jueves, 17 de enero de 2019

Thee Blind Crows "Death Awaits us All"

Comezamos coas recomendacións deste 2019.
O primeiro que vos recomendamos é o novo álbum dos pontevedreses Thee Blind Crows, unha das propostas máis salvaxes do país nos últimos anos. 
Ao seu blues-punk descontrolado, incorporan un baixo de forma permanente, e este "Death Awaits us All" é o seu primeiro traballo en formato trío, co que gañan aínda máis en contundencia se cabe.
Quedámonos coa velocidade de 'Loco Chamanes' e 'Canibal Beach', a rítmica de 'Please, destroy me' ou de 'House of 1.000.000 crows', as liñas de baixo de 'Three times no', ou os aires western de 'Death can't be wrong' e a despedida de 'Soledad'. 
Discazo de alto voltaxe para comezar o ano, e todo nunha edición ben coidada.
Xa dispoñible no bandcamp de Folc Records e Thee Blind Crows.
E onte mesmo estrearon o clip de Loco Chamanes na web de Mondosonoro.

THEE BLIND CROWS "Death Awaits Us All"
(Folc Records, 2019)




No hay comentarios: