a historia de un tipo que se fai pasar por Mark E. Smith (dos The Fall), que vai pasa-las súas vacacións na súa caravana, pero remata envolto en problemas cos membros da banda punk neonazi Skrewfinger. De tolos!.

LUKE HAINES "Adventures in Dementia"
(Outsider Music, 2015)

Nick Cave & The Bad Seeds "Let Love In"

Un par de álbumes máis esta semana.
Hoxe nos fixemos co vinilo do "Let Love In" de Nick Cave, así que ahí vai de recomendación para hoxe. Con pouco máis de vinte anos e xa coma se fora un clásico de toda a vida. Co paso do tempo cecais poidamos afirmar que é o álbum máis redondo de Cave, e sen dúbida algunha o que lle deu o espaldarazo definitivo de crítica e público. A inquedante 'Do You Love?’ ou a deliciosa ‘Loverman’ se enfrentan ás agresivas ‘Jangling Jack’ o ‘Thirsty Dog’, nun equilibrio entre as súas facetas orquestais e ruidistas, herdadas dos Birthday Party, para conseguir un acabado perfecto. 
Un imprescindible!.

NICK CAVE & THE BAD SEEDS "Let Love In"
(Mute Records, 1994)



martes, 9 de junio de 2015

resumo da 6ª Festa do Bigote!

Xa só faltan dous meses para a 7ª Festa do Bigote!!
Apuntade ben a data, será o Domingo 2 de agosto do 2015.
E para facervos as gañas aquí vai un pequeno resumo da festa do ano pasado que aínda tiñamos sen subir.

Resumo da 6ª FESTA DO BIGOTE (Rif-Rock & CTK, 3 agosto 2014):



lunes, 8 de junio de 2015

Sun God Replica "The Devil's Clockwork"

Hoxe recomendamosvos outra lanzamento do selo Grabaciones de Impacto. unha nova edición de luxo de outra banda australiana: os Sun God Replica, dende Melbourne, e coma noutras ocasións seleccionando temas dos seus anteriores traballos como lanzamento especial, ademáis dos extras habituais ós que nos teñen acostumadoss , poster, descarga, etc... coma sempre nos teñen acostumados. 
Este "The Devil's Clockwork" mestura temas dos seus anteriores lps orixinais "Primitive Clockwork" do 2012 e do "Devil and the Deep" do 2014, unha selección de 11 temas que recollen a tradición aussie do rock revival dos 80s pero con guitarras máis pesadas. 
Nestas semanas de xira por estas terras, así que máis oportunidades, imposible!
Xa podedes escoitalo no bandcamp de Grabaciones de Impacto e encargalo directamente dende ahí, ademáis de outras ofertas de escándalo!.
[web de Grabaciones de Impacto]

SUN GOD REPLICA "The Devil's Clockwork"
(Grabaciones de Impacto, 2015)




The Homens

Outra recomendación para o Venres, The Homens están de volta...

este venres Trash!

Este venres, nova entrega de Trash Trash Trash! 
Masacre en plan Chainsaw Munstaphà!


jueves, 4 de junio de 2015

"Mongoose Tree" dos Foxy Freire, á venda

Os FOXY FREIRE deixaronnos no Rif-Rock unha pequena remesa de vinilos e cds do seu álbum de debut "Mongoose Tree" (ver entrada e enlaces) para que non quededes sen eles. Dispoñibles dende mañán mesmo, veña que voan!!



Monophonics "Sound of Sinning"

E aínda unha recomendación máis para hoxe, unha que nos enviou hai un par de semanas Michi Calambres, e levamos dende entón escoitandoo unha e outra vez. 
Monophonics son unha banda de San Francisco e este "Sound of Sinning" é o seu segundo álbum. A fórmula a mesma, que eles citan coma soul psychodélico, e vaia se funciona a etiqueta. Mesturan o pop psychodélico máis brillante dos 60s coa rítmica e voces do soul e do funk, e funciona á perfección. Arrancan en plan 60s con 'Lying Eyes', e seguen unha tras outra engadindo capas de soul, funk, e rhythm'n'blues. Discazo tremendo. E buscade tamén o seu debut do 2012 "In your Brain" qué outra marabilla. Recomendados!.

MONOPHONICS "Sound of Sinning"
(Transistor Sound Records, 2015)



miércoles, 3 de junio de 2015

Giant Sand "Heartbreak Pass"

Howe Gelb está de volta cos seus Giant Sand para celebra-lo 30 aniversario da banda, e nada mellor que facelo cun novo álbum. Xa van máis de 20 álbumes de estudio da súa banda principal e outros tantos en solitario de Gelb, un pioneiro do folk aternativo que non deixa de evolucionar no seu son. E aquí temos unha boa mostra. "Hertbreak Pass" son 15 temas nos que percorre dende sinxelos pasaxes acústico-vocais ('Heaventually' ou 'House in Order'), rock intenso marca da casa ('Texting Feist'), texturas kraut da fenomenal 'Hurtin' Habit', pezas máis experimentais como 'Trasnponder' (que curiosamente elexiu este tema de pop saturado como single de lanzamento cando é do que menos pega no álbum), e máis voltas á raiz do deserto de Arizona como en 'Every now and Then' ou 'Home Sweet Home'. Ademáis conta coa colaboración de Steve Shelley (Sonic Youth), Grant-Lee Phillips ea voz de Ilse DeLange (dos Common Linnets). Para escoitar por partes ou dunha atacada. Discazo.

GIANT SAND "Heartbreak Pass"
(New West Records, 2015)


Lou Donaldson "Everything I Play is Funky"

Semella que o venres gustaron bastante os temas de Lou Donaldson que fumos colando na sesión Black Grooves, e como nos pediron máis do mesmo tipo, imos a recomendarvos máis álbumes desta etapa súa de finais dos 60s. Poderíades apuntar tamén o "Mr. Shing a-Ling" do 67, "Midnight Creeper" ou o "Hot Dog" do 68, ou o "SAy it Loud!" do 69, quedan apuntados pero deixaremos esos para outra ocasión. Hoxe vos recomendamos outro dos seus traballos da época, o "Everything I Play is Funky" tamén de 1969, cunha rítmica moito máis funk, evidente no tema que abre o álbum 'Everything I Do Gonna Be Funky (From Now On)', case acid jazz en 'hamp's Hump' e 'Donkey Walk'e ese saxofón que sempre sona a puro blues. 

LOU DONALDSON "Everything I Play is Funky"
(Blue Note, 1969)



martes, 2 de junio de 2015

descarga Black Grooves!

Aqui tedes unha selección da sesión do venres das Black Grooves!!
Pouco máis de unha hora de funk, soul, rhythm'n'blues, souljazz e un pouco máis de boogaloo para seguirlle o pique ó Chief Bromden. Metédelle volume!!

Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
(sesión Rif-Rock 29 maio2015)


Free Code Jazz Records #100

A semana pasada lanzáronse dúas novas referencias do selo Free Code Jazz Records, o "Jazz in Galiza Series Vol.II" e o dobre disco dos alumnos de cada curso do SPJ, neste caso o "13º Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra", co que chegan a 100 referencias discográficas. 
Un traballo incansable que leva realizando Paco Charlin durante anos, con total independencia e o máis absoluto compromiso! 
Noraboa maestro!! a por outros 100!!
Ademáis, pillamos as imaxes da conta de ATDP, que se encargaron do deseño dos álbumes. Agora, a por eles!!


lunes, 1 de junio de 2015

Ven.26: Black Grooves!


Sáb.20: DEAD WOOD + Calambres!

Xa vos avisamos que vaiades reservando o 20 de xuño nas vosas axendas, o prato forte deste mes, con DEAD WOOD en concerto, unha nova ocasión para que vexades en directo ó Sheriff Lorre, Breo Gun e Mr.BamBam no seu novo proxecto. 
E ademáis, sesión de Michi Calambres despois do concerto! 
A nosa banda favorita, e o noso gurú na cabina, un plan perfecto!! 
Apuntade o día, e non vo-lo perdades!!!


Ven.12: Trash!


Sáb.6: JALEO!


programación Xuño2015

Aquí tedes o programa completo para este mes de xuño: 

· Sábado 6: JALEO (remixes&covers)
· Venres 12: Trash Trash Trash!
· Sábado 20: DEAD WOOD en directo (dende as 23:45h.)
                   +sesión MICHI CALAMBRES
· Venres 26: Fuck'U whiteys... Black Grooves!

E claro, tiña que aparecer BB King, si ou si.
Non vo-lo perdades!