Novo álbum do Reverend Beat-Man, "Baile Bruja Muerto".
Nesta ocasión compartido con Izobel García, colaboradora habitual en anteriores entregas (normalmente como Sister Nicole), e que cada vez cobra máis protagonismo nos seus álbumes, desta vez ademáis de voz e instrumentos, aparece en labores de composición.
Logo do seu álbum do ano pasado, "Blues Trash", asinado xunto con The New Wave (e do que lanzou de xeito simultáneo a versión en alemán, que en moitos temas sona aínda mellor, Blues Trash Swiss German Version aquí), esta nova entrega é unha mestura de novos temas, versións de outros artistas e reinterpretación dos seus propios temas.
As novidades son 'Viva la Figa', 'I never told you" (continuación do 'I not gonna tell you' do álbum anterior), e 'Nerviosa', as dúas últimas compostas por Izobel García. Inclúen tres covers de pezas tan variadas coma 'Maricona' de Chavela Vargas, 'Black Metal' dos Venom, o ou 'Love me two times' dos Doors.
E entre os temas do seu repertorio que recupera están 'Lass Uns Liebe Machen' e 'Pero yo te amo', ambas do seu anterior álbum; 'I'll take care of you' que só aparecera nun flexidisc; e o meu tema favorito, unha versión acelerada do 'Come Back Lord', clasicazo do seu primeiro álbum como Reverend xunto con The Un-Believers ("Get on your Knees" do 2001).
Sempre recomendadísimo.
REVEREND BEAT-MAN & IZOBEL GARCÍA "Baile Bruja Muerto"
(Voodoo Rhythm Records, 2019)
No hay comentarios:
Publicar un comentario