Seguimos con recomendacións.
Gloria son un sexteto de Lyon, e no 2016 lanzaron o que ata agora é o seu único álbum: "Gloria in Excelsis Stereo", unha xoia de pop sixtie fora do seu tempo.
As súas principais referencias son o pop psychodélico da costa oeste, pero tamén con doses de garage, folk e groove, con estructuras sinxelas evolucionadas do jangle pop (sobre todo en 'Shame') que van crecendo en cada tema, case sempre enmasacarado detrás dos xogos de voces das súas tres cantantes.
"Gloria in Excelsis Stereo" son 10 temas que pasan voando. De primeiras quédeme cos temas de reminiscencias máis garageiras como 'Braindead' ou 'Shelter', na súa vertente de pop máis ácido en 'Bean me up', ou o groove de 'Howlin' Stones'. Pero tamén vos sorprenderedes cos ritmos suaves de 'Exotica' ou os toques country-folk de 'In the Morning'.
Atoparedes o álbum completo no bandcamp de Howllin' Banana, e a finais de marzo estarán en directo en Compostela da man de Desconcierto Cultural.
GLORIA "Gloria In Excelsis Stereo"
(Howlin' Banana Records, 2016)
No hay comentarios:
Publicar un comentario