martes, 27 de febrero de 2018

Triángulo de Amor Bizarro 'O Isa'

Os Triángulo de Amor Bizarro lanzaron hai un par de semanas o adianto do seu novo ep, "El Gatopardo", con data de saída para o 23 de marzo. Serán catro temas inspirados nas cantigas de escarnio e maldicir. 
Polo momento nos deixan 'O Isa', temazo de adianto.
Xa o podedes reservar na web de Mushroom Pillow.


Klaasje van der Wal

Klaasje van der Wal
(1949 - 2018)
Shocking Blue



lunes, 26 de febrero de 2018

Où Sont Les Femmes? 2018

Este fin de semana comezamos con outra nova edición do ciclo Où Sont Les Femmes?, en un par de días o programa completo!


domingo, 25 de febrero de 2018

sábado, 24 de febrero de 2018

Black Grooves#55

Aquí tedes unha selección da entrega de onte mesmo da sesión Black Grooves. 
Outra noite sacando vellos temas do baúl, soul e moito r'nb...

Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
(sesión Rif-Rock 23 febr.2018)


viernes, 23 de febrero de 2018

esta noite Black Grooves!


Barrence Whitfield & The Savages 'Let's go to Mars'

Xa está de volta o mítico Barrence Whitfield cos seus The Savages. 
A próxima semana lanza novo álbum "Soul Flowers of Titan" con Blood Shot Records, e hai un par de días lanzaron o primeiro clip de adianto, co tema 'Let's Go to Mars'. Qué gañas de facernos con el...


jueves, 22 de febrero de 2018

máis títulos de Catro Ventos

Novas edicións que nos chegan dende a editora Catro Ventos.
Trátase dos ensaios "Biodiversidade, cara unha sexta extinción masiva", e de "Xuízo aos Humanos", de José Antonio e Eduardo Jáuregui. Ademáis tamén nos achegan a reedición do libro infantil "Así é a Ditadura", lanzado orixinalmente por La Gaya Ciencia en 1977, unha auténtica xoia.
Tedes a reseña, info e mostras en descarga no seu catálogo online.
E dende este mesmo fin de semana, tamén dispoñibles no noso local.


Forges

Antonio Fraguas "Forges"
(1942-2018)




Kings of the Beach "Super Awkward, Fucking Awesome"

Máis novidades dos Kings of the Beach.
Mañán mesmo estrean o seu novo álbum a través de plataformas dixitais, aínda que para telo en formato físico teremos que agardar un pouco máis.
Hoxe mesmo adiantan a portada, o tracklist e estrean o video clip de 'Blisters on my teeth' na web Mad Girls Magazine.
O seu primeiro lp leva por título "Super Awkward, Fucking Awesome", e son 10 temas, entre os que inclúen os dous que xa nos adiantaran no single "Goats". Ademáis a edición conta cos deseños de Roberta Váquez. 
Lembrade, venres 23 en liña, e próximamente en vinilo.



miércoles, 21 de febrero de 2018

Little Juice 'Trapped Soul'

Os LITTLE JUICE seguen a adiantarnos temas do seu EP "Drøwn". 
A semana pasada foi o turno de 'Trapped Soul', pasádevos polo seu bandcamp para escoitalo todo, e moi pronto o ep completo.



en marzo: Où Sont Les Femmes?

En marzo voltaremos a xuntar a algunhas das nosas mellores amigas para que se fagan cargo da cabina do Rif-Rock durante todo o mes. 
Nuns días o programa completo.


martes, 20 de febrero de 2018

Sesión Escalenux#3

Aquí tedes case unha hora da sesión do sábado de Escalenux. 
Houbo moito máis, pero estivérades ali...

Escalenux#3
(sesión Rif-Rock 17 febr.2018)

viernes, 16 de febrero de 2018

The James Hunter Six "Whatever it Takes"

Unha das novidades desta semana é o novo álbum de James Hunter, de novo co sexteto, e segunda entrega para Daptone Records. O británico sempre amosou a súa devoción por Sam Cooke, pero desta vez case o clava.
"Whatever it Takes" é o título deste novo traballo, creo de pezas de r'nb e soul purista, pausado e sentido.
Xa teredes escoitado 'I dong wanna be without you' ou a propia 'Whatever it takes', pero non vos perdades a rítmica de 'I got eyes' ou 'Don't Let pride take you for a ride', e por suposto non podía faltar o blues de 'Blisters' ou 'How Long'. Un dos seus discos máis pausados, pero segue a facelo dun xeito impecable.

THE JAMES HUNTER SIX "Whatever it Takes"
(Daptone Records, 2018)




miércoles, 14 de febrero de 2018

Los Wavy Gravies 'Kasha Fo-Ho'


Xa temos os primeiros adiantos do que será o álbum de debut de Los Wavy Gravies. 'Kasha Fo-Ho' é o segundo tema que nos presentan, un temazo de surf contundente marca da casa, dos máis potentes do seu repertorio en directo.
Xa podedes escoitalo no bandcamp, donde tamén atoparedes Wild, Wild, Wild.

"Mariñeiro" de Juan Galiñanes

A semana pasada xa vos recomendamos polas redes a estrea de "Mariñeiro", unha curta documental de Juan Galiñanes que recolle vivencias da xente do mar de Cambados, protagonizado por Celso Bugallo. 
Logo de velo o venres pasado só vos podemos recomendar que non perdades a ocasión de velo nas vindeiras proxeccións se tedes oportunidade.


Aquí tedes os teaser de Mariñeiro:



martes, 13 de febrero de 2018

Gloria "Gloria In Excelsis Stereo"

Seguimos con recomendacións.
Gloria son un sexteto de Lyon, e no 2016 lanzaron o que ata agora é o seu único álbum: "Gloria in Excelsis Stereo", unha xoia de pop sixtie fora do seu tempo.
As súas principais referencias son o pop psychodélico da costa oeste, pero tamén con doses de garage, folk e groove, con estructuras sinxelas evolucionadas do jangle pop (sobre todo en 'Shame') que van crecendo en cada tema, case sempre enmasacarado detrás dos xogos de voces das súas tres cantantes.
"Gloria in Excelsis Stereo" son 10 temas que pasan voando. De primeiras quédeme cos temas de reminiscencias máis garageiras como 'Braindead' ou 'Shelter', na súa vertente de pop máis ácido en 'Bean me up', ou o groove de 'Howlin' Stones'. Pero tamén  vos sorprenderedes cos ritmos suaves de 'Exotica' ou os toques country-folk de 'In the Morning'. 
Atoparedes o álbum completo no bandcamp de Howllin' Banana, e a finais de marzo estarán en directo en Compostela da man de Desconcierto Cultural.

GLORIA "Gloria In Excelsis Stereo"
(Howlin' Banana Records, 2016)






lunes, 12 de febrero de 2018

Sunflowers "Castle Spell"

Comezamos a semana con recomendacións. 
Sunflowers é un dúo de Porto que xa nos emocionaron co seu primeiro lpl do 2016 ("The Intergalactic Guide To Find The Red Cowboy"), e a semana pasada lanzaron o seu segundo álbum, este "Castel Spell", moito máis homoxéneo que o anterior, e apostando decididamente polas tendencias máis actuais do garage psych. A influencia dos californianos Oh Sees, Fidlar ou Ty Segall, e as propostas máis alucinadas dos australianos King Gizzard son máis que evidentes, e levadas a cabo dun xeito brillante.
"Castel Spell" son dez temas que vos recordarán a todo iso e máis. 'The Siren' a propia 'Castle Spell', 'Monomanía' ou 'Signal Hill' son boa proba delo. Tamen se deixan levar por momentos ruidistas, e na segunda parte do álbum alternando pezas explosivas con desenrolos máis longos.
Recomendadísimos! Esperamos poder velos pronto en directo .

SUNFLOWERS "Castle Spell"
(Only Lovers Records, 2018)



jueves, 8 de febrero de 2018

Sáb.17: Escalenux


Perverted by Language, fiction inspired by The Fall

O "Perverted by Language" dos Fall deu para moito máis que música e videos.
No 2007, convertíuse en libro, aínda que esto xa non foi cousa de Mark E. Smith, nin formaba parte do mesmo proxecto, e pasaran xa case 25 anos do seu lanzamento. O libro do mesmo nome foi unha iniciativa do editor Peter Wild para a a editorial Serpent's Tail, que se lanzou coincidindo coa primeira edición do Festival Internacional de Manchester, un certame bienal adicado ás artes multidisciplinares. 
O libro é unha antoloxía de relatos curtos inspirados en cancións de The Fall. Ahí aparecen entre outros Nicholas Blincoe, Michel Faber ou Helen Walsh, e ilustros rockeiros coma Robin Hitchcock, ademáis do propio Mark E. Smith, pero habitualmente salíentase o relato de Carlton Mellick III coma o máis destacado de todos. Xa vedes, un proxecto xigantesco que aínda deu para moito máis do que se pensaba. E a cuberta, espectacular!!!

Ver álbum Perverted by Language.
Ver Perverted by Language Bis, video


The Fall "Perverted by Language Bis"

Onte xa vos adiantamos que o proxecto de "Perverted by Language" de The Fall foi móito máis alá do musical. Un dos motivos da súa ruptura co selo Rough Trade en 1981 fora precisamente os enormes gastos que a banda lles cargaba con video clips demasiado longos, e nesta ocasión firmaron o lanzamento do álbum e nada máis. 
A idea de Smith e compañía era realizar un video clip xigantesco con tódo-los temas da banda, algo que non se tivera feito nunca antes. O proxecto foi adiante financiado pola propia banda e coa colaboración fundamental de IKON, unha productora audiovisual nacida de Factory Records.
O lanzamento levou por título "Perverted by Language Bis" e foi lanzado tanto en VHS como BETA. Dura 53 minutos, nos que se inclúen tódo-los temas do álbum, mesturando directos con ficción e moitas esceas que sirven de ponte. Todo dirixido por Malcolm Whitehead e cos deseños de Brix Smith.
Unha auténtica tolemia do Mark E. Smith, outra máis.

THE FALL "Perverted by language Bis"
(Ikon, 1983)


Aquí tedes a referencia de PbLBis no catálogo de Factory Records. 
E por suposto, aquí vos deixamos o comezo da peza, pero podedes atopalo completo en catro partes [pt1 - pt2 - pt3 - pt4]:


miércoles, 7 de febrero de 2018

The Fall "Perverted by Language"

Xa non temos a Mark E. Smith neste mundo para seguir dando guerra, e aínda que saguro que sacarán moito material inédito próximamente, sempre nos queda o seu enorme legado. Así que nós seguiremos recomendando os álbumes de The Fall, que aínda faltan moitos neste blog.
Hoxe imos con "Perverted by Language", de 1983. Foi o seu sexto álbum de estudio, un breve retorno ao selo Rough Trade, e o primeiro no que se incorporaba Brix Smith, aínda que entou co álbum case rematado no estudio.
"Perverted by Language" supón unha importante evolución no seu son, reduciron a urxencia punk, baixando a velocidade e prestando máis atención á experimetación das estructuras, sobre todo do kraut, con importante influencia dos xermanos CAN, sen que deixaran de soar ao post-punk marca da casa., pero que se quedarán para sempre na fórmula de The Fall combinada con outras moitas cousas. A rítmica machacona de 'Eat Y'self Fitter', a fantástica 'Neighbourhood of Infinity', 'Hotel Blöedel' co debut de Brix Smith nas voces, ou as eternas 'Smile' e 'I Feel Voxish' serían os temas máis relevantes deste traballo, aínda que todo isto trascendeu moito máis alá do musical. Entre o máis salientable do proxecto, foi o de facer un video clip, pero en vez de realizalos para os singles extraídos, fixeron un video clip de 50 minutos  con tódo-los temas do álbum ao completo: "Perverted by Language Bis", pero diso xa vos falaremos na seguinte entrada.

THE FALL "Perverted by Language"
(Rough Trade, 1983)



Dead Wood e Breakin' Bones na Mondo Sonoro

Neste número da Mondo Sonoro (nº258, febreiro 2018), na edición Galicia / Castilla y León, atoparedes varios contidos de Ulomanía Coop. 
Na páxina 2, a reseña do vinilo "Pura Maldad' dos Breakin' Bones, e na páxina 6 abren a sección Escaparate cunha entrevista aos Dead Wood. Todo saído da pluma de Fernando Fernández Rego.
Podedes consulta-lo exemplar completo aquí na versión online, pero por suposto mellor se vos facedes coa edición impresa.

martes, 6 de febrero de 2018

Malraio "Prótese EP"

Máis recomendacións do GZ Canibal.
Hai un par de semanas presentáronse en directo os compostelanos Malraio, con ex de The Homens, The Lorchas, Matogrosso (L'Uomo di Goma) ou os Fulsomes. Malraio adiantaron un tema en xuño do ano pasado, e en decembro lanzaron o seu primeiro ep "Prótese". Cinco temas de influencias claras que nos encantan: Mission of Burma, Fugazi, Wire ou Hüsker Dü. Pero mellor que os escoitedes no seu bandcamp, e que non vos perdades o seu próximo concerto.
Para saber máis, recoméndovos a entrevista que lle fixeron no programa Onda Vital antes do concerto de presentación: Onda Vital 18 xaneiro.

MALRAIO "Prótese EP"
(autoproducido, 2017)




lunes, 5 de febrero de 2018

The Fleshtones en directo

Esta semana teremos a THE FLESHTONES en directo pola nosa terra.
Hoxe mesmo, estarán na Coruña na Sala Mardi Gras, o martes na SalaSon de Cangas, e o mércores na Sala Capitol Club de Compostela. 
Nunca perdades a ocasión de velos!!



jueves, 1 de febrero de 2018

The Velvet Underground "White Light / White Heat"

Esta semana cumpríronse 50 anos do "White Light/White Heat" da Velvet Underground. Tra-lo escándalo e o fracaso comercial do debut "The Velvet Underground & Nico", Lou Reed e John Cale despediron a Nico coma vocalista, e a Andy Warhol coma manager. Mantiveron o respaldo da compañía Verve e metéronse no estudio para gravar o seu novo álbum.
O resultado foi este "White Light/White Heat", outra obra mestra marca da casa. Continuaban a provocación do anterior, con letras sobre drogas, sexo e travestismo, e no musical continuaron coa súa proposta avant-garde, aumentando a distorsión e o ruidismo a base de feedback de guitarras e a viola descontrolada de Cale. O primeiro paso xa estaba dado, así que desta vez foron máis alá e conseguiron o álbum máis transgresor e crú da súa carreira, e o traballo que cambiou para sempre as posibilidades do rock convencional.
A propia 'White Light/White Heat' é unha mostra de como un tema con grandes melodías acaba supeditada á distorsión. 'The Gift' é un tema recitado sobre o desenrolo dunha jam, na que contan a desgraciada historia de amor obsesiva de Waldo Jeffers dentro dun paquete de correos. A sinistra 'Lady Godiva's Operation' e 'Here she comes now' pechan a cara A co momento máis amable do álbum.
Pola cara B só dous temas, a distorsión de 'I heard her call my name', noutro corte con melodías perfectas que pasan a un segundo plano, e finalmente os 17 minutos da descomunal 'Sister Ray', que comeza coma outra peza convencional sobre a decadencia urbana, na que Sister Ray é un travesti traficante de heroína que se ve envolto nun asasinato..., e muda en distorsión e improvisación pura.
Foi o último traballo que lanzaron coa formación orixinal: Lou Reed, John Cale, Sterling Morrison e Maureen Tucker. A repercusión, un tanto irregular, superou con moito en ventas ao anterior, pero sobre todo foi, e segue sendo, aclamado pola crítica e os seguidores coma un dos álbumes máis arriscados do rock.
Seguiron facendo historia, pero xa tirando hacia sons máis convencionais.

THE VELVET UNDERGROUND "White Light/White Heat"
(Verve Records, 1968)