miércoles, 7 de febrero de 2018

The Fall "Perverted by Language"

Xa non temos a Mark E. Smith neste mundo para seguir dando guerra, e aínda que saguro que sacarán moito material inédito próximamente, sempre nos queda o seu enorme legado. Así que nós seguiremos recomendando os álbumes de The Fall, que aínda faltan moitos neste blog.
Hoxe imos con "Perverted by Language", de 1983. Foi o seu sexto álbum de estudio, un breve retorno ao selo Rough Trade, e o primeiro no que se incorporaba Brix Smith, aínda que entou co álbum case rematado no estudio.
"Perverted by Language" supón unha importante evolución no seu son, reduciron a urxencia punk, baixando a velocidade e prestando máis atención á experimetación das estructuras, sobre todo do kraut, con importante influencia dos xermanos CAN, sen que deixaran de soar ao post-punk marca da casa., pero que se quedarán para sempre na fórmula de The Fall combinada con outras moitas cousas. A rítmica machacona de 'Eat Y'self Fitter', a fantástica 'Neighbourhood of Infinity', 'Hotel Blöedel' co debut de Brix Smith nas voces, ou as eternas 'Smile' e 'I Feel Voxish' serían os temas máis relevantes deste traballo, aínda que todo isto trascendeu moito máis alá do musical. Entre o máis salientable do proxecto, foi o de facer un video clip, pero en vez de realizalos para os singles extraídos, fixeron un video clip de 50 minutos  con tódo-los temas do álbum ao completo: "Perverted by Language Bis", pero diso xa vos falaremos na seguinte entrada.

THE FALL "Perverted by Language"
(Rough Trade, 1983)



No hay comentarios: