martes, 31 de octubre de 2017

Munstaphá no Bugulú

Esta noite estaremos poñendo discos en Santiago: F**K Halloween!
Munstaphá no Bugulú, con moitas cousas que dan susto.


viernes, 27 de octubre de 2017

Texxcoco 'Lucifernando'

Texxcoco son unha banda de Las Palmas, unha das sensacións do panorama estatal dos últimos meses, con medio pe no garage máis potente, e con outro no post punk máis enérxico. Tras varios temas lanzados online, xa anuncian o lanzamento do seu primeiro álbum para febreiro do 2018 da man de Subterfuge Records. En novembro teremos oportunidade de velos por Galicia, do 16 ao 18 de novembro, en Santiago e Vigo acompañados polos Kings of the Beach. Aquí vos deixamos 'Lucifernando', o seu novo videoclip e tema de adianto do lp


jueves, 26 de octubre de 2017

Outono Códax Festival 2017: PP Arnold

Esta noite comeza o 7º Outono Códax Festival.
Na primeira cita desta edición, o prato forte, con PP Arnold na Sala Capitol.
Se estade en Santiago, non vo-lo perdades!


miércoles, 25 de octubre de 2017

Fats Domino

Antoine Dominique 'Fats' Domino
(1928-2017)



Daniele Luppi & Parquet Courts "Milano"

Nos últimos anos, os Parquet Courts son unha das bandas máis en forma de planeta, alomenos en tóda-las entregas que nos deixan dende o estudio. O seu novo lanzamento é un álbum compartido co compositor italiano Daniele Luppi. 
Luppi é un recoñecido arranxista, productor e compositor, habitualmente adicado ás bandas sonoras, e dende os últimos moi vinculado co BJ Burton dos Danger Mouse. No 2011 lanzaron xuntos un álbum de pop ambiental, "Rome" dos 2011, no que ademáis contaban coas colaboracións de Jack White e Norah Jones. Agora repite un formato semellante, pero con moito mellor resultado, e baixo a escudería de Danger Mouse, 30th Century Records.
En "Milano" acompáñase polos Parquet Courts, e con Karen O (Yeah Yeah Yeahs) como colaboradora convidada. Son 9 temas que funcionan como dous traballos paralelos. Cinco temas nos que os Parquet Court desenrolan temas, digamos, do seu estilo, acompañados por numerosos engadidos de Luppi: 'Soul & Cigarrette', 'Lanza', 'Memphis blues Again' que ben poderían engadir no seu próximo álbum, e a enorme 'Mount Napoleon', do mellor que escoitamos nos últios meses.
Os temas restantes co protagonismo vocal de Karen O, con moitos arranxados para o seu lucimento, contundencia, velocidade, e rítmica post-punk coma en 'Flush' ou 'Pretty Prizes'. Todo conflúe en pezas coma 'Talisa' ou 'The Golden Ones'. De despedida, 'Café Flesh', un exercicio entre o bebop e o post-punk que lembra ao mesmísimo James Chance.
Xa o podedes atopar pola rede en tóda-las plataformas. O seu lanzamento será este mesmo xoves. Un disco totalmente bipolar, pero que é unha marabilla, de tirón ou por separado. Recomendado.


DANIELE LUPPI & PARQUET COURTS + KAREN O "Milano"
(30th Century Records, 2017)



martes, 24 de octubre de 2017

Ptooff "Boom!"

Aínda queda algunha sesión máis sen compartir. 
Aquí tedes case unha hora da sesión de Ptooff do 23 de setembro: Boom!! 
Garage explosivo e psychodelia troglodita. Metédelle volumen.

PTOOFF "Boom!"
(sesión Rif-Rock 23 set.2017)
faite con Ptooff Boom aquí.


lunes, 23 de octubre de 2017

George Young

George Young, The Easybeats
(1946-2017)



Ptooff Vs. Escalenux. 3 de novembro

Máis cambios de datas.
Gran combate na nosa cabina: PTOOFF Vs ESCALENUX!! unha sesión de StonerPsych, convertidos en Dj Mighelito Vs Ghelucha Selektor
Como a banda sonora dunha masacre no Muíño da Seca, un auténtico filme de terror no saco de Fefiñáns... 
Será o Venres 3 de novembro.


sábado, 21 de octubre de 2017

Black Grooves#52

Levabamos varias entregas de Black Grooves sen compartir, a número#50 por que foi unha especie de greatest hits, e a #51 por que non tivemos tempo.
Pero aquí tedes algo máis de unha hora da entrega de onte mesmo da serie Black Grooves, todo con pezas de actualidade. Agora a darlle volume!

Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
(sesión Rif-Rock 20 out.2017)



jueves, 19 de octubre de 2017

Nicole Willis & UMO Jazz Orchestra "My Name Is Nicole Willis"

Máis música negra.
Neste caso que nos chega dende WillWork4Funk. 
Novo álbum de Nicole Willis, unha auténtica todoterreo vocal, dende o soul, pop, trip hop... foi unha da míticas acompañantes de Curtis Mayfield na súa última etapa, e agora, asentada en Finlandia, continúa decididamente a súa carreira como voz principal. O seu álbum do 2015, "Happiness in Every Style" (ver entrada),  acompañada polos Soul Investigators, colouse no noso top 5 das Black Grooves dese ano, e o seu novo traballo leva o mesmo camiño.

Leva por título sinxelamente "My Name is Nicole Willis", e nesta ocasión acompáñase por outra banda finesa, a UMO Jazz Orchestra, unha big band con máis de vinte membros que leva en activo dende 1975, e que ten unha sección de metais que é unha auténtica pasada. Polo medio, o seu inseparable Jimi Tenor, que ademáis de sintetizadores e percusión, encárgase tamén das mesturas e a edición final. E como convidado de luxo o noso admirado Ian Svenonius, que aporta dous temas da súa autoría, e nos que tamén pon a voz principal, facendo a intro para a diva, e o tema final: 'Introducing', e 'The Final Call', dous temas que perfetamente se colarían en calquer álbum dos seus múltiples proxectos. 

Tra-la tremenda introducción estoupa o funk 'Break Free', seguen pezas soul como 'Haunted by the Devil', 'One in a Million' ou 'When we go down', e as melodías máis pop que se coan en 'Togetherness'. Devólvemos ao funk máis enérxico coa divertida '(Everybody) Do the Watusi', o entretempo 'No child denied', para voltar a subir co nothern soul de 'Together we climb' coa súa rítmica orquestral tan pegadiza. Ademáis na edición en cd inclúe o bonus track 'Still got a way to fall', de rítmica enérxica e cun son totalmente actualizado, e un precioso estribillo soul. Todo secuenciado de xeito brillante, e que pasa voando entre a versátil e potente voz de Willis, e enorme banda que a acompaña, guitarras afiadas, rítmica contundente, e esa sección de metais tan potente, sobre todo cando meten os graves. Seguro que vos sorprende.
Un discazo enorme, nós xa o temos entre os mellores do ano.
Un dos imprescindibles do 2017.


NICOLE WILLIS & UMO Jazz Orchestra "My Name Is Nicole Willis"
(Persephone / Herakles Records, 2017)



PP Arnold "The Turning Tide"

Un par de recomendacións antes da fin de semana.
Comezamos con PP Arnold, que ademáis será a principal estrela do Outono Codax Festival deste ano. A comezos de mes lanzou un novo álbum "The Turning Tide", que en realidade é a recuperación de sesións que nunca viran a luz, e que debería ter sido o seu terceiro álbum cara 1969.
Os temas que recolle "The Turning Tide" foron gravados a finais de 1968, coa producción de Eric Clapton e Barry Gibb, e entre os músicos de sesión se atopaban os que posteriormente formarían Derek & The Dominos con Clapton.
Entre os trece temas que recolle este álbum se inclúen versións coma o 'Medicated Goo' de Traffic, 'Brand New Day' de Van Morrison, ou 'You Can't Always Get What You Want' dos Rolling, o resto temas de Gibb e Arnold.
Agora recupera estas gravacións na xira que conmemora os seus 50 anos de carreira. Apuntade a data, 26 de outubro na Sala Capitol de Santiago.
E xa nos anuncia un novo álbum para o 2018.
Ganas tremendas de vela a próxima semana en directo.

PP ARNOLD "The Turning Tide"
(Kundalini Music, 2017)



cambios na programación

Debido ao aidanto da sesión de Ptooff & Escalenux, faremos un pequeno cambio nas sesións dos últimos venres de outubro. A cousa queda así:
· Vernes 20: Black Grooves
· Venres 27: Ptooff Vs Escalenux "StonerPsych"


Ve 27: Ptooff Vs Escalenux

Gran combate na nosa cabina!
PTOOFF Vs ESCALENUX!! unha sesión de StonerPsych, convertidos en Dj Mighelito Vs Ghelucha Selektor. Como a banda sonora dunha masacre no Muíño da Seca, un auténtico filme de terror no saco de Fefiñáns...
Será o Venres 27 de outubro. Animalada.


miércoles, 18 de octubre de 2017

Ven.20: Black Grooves


TIM HOLEHOUSE, o concerto

O sábado pasado, por fin tivemos a Tim Holehouse no Rif-Rock. Levábamos tempo con gañas de traelo, e ao fin tivemos a oportunidade de repetir cos de Ulomanía Coop. Gracias a Bosco dos Family Folks e ao Sheriff Lorre por facelo posible.
Concerto intenso e divertido como poucos que teñamos feito no local, pouco público, pero con moitas gañas de pasalo ben dende o primeiro momento.
Tim ofreceunos hora e vinte cos seus temas en acústico, adiantounos algún do seu próximo álbum, e ofreceunos unha chea historias super tolas con anécdotas das súas xiras polo mundo adiante. Por suposto, para rematar o seu hit 'Long Road to Nowhere'. Un tipo xenial, esperamos telo de volta na súa próxima visita. 

Aquí tedes o concerto completo, para que o desfrutedes outra vez. Moi escuro, pero é o que hai, alomenos escoitase bastante ben.



martes, 17 de octubre de 2017

Tim Holehouse 'Long Road to Nowhere'

Así remataba Tim Holehouse o seu show o sábado pasado. Co seu hit 'Long Road to Nowhere', xa un clásico das nosas vidas. Mañan o concerto completo.


Tim Holehouse en Disco Grande de Radio3

A pasada semana Tim Holehouse estivo con Julio Ruíz, en Disco Grande de Radio3, presentando un tema de adianto do seu novo álbum, e falando das súas xiras interminables. Foi o 10 de outubro, xusto antes do seu paso por Galicia o fin de semana (Vigo, e Cambados no Rif-Rock) en medio do seu tour europeo.

A metade do programa está adicada a Holehouse, dende o minuto 32:30.
Además da entrevista, sonan 'The incident' e 'Body Found' do seu último álbum con The Tourette Boys, e ademáis interpreta en directo 'Prince of the palace' (tributo a Bonnie Prince Billy) e 'Sleep'.
Enlace ao programa Disco Grande do 10 de outubro.
Audio completo descargable directamente aquí.


lunes, 16 de octubre de 2017

Tim Holehouse

Fantástico show que nos ofreceu Tim Holehouse o sábado!! intenso e divertido coma poucos, un luxo telo con nós, un tipo xenial. Thanks Tim, see you soon!! 
E logo a sesión de Jaleo, que acabou compartindo a cabina con Matador Cardalda. Con compis así da gusto!! Gracias a todos. 
**Cambadsooouuu**
Nuns días o concerto completo.





Jaleo & Matador

Logo do show de Tim Holehouse, era o turno de Jaleo na cabina. 
Rematou a noite compartindo a sesión co amigo Matador Cardalda. Cracks!!!


viernes, 13 de octubre de 2017

Sáb.14: TIM HOLEHOUSE & Dj Jaleo!

Planazo para este sábado, un concerto que non vos deberiades perder.

Rif-Rock & Ulomanía presentan:
TIM HOLEHOUSE en directo!!
Sábado 14 de outubro no Rif Rock.
+ Sesión JALEO!!
23:30h. Entrada Libre.

info:
Tim Holehouse comezou tocando en bandas de hardcore e punk de Portsmouth (UK), ata que no 2005 arranca a súa carreira como solista, co lanzamento do seu primeiro álbum Dende entón toma unha dirección cara o blues, o folk e os sons máis primitivos, pero sen abandoar a actitude punk dos seus inicios. Dende entón vive case nunha xira permanente, e polo medio con tempo para lanzar máis de 20 referencias publicadas, entre álbumes, EPs e singles. Os máis recentes son "Hail" (dixital e cassette) e "Kill", un álbum compartido cos xermanos The Tourette Boys, os dous lanzados o pasado agosto.
O ano pasado estivo en Cambados da man dos de Ulomanía Coop. no que foi o seu único concerto en España de toda a tempada. Teremos a oportunidade de velo de novo o próximo sábado 14 no Rif-Rock, dende as 23:30h, e con entrada de balde. 
E para rematar a noite seguirá dende a cabina dj JALEO, que xa hai moito tempo que non nos visita, e seguro que virá con ganas...

http://timholehouse.com/
https://timholehouse.bandcamp.com/


Tim Holehouse no 2016...

Bó momento para lembrar a anterior visita de Tim Holehouse a Cambados.
Foi o 15 de maio do 2016 no Continental, e aquela foi a primeira actividade organizada por Ulomanía Coop. Un día realmente especial.
Se queredes repasalo, aquí tedes o concerto completo:


jueves, 12 de octubre de 2017

Wild Billy Childish And CTMF "Brand New Cage"

Xa había tempo que non vos recomendabamos novos lanzamentos do noso gurú Billy Childish. É difícil seguirlle pista con tanto 7'' e tantas banda paralelas... pero sempre o tentamos.
A semana pasada lanzou novo álbum xunto cos CTMF, e leva por título "Brand New Cage". Son 12 novos temas do seu son máis caracterísitico e acompañado por Wolf Howard na percusión e Julie 'Juju' Hamper ao baixo, e alternando tamén guitarras e voces con Childish. Unha tras outra marca da casa: 'Brand New Cage', a enorme 'You Destabilise Me', 'Are you better than me?', a contida 'Under the blue Montana skies', e a directa 'The Punk is in me (and it had come out)', e os temas nos que Juju Hamper leva a voz cantante 'It's All gone wrong' e 'Bullet Proof'. Ademáis inclúe os dous temas do 7'' de adianto, con 'I've got a conflicted man' e 'In a Parallel World'.
Recomendadísimo, coma sempre


Wild Billy Childish And CTMF "Brand New Cage"
(Damage Goods Records, 2017)



Vibravoid 'Om Gang Ganpataye Namah'


Adianto do novo álbum dos xermanos Vibravoid. Aínda teremos que agardar ata o 17 de novembro para o lanzamento de "Mushroom Mantras" , pero xa nos avanzan o tema 'Om Gang Ganpataye Namah' que abrirá o álbum. Do mellor da psychodelia europea dos últimos anos.


miércoles, 11 de octubre de 2017

Family Folks 'Sea of Whiskey'

A semana pasada, os Family Folks lanzaron novo video clip. O tema escollido é 'Sea os Whiskey', do seu último álbum "All the Lost Causes". 
Foi grabado durante os concertos do ciclo Agosto na Ría navegando pola ría de Vigo. Todo recollido e realizado por Miguel Álvarez.



martes, 10 de octubre de 2017

Novas no Outono Códax Festival 2017

Novidades na 7ª edición do Outono Códax Festival.
A direccion do festival compostelano comunicou hai uns días que tódo-los concertos se trasladarán á Sala Capitol, incluídos os shows dos venres que estaban programados en Riquela, e que seguirán sendo de entrada libre. 

Aquí tedes o programa completo:
26 Out: PP Arnold + Cachas & Cousings 
27 Out: LAR & Freire
3 Nov: Hendrik Röver, Óscar Avendaño & Juanjo Zamorano
4 Nov: Hillbilly Moon Explosion + Daddy Long Legs + Mad Martin Trio
17 Nov: Johnny B. Bad
18 Nov: The Suffers + Sugar Daddie & The Ceral Killers

Entradas e abonos en ticketea.


lunes, 9 de octubre de 2017

27 Out: Black Grooves!


Tim Holehouse, últimas edicións

Aquí vos deixamos enlaces coas últimas referencias discográficas de Tim Holehouse, de finais do ano pasado e as máis recentes lanzadas o pasado mes de agosto. Pero seguro que trae outros singles en vinilo con vello material.


Comezamos recomendando o seu divertido "Influence", de comezos do ano pasado, no que alterna versións de bandas coma Hüsker Dü, Black Flag, Smog ou Nirvana levados ao seu terreo, con temas tradicionais do folk anglosaxón. 


O Split album de Holehouse xunto con Vincent Slegers amosanos a súa faceta máis directa. Unha cara para cada artista, con 5 temas cada un. 
Gravado a pelo, guitarra e mínima percusión, reflexo da súa proposta en directo, e recuperando vellos temas coma 'Long Road to Nowhere' con banjo, aquela de Living on a bus... Lanzado a finais de novembro do 2016, e dispoñible en cd e dixital. 


Un dos últimos lanzamentos é "Hail". Un un álbum atmosférico, de temas longos e densos, empregando moitos trebellos e máis centrado nas texturas que nas cancións. Dispoñible en cassette e formato dixital. Escoitade Hail en bandcamp.

En agosto deste mesmo ano tamén lanzou o lp "Kill", asinado por Tim Holehouse e os xermanos The Tourette Boys, cos que volvía ao formato de banda, e recuperando outros sons totalmente distintos, con longos desenrolos e unha proposta post-harcore e post-rock. Un discazo que vos recomendamos, aínda que nada ten que ver cos seus shows en directo como solista. 



sábado, 7 de octubre de 2017

Sáb.14: TIM HOLEHOUSE + Jaleo

Rif-Rock & Ulomanía presentan:
TIM HOLEHOUSE en directo!!
Sábado 14 de outubro no Rif Rock.
+ Sesión JALEO!!
23:30h. Entrada Libre.

Tim Holehouse comezou tocando en bandas de hardcore e punk de Portsmouth (UK), ata que no 2005 arranca a súa carreira como solista, co lanzamento do seu primeiro álbum Dende entón toma unha dirección cara o blues, o folk e os sons máis primitivos, pero sen abandoar a actitude punk dos seus inicios. Dende entón vive case nunha xira permanente, e polo medio con tempo para lanzar máis de 20 referencias publicadas, entre álbumes, EPs e singles. Os máis recentes son "Hail" (dixital e cassette) e "Kill", un álbum compartido cos xermanos The Tourette Boys, os dous lanzados o pasado agosto.
O ano pasado estivo en Cambados da man dos de Ulomanía Coop. no que foi o seu único concerto en España de toda a tempada. Teremos a oportunidade de velo de novo o próximo sábado 14 no Rif-Rock, dende as 23:30h, e con entrada de balde. 
E para rematar a noite seguirá dende a cabina dj JALEO, que xa hai moito tempo que non nos visita, e seguro que virá con ganas...

http://timholehouse.com/
https://timholehouse.bandcamp.com/


viernes, 6 de octubre de 2017

Super Bock edición especial

Acaba de chegarnos unha tirada limitada da edición especial de Super Bock que conmemora os 90 anos da marca. Seguro que non pasan desta noite...


Kings of the Beach "SAFA"

Logo de varios retrasos, xa temos a nova referencia de Ulomanía Coop.
Aquí están os vigueses KINGS OF THE BEACH por primeira vez en vinilo!!
"SAFA" é un 7'' con catro trallazos a 33rpm: 
Nasty Beach / Estella / Sunset / Jumanji
Dispoñible dende xa para recoller reservas, comezar a distribución e por suposto en tódo-los seus concertos!!
250 copias numeradas, apurade que voan...




jueves, 5 de octubre de 2017

Chain and The Gang "Experimental Music"

Nova entrega de Ian Svenonius, que desta vez está de volta co seu proxecto Chain and the Gang. "Experimental Music" é o sexto álbum de estudio da banda con dez novos temas marca da casa. Se nón é o máis subversivo de todos, que é difícil, si é o máis irónico e sarcástico, comezando polo título, pero sobre todo polas letras de tódo-los temas, cheos de dobres sentidos e o seu habitual discurso de política sobrenatural. Por que Roma non se queimou en un día...
Recomendadísimo coma sempre, por algo é un dos que saen máis habitualmente neste blog.

CHAIN AND THE GANG "Experimental Music"
(Radical Elite Records, 2017)




miércoles, 4 de octubre de 2017

The Surfing Magazines

Con tantas semana sen recomendarvos álbumes estásenos a acumular a lista de recomendacións pendentes.
A comezos de mes lanzouse o debut da banda The Surfing Magazines, con membros dos Wave Pictures e Slow Club. A primeira referencia xa vos sirve de pista, aínda que non é exactamente o mesmo. Neste proxecto tentan amosar a súa vertente máis garagera e por suposto surf. Os temas oscilan entre os que semellan unha continuación do pop de baixa fidelidade dos Wave Pictures que tanto nos gusta, e pezas nas que tiran por sons máis primitivos, entre os que sempre nos levan a Link Wray ou Bo Diddley. 'Sawdust in my eyes', 'Pepping Dom', 'Summer', 'One of these days', 'Goose Feathed Bed', ou 'A Fran Escaped' para comprender a mestura de todo isto. Pero sobre todo 'New Day' que lanzaron coma segundo single a comezos do verán. Recomendados!!

THE SURFING MAGAZINES "The Surfing Magazines"
(Moshi Moshi Music, 2017)



Kitty, Daisy & Lewis 'Down On My Knees'



martes, 3 de octubre de 2017

Tom Petty

Tom Petty
(1950 - 2017)



Kings of the Beach "Safa"

Esta semana xa estará dispoñible o novo lanzamento de Ulomanía Coop.
O 7'' dos vigueses KINGS OF THE BEACH. Catro trallazos de garage, punk, e power pop pasados de voltas. Atentos!!


lunes, 2 de octubre de 2017

Sáb.14: TIM HOLEHOUSE + Jaleo!

Temos planazo para o sábado 14 de outubro!!
O británico TIM HOLEHOUSE en directo, coa súa descarga de dirty-blues-punk. Esta de volta por estas terras e non podíamos perde-la ocasión de traelo polo Rif-Rock
E despois continuaremos a noite con Dj JALEO na cabina, que xa hai tempo que nos ten abandonados...
Apuntade sábado 14 de outubro, dende as 23:30h.
Outra movida de Ulomanía Coop, gracias ao Sheriff Lorre e os Family Folks!!