jueves, 30 de julio de 2015

Public Nuisance "Gotta Survive"

Este fin de semana nos preguntaron por este disco, e estaba convencido de que xa vo-lo recomendáramos neste blog... pero parece que non. Así que ahí vai: se moitas veces vos recomendamos bandas que por diversos motivos pasaron desapercibidas durante moito tempo, o dos Public Nuisance, estaría no máis alto dun ranking deste tipo. 
Public Nuisance foi unha banda de Sacramente, California, e durante a segunda metade dos 60s fixeron un garage psychodélico de alto voltaxe, denso e pantanoso coma poucos no seu momento, pero capaces de mesturalo con pop luminoso, e sen embargo estiveron no olvido ata o século XXI. Adoitase a dicir que eran demasiado pop para os punks, e demasiado garageros para os hippies, sen embargo a súa historia é moito máis curiosa.
Formáronse en 1964, e tras varios cambios de nome, primero The Jaguars, logo como Moos & The Rocks, nome baixo o cal gravaron dous singles cotizadísimos en 1967 para Ikon Records, cos que chamaron a atención do productor Terry Melcher (productor estrela do movemento hippie californiano, triunfou sobre todo cos traballos dos Beach Boys e The Byrds), e inmediatamente os fichou para lanzalos. Cambiáronse o nome definitivamente por Public Nuisance, e comezaron a xirar xunto con The Doors, Grateful Dead ou Buffalo Springfield, e a finais do 1968 comezaron a gravar moito máis do seu material xunto co visionario Erik Wangberg ós mandos do estudio. 
En medio dos meses de grabación, se cruza o mesmísimo Charles Manson o seu camiño, e todo remata para eles. Manson coñeceu a Melcher a través de Dennis Wilson dos Beach Boys, e empeñouse en que tiña que producirlle un álbum, e negouse. Tras varias amenazas por parte da Familia de Manson, ten lugar o asasinato de Sharon Tate, amiga de Melcher, e propietario da casa dos matrimonio Polanski ata uns meses antes. Ante o temor de que outros seguidores de Manson tentaran acabar tamén con el, abandonou toda a actividade por un tempo... ata que a finais do 69 volveu a producir a The Byrds e recuperarse económicamente, pero o parón foi xusto o necesario para que os membros Public Nuisance decidiran disolver o grupo e integrarse cada un noutras bandas.
O raro é que aquelas sesións gravadas durante meses quedaron esquecidas para sempre nun caixón, e banda convertida nun mito do que poucos podían falar.
Recentemente tivo que ser o selo local Frantic Records, propiedade de Joey D, quen puxo o empeño por recuperar todas aquelas grabacións, e así no 2002 veu a luz este incríble "Gotta Survive" que inclúe tóda-las gravacións da banda, dende aqueles 7'' lanzados como Moos & The Rocks, e tóda-las sesións gravadas xunto con Wangberg para o que ía a se-lo seu lanzamento stelar. Toda-las súas gravacións, Todas! Nun dobre cd que nós conservamos a noso coma se fose ouro. Logo lanzouse por Shadocks en dobre LP + un EP extra, e recentemente, no 2012 foi novamente reeditado polo selo Third Man Records de Jack White, co mesmo título pero somentes os temas que ían se incluídos no seu álbum de debut.
Se non vos pican as ganas despois desta parrafada xa non sei como convercervos, mellor que os escoitades e seguro que ahí sí que caedes...

PUBLIC NUISANCE "Gotta Survive"
(Frantic Records, 2002)



No hay comentarios: