jueves, 2 de julio de 2015

16º Aniversario do RIF-ROCK!

En xullo cumprimos 16 anos de Rif-Rock!!
E aquí tedes o programa completo que temos preparado para celebralo.

  Venres 10 de xullo  
LITTLE JUICE
en directo dende as 23:45h.
+ sesión de Marinocha & Comomepós.

  Sábado 10 de xullo  
THE SHARKNADOOS
en directo dende as 23:45h.
+ sesión de PauPau-a-GoGó!.


En xullo do 2015 o Rif-Rock cumpre 16 anos. Dende aquel 2 de xullo de 1999 no que abrimo-las nosas portas. Para celebralo con todos vós, esto é o que vos temos preparado, todo concentrado nun mesmo fin de semana. Será o Venres 10 e o Sábado 11 de Xullo, e coma sempre, cun par de propostas en directo. Igual que nos últimos anos seguimos coa idea de presentar a unha nova banda, xunto con outra das que xa consideramos da casa. E logo a música seguirá dende a cabina:

Venres 10 xullo 2015:
LITTLE JUICE en directo dende as 23:45h.
Son un quinteto de breve traxectoria formado por Irene Ríos (voz), Javier Feijoo (guitarra), Julio Abal (teclados), Sandra López (batería) e o habitual do noso escenario Isidro Dozo ó baixo. 
Dende a súa formación no 2014, o grupo naceu coa vocación de disfrutar da interpretación de versións de blues, soul e rock clásico, todo marcado pola voz densa de Irene, pero foi derivando estilísticamente e integrando ritmos e melodías pop. A estrea en directo ven da man do Rif-Rock, mesturando temas propios e versións máis que recoñecibles dende Ottis Redding e Peggy Lee, ata Cream, Police ou Radiohead, con un formato soft, adaptado ás características do local. 
Seguídeos no seu facebook.

E para continua-la noite, dous fixos da nosa cabina: Marinocha & Comomepos, dúas máquinas de picar discos, que farán, coma sempre, o que lles pete!


Sábado 11 xullo 2015
THE SHARKNADOOS en directo dende as 23:45h.
Estes xa precisan de menos presentacións. 
The Sharknadoos son Andrea Area (voz), David Falcón (guitarra), Rubén Iglesias (baixo) e Jesús Caramés (percusión).
Estreáronse no Rif-Rock de xeito informal no nadal do 2013, e dende aquela nos visitaron un par de veces máis, crecendo no seu formato, e sobre todo como banda, ampliando os seus rexistros de rhytm'n'blues, soul, blues e rock, e converténdose seguramente na banda coa axenda máis completa da comarca. 
Unha base rítimica impecable que acompaña a potente voz de Andrea, para unha posta escea tan sinxela coma potente e efectiva, aínda que veñan no seu formato acústico. 
Seguídeos no seu facebook.

E ata o final da noite seguiremos coa sesión de PauPau-a-GoGó!, que volve á nosa cabina despois da súa visita en marzo no ciclo Où Sont les Femmes?: Garage, surf, beat, yeyé, psych, 60s. Festaza asegurada!!

Dúas noites tremendas. Non vo-lo perdades!!

No hay comentarios: