lunes, 9 de octubre de 2017

Tim Holehouse, últimas edicións

Aquí vos deixamos enlaces coas últimas referencias discográficas de Tim Holehouse, de finais do ano pasado e as máis recentes lanzadas o pasado mes de agosto. Pero seguro que trae outros singles en vinilo con vello material.


Comezamos recomendando o seu divertido "Influence", de comezos do ano pasado, no que alterna versións de bandas coma Hüsker Dü, Black Flag, Smog ou Nirvana levados ao seu terreo, con temas tradicionais do folk anglosaxón. 


O Split album de Holehouse xunto con Vincent Slegers amosanos a súa faceta máis directa. Unha cara para cada artista, con 5 temas cada un. 
Gravado a pelo, guitarra e mínima percusión, reflexo da súa proposta en directo, e recuperando vellos temas coma 'Long Road to Nowhere' con banjo, aquela de Living on a bus... Lanzado a finais de novembro do 2016, e dispoñible en cd e dixital. 


Un dos últimos lanzamentos é "Hail". Un un álbum atmosférico, de temas longos e densos, empregando moitos trebellos e máis centrado nas texturas que nas cancións. Dispoñible en cassette e formato dixital. Escoitade Hail en bandcamp.

En agosto deste mesmo ano tamén lanzou o lp "Kill", asinado por Tim Holehouse e os xermanos The Tourette Boys, cos que volvía ao formato de banda, e recuperando outros sons totalmente distintos, con longos desenrolos e unha proposta post-harcore e post-rock. Un discazo que vos recomendamos, aínda que nada ten que ver cos seus shows en directo como solista. 



No hay comentarios: