Nos últimos anos, os Parquet Courts son unha das bandas máis en forma de planeta, alomenos en tóda-las entregas que nos deixan dende o estudio. O seu novo lanzamento é un álbum compartido co compositor italiano Daniele Luppi.
Luppi é un recoñecido arranxista, productor e compositor, habitualmente adicado ás bandas sonoras, e dende os últimos moi vinculado co BJ Burton dos Danger Mouse. No 2011 lanzaron xuntos un álbum de pop ambiental, "Rome" dos 2011, no que ademáis contaban coas colaboracións de Jack White e Norah Jones. Agora repite un formato semellante, pero con moito mellor resultado, e baixo a escudería de Danger Mouse, 30th Century Records.
En "Milano" acompáñase polos Parquet Courts, e con Karen O (Yeah Yeah Yeahs) como colaboradora convidada. Son 9 temas que funcionan como dous traballos paralelos. Cinco temas nos que os Parquet Court desenrolan temas, digamos, do seu estilo, acompañados por numerosos engadidos de Luppi: 'Soul & Cigarrette', 'Lanza', 'Memphis blues Again' que ben poderían engadir no seu próximo álbum, e a enorme 'Mount Napoleon', do mellor que escoitamos nos últios meses.
Os temas restantes co protagonismo vocal de Karen O, con moitos arranxados para o seu lucimento, contundencia, velocidade, e rítmica post-punk coma en 'Flush' ou 'Pretty Prizes'. Todo conflúe en pezas coma 'Talisa' ou 'The Golden Ones'. De despedida, 'Café Flesh', un exercicio entre o bebop e o post-punk que lembra ao mesmísimo James Chance.
Xa o podedes atopar pola rede en tóda-las plataformas. O seu lanzamento será este mesmo xoves. Un disco totalmente bipolar, pero que é unha marabilla, de tirón ou por separado. Recomendado.
DANIELE LUPPI & PARQUET COURTS + KAREN O "Milano"
(30th Century Records, 2017)
No hay comentarios:
Publicar un comentario