E unha data máis que faltaba por anunciar. A volta do CHIEF BROMDEN á nosa cabina, logo de máis de un ano sen poder contar coas súas sesións. Será o sábado 9 de febreiro. Non vo-lo perdades!!
Novo álbum do Reverend Beat-Man, "Baile Bruja Muerto".
Nesta ocasión compartido con Izobel García, colaboradora habitual en anteriores entregas (normalmente como Sister Nicole), e que cada vez cobra máis protagonismo nos seus álbumes, desta vez ademáis de voz e instrumentos, aparece en labores de composición.
Logo do seu álbum do ano pasado, "Blues Trash", asinado xunto con The New Wave (e do que lanzou de xeito simultáneo a versión en alemán, que en moitos temas sona aínda mellor, Blues Trash Swiss German Version aquí), esta nova entrega é unha mestura de novos temas, versións de outros artistas e reinterpretación dos seus propios temas.
As novidades son 'Viva la Figa', 'I never told you" (continuación do 'I not gonna tell you' do álbum anterior), e 'Nerviosa', as dúas últimas compostas por Izobel García. Inclúen tres covers de pezas tan variadas coma 'Maricona' de Chavela Vargas, 'Black Metal' dos Venom, o ou 'Love me two times' dos Doors.
E entre os temas do seu repertorio que recupera están 'Lass Uns Liebe Machen' e 'Pero yo te amo', ambas do seu anterior álbum; 'I'll take care of you' que só aparecera nun flexidisc; e o meu tema favorito, unha versión acelerada do 'Come Back Lord', clasicazo do seu primeiro álbum como Reverend xunto con The Un-Believers ("Get on your Knees" do 2001).
Sempre recomendadísimo.
REVEREND BEAT-MAN & IZOBEL GARCÍA "Baile Bruja Muerto"
No 2015 escollimos o álbum dos canadenses The Soul Motivators entre os mellores do ano ("Free to Believe", Do right Music/Kudos). Dende entón lanzaron somentes un 7'' por ano, e o último do 2018 acompañando a Rickey Calloway, autoproclamado rei do funk no 2010... bromas aparte, o certo é que o seu álbum "King of Funk" daquel ano é realmente interesante.
Neste single reúnense para para deixarnos 'Tell Me' na cara A, unha recreación perfecta do funk primixenio ao estilo James Brown xunto cos Famous Flames, e na cara b a versión instrumental do mesmo. Puro ritmo!
"Myth of a Man" é a cuarta entrega dos de Seattle, e desta vez se deixaron en mans de Dan Auerbach (Black Keys) na producción. Despréndense dese lo-fi tan característico das anteriores entregas e aparece algunha peza que non sabes moi ben como encaixalo... pero en medio aparecen pezas 60s coma 'One thing', o fantástico beat de 'Eyes on me', ou 'Let me Guess', que debe ser a máis parecida aos seus dous anteriores traballos.
Non soan coma antes, pero seguro que lle sacades proveito.
Dende as redes de Drag City Records veñen de lanzar o primeiro tema do novo álbum do incansable Ty Segall. Nunca hai comezo de ano sen novo traballo de Segall, aínda que para esta entrega termos que agardar ata o 29 de marzo.
O álbum é un directo asinado pola súa formación habitual, Ty Segall & Freedom Band, con oito temas gravados en The Teragram Ballroom de LA, e leva por título "Deforming Lobes".
Xa está dispoñible para reserva, e polo momento nos deixan 'Love Fuzz' de mostra, tema do "Twins" do 2012.
Os de Ulomanía Coop. adiantáronnos a semana pasada a súa alianza con Fonosaurios para o lanzamento do debut en vinilo dos Ghesgha, que nos prometen todo un viaxe cósmico metido nun 7''.
Será a octava referencia de Ulomanía e a primeira edición da axencia Fonosaurios. Unha gran nova, pronto máis info...
Aquí tedes un par de pezas do primeiro concerto do ano.
Estamos rematando o mes, e aínda tiñamos pendente compartir algo de material do show dos THE JAM OBSESSION do 4 de xaneiro.
Xuntáronse 8 dos nosos habituais para a ocasión, e o resultado foi estupendo, un repaso por tóda-las épocas do pop cun repertorio máis que sorprendente.
Gracias cracks, sodes moi grandes!
Aquí vos deixamos tres temas daquela noite: 'Uptown funk', 'Take me out' e 'Moonage Daydream'. Ademáis tamén podedes atopar no facebook un fragmento de 'Time Warp'.
Bombazo que vimos o mércores. Dende Bang! Records lanzaban o clip promocional de 'On my Back' de The Beasts, ou o que queda dos míticos Beasts of Bourbon tralo pasamento de Spencer P. Jones o pasado verán. A formación actual está formada por Tex Perkins, Kim Salmon, Boris Sudjovic, Charlie Owen e Tony Pola. O seu novo álbum levará por título "Still Here", e polo momento non temos data de saída oficial, pero podemos facernos as gañas con 'On my back':
O primeiro que vos recomendamos é o novo álbum dos pontevedreses Thee Blind Crows, unha das propostas máis salvaxes do país nos últimos anos.
Ao seu blues-punk descontrolado, incorporan un baixo de forma permanente, e este "Death Awaits us All" é o seu primeiro traballo en formato trío, co que gañan aínda máis en contundencia se cabe.
Quedámonos coa velocidade de 'Loco Chamanes' e 'Canibal Beach', a rítmica de 'Please, destroy me' ou de 'House of 1.000.000 crows', as liñas de baixo de 'Three times no', ou os aires western de 'Death can't be wrong' e a despedida de 'Soledad'.
Discazo de alto voltaxe para comezar o ano, e todo nunha edición ben coidada.
Logo dos seus fantásticos tres primeiros álbumes, xa ten lista unha nova entrega, que levará por título sinxelamente "Nick Waterhouse", e con saída prevista para comezos de marzo da man de Innovative Leisure.
Polo momento temos o adianto da fantástica 'Song for Winners'.
The Limboos acaban de lanzar esta mañá o clip de presentación do que será o seu terceiro álbum. "Baía" sae o 1 de marzo, da man de Penniman Records, e polo momento temos de adianto este trallazo de rhythmn'n'blues: "Where did She go?'.
Este ano con menos categorías, por mor do pouco tempo dispoñible, pero tamén, non o imos negar, porque non foi un ano que nos deixara grandes álbumes.
O 2018 foi un ano con moitos temas que nunca esqueceremos, e moitos 7'' que chegaron ás nosas mans, pero álbumes realmente salientables poucos ou ningún. Nin sequera fixemos a selección habitual da mellor portada, foi grave o asunto...
Última lista, e como sempre, a máis importante de todas. A nosa selección do GZ Canibal do 2018: 1. BASANTA "Colorama" (C4Music) 2. Kings of the Beach "Super Awkward, Fucking Awesome" (Ciudad Oasis) 3. Mega Purple Sex Toy Kit "Good Vibrators" (Rocktopus Tea Party) 4. Marem Ladson "Marem Ladson" (Mont Ventoux) 5. Los Wavy Gravies "Kings of the Underground" (Family Spree) 6. Family Folks "The Anvil Sea" (Gaztelupeko Hotsak) 7. Lamprea Explosiva "Cancións pra matar ao teu fascismo interior bailando" (Caracol Negro) 8. Juzz "Juzz" (Autoeditado) 9. Mequetrefe "Infraground" (Camila Records) 10. Superser "Superser" (Ulomanía Coop, Sweet Grooves, Pafff Bum e outros)
Máis listas. Aquí a nosa selección da serie Black Grooves do 2018: 1. KAMASI WASHINGTON "Heaven and Earth" (Young Turks) 2. Eli Paperboy Reed "Meets High & Mighty Bras Band" (Yep Roc) 3. J.P. Bimeni & The Black Belts "Free Me" (Tucxone Records) 4. Charles Bradley "Black Velvet" (Daptone/Dunham) 5. Lucky Brown & The S.G.'s "Mesquite Suite" (Tramp Tapes) 6. The James Hunter Six "Whatever it takes" (Daptone) 7. John Coltrane "Both Directions At Once: The Lost Album" (Impulse!/Verve) 8. Gizelle Smith "Ruthless Day" (Jalapeno/Mocambo) 9. Kiala & The Afro Blaster "Money" (Soul Garden Records) 10. The New Mastersounds "Renewable Energy" (One Note Records)
Máis listas. Aquí tedes os 10 favoritos de Ptooff do 2018, sen nengún tipo de orden: Dinamita Brothers "Above average" (White Lion Records) Minami Deutsch "With Dim Light" (Guruguru Brain) Hank Wood & The Hammerheads "id" (Toxic State Records) Idles "Joy as an Act of Resistance" (Partisan Records) Wooden Shjips "V" (Thrill Jockey) Sunshine Reverberation "Hive Mind" (Westergaard Records) Kings of the Beach "Super Awkward, Fucking Awesome" (Ciudad Oasis) Lars Finberg "Moonlight Over Bakersfield" (In the Red) Mega Purple Sex Toy Kit "Good Vibrators" (Rocktopus Tea Party) Parquet Courts "Wide Awake!" (Rough Trade)
1. ICEAGE "Beyondless" (Matador) 2. Tess Parks & Anton Newcombe "Tess Parks & Anton Newcombe" (A Recs) 3. The Creation Factory "The Creation Factory!" (Lolipop Recs) 4. Hank Wood and the Hammerheads "id" (Toxic State Recs) 5. Wooden Shjips "V" (Thrill Jockey) 6. Vibravoid "Vibrations from the Cosmic Void" (Stoned Karma) 7. The Monochrome Set "Maisieworld" (Tapete Recs) 8. Lucky Brown & The SG's "Mesquite Suite" (Tramp Tapes) 9. The Limiñanas "Shadow People" (Because Music) 10. Paquet Courts "Wide Awake!" (Rough Trade)
O turno de Calambres. Estes son os seus 10 favoritos do 2018:
1 FAMILY FOLKS "The Anvil Sea"(Gaztelupeko Hotsak) 2 The Creation Factory "The Creation Factory!" (Lolipop Recs) 3 John Paul Keith "Heart Shaped Shadow" (Last Chance Recs) 4 The Mystic Braves "The Great Unknown" (Lolipop Recs) 5 Los Wavy Gravies: "Kings of the Underground" (Family Spree) 6 Basanta "Colorama" (C4Music) 7 The Sha La Das "Love in the Wind" (Dunham/Daptone) 8 Handsome Jack "Everything gonna be Alright" (Alive Naturalsound) 9 Barrence Whitfield & The Savages "Soul Flowers of Titan" (Bloodshot) 10 Charles Bradley "Black Velvet" (Dunham/Daptone)
A formación dos The Jam ObSession deste Nadal no backstage (a falta de Goyo e Noa na foto). Fantástico show e sorprendente repertorio. Gracias cracks, e a todos por vir.
Da nosa programación especial de marzo OSLF, deixamos dúas entregas: a de PauPau a Go-gó do 3 de marzo, e a de Dark Black do día 24.
Da serie Trash só deixamos unha, o número Trash#22, do 6 de abril.
E da serie Black Grooves deixamos tres volumes: Vol.54 de xaneiro, Vol.55 de febreiro, Vol.56 de abril. Esta semana xa retomamos a programación, así que non as perdades porque non prometemos compartir moitas das que veñan.
Un dos temas que máis se está a reivindicar nos últimos tempos é este 'I'm a Man' dos Spencer Davis Group. Foi publicado como single en 1967, con 'I Can't Get Enough Of It na cara b', e uns meses despois foi incluído no quinto álbum da banda que levaba o mesmo nome ("I'm a Man", United Artists Records).
O tema foi composto por Jimmi Miller e polo xonvencísimo Steve Winwood, último no que participou Steve Winwood coa banda antes de enrolarse noutros proxectos con Eric Clapton e Traffic.
O tema foi obxeto de numerosas versións de inmediato, pero quedou un tanto esquecida anos despois. Nos últimos anos os covers e reximes do seu potencial se multiplican. Imos cos dous que máis nos gustan.
En 2010 o productor Smoove (Jonathan Scott Watson) lanzaba un remix do tema, que logo seguiría empregando co seu proxecto de banda Smoove & Turrell dende o 2012, sacando todo o partido da rítmica funk do tema (aquí os tedes en directo).
Recentemente foi Ty Segall que fixo unha nova versión do tema. No seu último traballo "Fudge Sandwich" (In the Red Recordings, 2018) reúne 11 versións, e entre elas un cover moito máis contundente de 'I'm a Man'.
Seguro que chegarán máis nos próximos anos. Pero está claro, que para algúns foi todo un descubrimento para achegarse de novo aos Spencer Davis Group e ao xenial Steve Winwood.
Un dos costumes máis arraigados que temos no Rif-Rock é que a primeira sesión de cada ano vai a cargo de Marinocha, asi que este sábado xa sabedes quen se ocupa da cabina.